Os Reis Magos e Papá Noel viaxan cargados de xogos e xoguetes para nenos e nenas. Algúns compositores intentaron converter en música os xogos e os xoguetes dos cativos e cativas do seu tempo.
O francés George Bizet (aquí chamaríamoslle Xurxo) estaba moi ilusionado: a sua esposa esperaba un bebé. O maxín deste músico enchíase de imaxes tenras con bebés, nenos, nenas, xoguetes infantís, anainas... E como era compositor fixo o que mellor lle saía... Sentouse a escribir música. George Bizet hai case 150 anos intentou que a súa música suxerira distintas escenas nas que nenos e nenas xogan.
Escoita a primeira das súas pezas e presta atención. Velaquí queda a súa música ilustrada por un musicograma para que poidas seguila mellor.
Lembras o movemento da música? Pois o compositor Bizet quixo representar un xoguete. Cal dos tres será?
Agora que xa decidiches de que xoguete se trata, poderás explicar que quere suxerir o compositor coa pasaxe musical que no musicograma está representado así:
Usando palabras e expresións de Linguaxe Musical, como chamarías a ese pasaxe musical?
.....
Outra música e outro xoguete. Un rapaz e unha rapaza interpretan outra das composicións de Bizet. Tocan un piano "a catro mans". En canto mires a gravación xa te decatarás por que lle din así. En francés esta obriña titúlase "Berceuse" e tamén representa un xoguete. Escoita a obra en intenta descubrir cal dos tres é.
.....
Vai e ven, ven e vai. O piano describe un movemento. Alguén está a xogar. Alguén divírtese. Pero con que? Descúbreo ti.Poderías explicar, usando palabras e expresións axeitadas, que fai a música para suxerirmos o ir-e-vir?
.....
Nestoutra peza Bizet quixo representar dous cativos xogando con instrumentos musicais. Os pequenos xogan a seren unha orquestra. Escoitarás un piano, pero quérenos recordar outros instrumentos. Ponlle atención e escolle dous instrumentos de xoguete entre os que hai representados.
No vídeo que ves de ver, cantos instrumentos hai? Cantas persoas tocan o instrumento? Lembras como lle chama a ese xeito de tocar?
Imos coa derradeira peza. Un final estupendo, marchoso e animado. Que pensas ti que tiña no seu pensamento o noso benquerido Xurxo Bizet cando se lle ocorreu esta música?
.....
Imos coa derradeira peza. Un final estupendo, marchoso e animado. Que pensas ti que tiña no seu pensamento o noso benquerido Xurxo Bizet cando se lle ocorreu esta música?
.....
Agora que xa escoitaches todas as pezas, invítoche a reflexionar sobre elas. Unhas son máis lentas, outras máis rápidas. Fíxate nas imaxes e escolle para cada unha delas un animal segundo o "tempo" de cada unha. Relaciona cada xogo ou xoguete co animal que representa o "tempo" da súa música(Lembra que os músicos chámanlle tempo á velocidade da música).