Páxinas

mércores, 30 de marzo de 2016

WORLD MUSIC TOUR. GHANA: Contos e cantos africanos

 Desde Ghana e Senegal chégannos contos e cantos para pensar e disfrutar.



HOME DE COR

O poeta senegalés  Léopold Sédar Senghor escribiu este precioso poema lembrando unha dos contos que de neno lle contaron:

Querido irmán branco:
Cando eu nacín, era negro.
Cando medrei, era negro.
Cando me da o sol, son negro.
Cando estou doente, son negro.
Cando morra, serei negro.
 

Namentras, ti, home branco,
Cando naciches, eras rosado.
Cando medraches, fuches branco.
Cando te da o sol, eres vermello.
Cando sintes frío, eres azul.
Cando sintes medo, eres verde.
Cando estás doente, eres amarelo.
Cando morras, serás gris.
 

Entón, quen de nós é un home de cor?

Jerome Ruillier redactou e debuxou este conto africano que sonorizamos na aula de música.
Se clicas na imaxe poderás ler o libro. 

Home de cor

Velaí vos deixo esta versión que prepararou o alumnado dunha escola infantil italiana


Xogar e cantar e algo que facedes todos os nenos e nenas do mundo. A rapazada da tribu Krobo en Ghana, cando queren ir xogar cantan esta preciosa cantiga:

 Alguén pregunta:
A Keelie Makolay, mo paco meeno sway
(Makolay, queres vir  xogar?)

Alguén responde:
Yeah, yeah, mo paco meeno sway.
(Sí, sí, quero ir xogar.)

Todo o grupo canta, e repite:
Mo paco meeno sway,
Mo paco meeno sway,
Mo paco meeno sway,
O mo paco meeno sway
.






luns, 28 de marzo de 2016

WORLD MUSIC TOUR. EEUU: Un funeral en Nova Orleáns

OH WHEN THE SAINTS: un funeral en Nova Orleáns

Tódalas culturas teñen establecido distintos rituais de despedida no pasamento das persoas queridas. Nos vestímonos de negro, e reunímonos familiares e amigos para compartir a nosa tristura e lembrar as vivencias e experiencias. 

 
No Sureste de EEUU, na beira do Mississipi os costumes son ben distintos dos nosos. En Nova Orleáns as bandas de músicos acompañan aos parentes e amigos formando unha comitiva fúnebre ata o cemiterio. Unha das melodías que máis sonan nestes funerais é OH WHEN THE SAINTS. Velaí un exemplo:

 
Esta é a partitura. Se clicas sobre ela abrirás un enlace no que atoparás a partitura interactiva (sona a melodía ao tempo que se indican as notas que están a sonar 

Partitura interactiva


 Velaí queda as posicións da frauta nesta melodía

 Un video para que poidas practicala


Louis Amstrong foi un músico de Nova Orleáns. Coa súa trompeta e a súa peculiar voz percorreu escenarios de todo o mundo. Disfruta desta gravación na que interpreta, co seu grupo de jazz, unha estupenda versión da canción que hoxe estamos a debrullar.


"Quen canta seus males espanta"... pois velaí queda unha versión para cantala en karaoke


sábado, 19 de marzo de 2016

A SÚA MAXESTADE "O PIANO"


Tivemos a sorte de disfrutar da música de Xosé Arca, un compañeiro de 3º que tocou para nós no teclado algunhas pezas do repertorio que practica no conservatorio. 



Poidemos descubrir por qué os instrumentos con teclado que temos na aula NON SON PIANOS, e aproveitamos para coñecer outros instrumentos que teñen teclas.

Velaí vai un vídeo no que poderedes escoitar e ver distintos instrumentos que teñen teclado.
Instrumentos con teclado
 

Xosé practica nun piano, que é un instrumento con este curioso mecanismo de funcionamento. Velaí queda un vídeo e un esquema.




Xosé trouxo as súas partituras e así poidemos coñecer polo miúdo para que serven as CLAVES e distinguir o ACOMPAÑAMENTO  da MELODÍA. Escoitamos ESCALAS, ACORDES e ARPEGIOS. E fixemos unhas risas con este fragmento da película Os Aristogatos que explica estos conceptos musicais.

ESCALAS E ARPEXIOS (Os Aristogatos)


Para rematar deixovos dúas películas de "concertos de piano" que nos fan rir desde hai setenta anos. 

THE CAT CONCERT (Tom e Jerry)



MINIATURAS MUSICAIS (Paxaro Tolo e Andy Panda)