Páxinas

luns, 8 de xaneiro de 2018

Xogos e xoguetes no maxín de Bizet

Os Reis Magos e Papá Noel viaxan cargados de xogos e xoguetes para nenos e nenas. Algúns compositores intentaron converter en música os xogos e os xoguetes dos cativos e cativas do seu tempo.

O francés George Bizet (aquí chamaríamoslle Xurxo) estaba moi ilusionado: a sua esposa esperaba un bebé. O maxín  deste músico enchíase de imaxes tenras con bebés, nenos, nenas, xoguetes infantís, anainas... E como era compositor  fixo o que mellor lle saía... Sentouse a escribir música. George Bizet hai case 150 anos intentou que a súa música suxerira distintas escenas nas que nenos e nenas xogan.

Escoita a primeira das súas pezas e presta atención. Velaquí queda a súa música ilustrada por un musicograma para que poidas seguila mellor. 


Lembras o movemento da música? Pois o compositor Bizet quixo representar un xoguete. Cal dos tres será?

Agora que xa decidiches de que xoguete se trata, poderás explicar que quere suxerir o compositor coa pasaxe musical que no musicograma está representado así:


 Usando palabras e expresións de Linguaxe Musical, como chamarías a ese pasaxe musical?

.....

Outra música e outro xoguete. Un rapaz e unha rapaza interpretan outra das composicións de Bizet. Tocan un piano "a catro mans". En canto mires a gravación xa te decatarás por que lle din así. En francés esta obriña titúlase "Berceuse" e tamén representa un xoguete. Escoita a obra en intenta descubrir cal dos tres é.



.....
Vai e ven, ven e vai. O piano describe un movemento. Alguén está a xogar. Alguén divírtese. Pero con que?  Descúbreo ti.





Poderías explicar, usando palabras e expresións axeitadas, que fai a música para suxerirmos o ir-e-vir?

.....
Nestoutra peza Bizet quixo representar dous cativos xogando con instrumentos musicais. Os pequenos xogan a seren unha orquestra. Escoitarás un piano, pero quérenos recordar outros instrumentos. Ponlle atención e escolle dous instrumentos de xoguete entre os que hai representados.



No vídeo que ves de ver, cantos instrumentos hai?  Cantas persoas tocan o instrumento? Lembras como lle chama a ese xeito de tocar?


 .....

Imos coa derradeira peza. Un final estupendo, marchoso e animado.  Que pensas ti que tiña no seu pensamento o noso benquerido Xurxo Bizet cando se lle ocorreu esta música?




.....

Agora que xa escoitaches todas as pezas, invítoche a reflexionar sobre elas. Unhas son máis lentas, outras máis rápidas. Fíxate nas imaxes e escolle para cada unha delas un animal segundo o "tempo" de cada unha. Relaciona cada xogo ou xoguete co animal que representa o "tempo" da súa música(Lembra que os músicos chámanlle tempo á velocidade da música).




domingo, 7 de xaneiro de 2018

WORLD MUSIC TOUR: Música de Aninovo en Austria e Portugal

Escomenzamos o ano viaxando a  dous lugares da nosa Europa que reciben xaneiro con MÚSICA.

A primeira parada farémola en Austria.


Na sua capital, a Orquesta Filarmónica de Viena ofrece cada primeiro de xaneiro un concerto  ó que acoden, moi elegantemente vestidas, persoas moi ricas de todo o mundo. As televisións de 90 paises retransmíteno en directo. Tamén TVE. Le moi atentamente a información do concerto deste ano que colgou na rede RTVE, e logo responde as distintas cuestións.

  1. Quen dirixiu o concerto este ano?
  2. Desde que ano se celebra este concerto?
  3. Ademais dos músicos e da sala, hai algo máis no espectáculo?
  4. Tradicionalmente, de quen é a música que sona neste concerto?  

No seguinte enlace atoparás información sobre  unha familia de músicos vieneses que conseguiron facer bailar as xentes de Europa desde hai 200 anos. Presta atención e resolverás as preguntas.


  1. Cal era o apelido desta familia tan musical? 
  2. Cantos deles foron compositores? Cantos tiveron orquesta propia?
  3. Cal deles compuso a música que bailan os noivos en tódalas bodas? 

 Tódolos anos hai duas obras que interpretan neste día. Unha é o vals "O Danubio Azul". Outra é a peza que pecha o concerto, na que o público acompaña á orquestra coas suas palmas seguindo as ordes do director. Velaquí tes a gravación do concerto de 2009 que dirixiu o arxentino Daniel Barenboim.


  1.  Cal é o título da obra que interpretan músicos e público?
  2. Que marcan coas palmadas? 
  3. Que indicacións lles da Barenboim ó público?

A  Filarmónica de Viena está considerada como unha das orquestras máis importantes do mundo. Investiga no seguinte enlace  estos dous interesantes aspectos:
  1. Por que ten ese "sonido" tan distinto a outras orquestras?
  2. A selección dos músicos desta orquestra é moi criticada? Por que? Cal é a túa opinión?

O Concerto de Aninovo de Viena celébrase na Sala Dourada do Musikverein. Velaquí tres salas de concertos ben famosas:  o Palau da Música de Barcelona, a Sala Dourada do Musikverein,  a Fenice de Venecia pero... que número de imaxe lle corresponde a cada unha delas?

1
 
2

3

.....
A segunda parada da nosa viaxe está en Portugal


Tamén as xentes de Portugal escomenzan o ano facendo música. Pero esta vez o son está nas ruas, nas prazas das vilas e aldeas. Non hai roupas elegantes, nin salóns de ricos pazos, nin músicos famosos. Pica nos enlaces e poderás descobrir outro xeito de escomezar o ano con música.



  1.  Explica en que consiste? Quen participa? Como se organizan? Que fan?
  2. Utilizan instrumentos? Cales?
  3. Cal é a orixe desta tradición?

No seguintes enlaces atoparás varios exemplos.





José Afonso (Zeca Afonso) foi un músico portugués moi coñecido. Cantaba as suas propias composicións, pero sempre estaba por baixo a música tradicional das xentes e dos lugares nos que viviu. "Natal dos Simples" é unha desas cancións e xa no primeiro verso explica de que música se trata. Velaquí deixo unha gravación para que poidades disfrutar da fermosísima voz deste cantor. Pero atención! haberedes de completar as palabras que faltan do texto.






No enlace que segue  poderás escoitar un deses cantos (janeiras) interpretado por MALVELA, o estupendo coro de mulleres de Mos (Pontevedra). Podes entoar con elas a cantiga porque ten a letra escrita en karaoke.