Páxinas

domingo, 28 de febreiro de 2016

WORLD MUSIC TOUR. ISRAEL en danza: Samoth

Nun curruncho do Mediterráneo está Israel.
 
A danza é o mellor xeito de facer visible o invisible.
Samoth é unha danza de Israel. Unha sinxela melodía formada por dúas frases e  que engaiolan e enredan.


A coreografía é ben sinxela. Na web de "Danzas del Mundo" atoparás unha explicación da danza, pero ben seguro non esqueciches que bailamos nunha roda collidos das mans. Velaí tes os debuxos que axudarán a lembrar os diferentes pasos da coreografía.



E velaí vídeos con diferentes coreografías





A MÚSICA NA PREHISTORIA e HISTORIA ANTIGA

A música forma parte da vida das persoas pero poderiamos saber quen fixo música por vez primeira, onde e cando? Pois non, pero si temos a certeza de que a música tivo gran moi importancia na vida cotiá. 

Imaxinade que precisamos comida e imos cazar. A nosa tribu organízase e mentres un grupo fai ruido con paus e pedras para asustar unha manada e conseguir encauzalos ata un curruncho no que preparamos unha trampa e onde outro grupo está agardando para matalos coas lanzas o as frechas. Despois, para celebralo teremos unha paparota e bailaremos acompañándonos dos mesmos paus e pedras e, incluso, simularemosos mesmos movementos que fixeramos para cazar... Na véspera da vindeira cacería bailaremos outra vez para conseguir a protección e axuda dos espíritus máxicos.
Se temos que moer o grao machacando con paus, é mellor facelo entre varias persoas, e  marcar o ritmo con música faino máis doado...

 A música na PREHISTORIA


Neste enlace atoparás información sobre instrumentos musicais prehistóricos
Instrumentos musicais prehistóricos

O Nilo, as pirámides, os templos, a esfinxe... Unha impresionante cultura que durante 5.000 anos medrou nas marxes do río máis grande do planeta.
Neste vídeo atoparás información sobre cando, como e por que facían música en EXIPTO no tempo dos faraóns

 Velaí unha das orixes da nosa cultura. Hai 2.500 anos nas ribeiras do Mediterráneo xurdiu un xeito de entender o mundo, un xeito organizarse e de vivir do que, aínda hoxe, somos herdeiros.
No seguintes enlaces poderás te achegar á música na GRECIA ANTIGA



Os romanos son parte de nós: debémoslles a fala, o modelo de leis e de organización social, a organización do territorio, e o modelo de vivendas e de vías de comunicación... desde os días da semana ata as festas do calendario...
Neste outro atoparás información sobre a música no tempo do IMPERIO ROMANO


sábado, 27 de febreiro de 2016

WORLD MUSIC TOUR. INGLATERRA de Shakespeare

WORLD MUSIC TOUR. A INGLATERRA de Shakespeare. A FEIRA DE SCARBOURGH

Ímonos de feira. Habemos de percorrer a Feira de Scarbough, unha pequena vila do Norte de Inglaterra.



No século XVI (nos tempos de Shakespeare) durante 45 días mercaderes e paisanos achegábanse a esta pequena vila para intercambiar ou adquirir todo tipo de productos ou mercadurías. Hamlet (un dos mais famosos personaxes de Shakespeare) percorre a feira de Scarbourgh e merca unha daga. Pois aló imos.

A nosa cantiga é unha antiga melodía con moitas versións. Nunha delas o namorado recorda a moza que coñeceu na feira de Scarbourgh. A letra é moi extraña; en tódalas estrofas repite o nome de varias plantas aromáticas: Parsley, sage, rosemary and Thyme  (perexel, salvia, romero e tomillo). Hai quen di que, con esas plantas,daquela facían unha pócima para namorar.

Velaí unha versión especialmente doce e co texto en castelán


Velaí a partitura para frauta doce


Neste enlace poderás seguir a partitura e practicar a dixitación


Na web "LA FLAUTA VIAJERA" atoparás un montón de actividades con esta melodía.
Para acceder a Scarbourgh fair haberás de escoller a arpa que está colocada no mapa do mundo sobre as Illas Británicas.

Flauta viajera

Se decides cantala, velaí tes un vídeo coa letra na versión que fixeron hai un lote de anos o duo Simon e Garfunkel


Pero esta melodía ten engaiolado aos músicos máis diversos. Mago de Oz, un grupo de rock duro (heavy metal) fixo esta versión