Páxinas

domingo, 1 de febreiro de 2015

REFUGALLO SONORO 2015


Un ano mais,  para estimular a imaxinación, para desenvolver a investigación sonora, para redescubrir as cualidades de obxectos e materiais rexeitados... outro ano máis  vólvese a convocar o REFUGALLO SONORO.
Para refrescarvos a memoria, velaí queda o vídeo da exposición de instrumentos de hai dous cursos (daquela, o alumnado de sexto estabades en 4º).







Velaí algúns enlaces nos que atoparás ideas e proxectos, e as indicacións para facelos.






Se pescudas atoparás moitos videos titoriais que te indican o proceso de construcción.












Para animarte aínda mais, velaí deixo algúns vídeos da ORQUESTRA BASURA, un grupo de músicos mexicanos que percorren o seu país tocando os seus instrumentos feitos por eles mesmos.










Ten en conta que, logo de procurar información, e antes de construir o teu instrumento, habrás de elaborar unha FICHA DE TRABALLO. Nesta ficha terás que recoller os seguintes datos:
* Nome do Instrumento
* Familia á que pertence (Membranófono, Metalófono, Idiófono, Cordófono, Electrófono)
* Materiais que necesitas
* Ferramentas que necesitas
* Un debuxo ou esquema do instrumento.









Ningún comentario:

Publicar un comentario

Abrése a "ARCA" para que ti pouses aquí o teu comentario.