NA COVA DO REI DA MONTAÑA
Empezamos por unha obra do músico noruegués EDVARD GRIEG. Este compositor foi o autor da música para unha obra de teatro que contaba as aventuras dun rapaz un pouco atolado, as andanzas de Peer Gynt. Neste fragmento Peer Gynt está Na cova do Rei da Montaña. Escoita atentamente e intenta identificar cal dos conceptos musicais aparecen nesta peza:
* pizzicatto
* stacatto
* crescendo
* decrescendo
* accelerando
* ralentando
DANZA MACABRA
O autor desta obra foi o músico francés Camille Saint Saens, un señor ben interesante que morreu hai case 100 anos e que, curiosamente, foi o primeiro compositor de música para cine.
A música suxire un concerto de violín no cemiterio. É meia noite e A MORTE toca mentres os esqueletes bailan entre as tumbas. Ao mencer, co canto do galo, os mortos volven as súas tumbas e remata a festa.
Deste mesmo compositor temos escoitado outras obras. Hai unha obra súa na que a música representa animais. Investiga o seu título e que animais aparecen.
DANZA DO SACRIFICIO
Igor Stravinsky foi o autor da obra que segue. É un BALLET, é dicir, unha composición creada para ser bailada. Conta a terrible historia dunha moza que debe bailar ata morrer para calmar a ira dos deuses.
Igor Stravinsky naceu en Rusia pero a vida foino levando por moitos paises. Traballou moitos anos nunha cidade da que din é "a meca do cine". Investiga de que cidade se trata.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Abrése a "ARCA" para que ti pouses aquí o teu comentario.