A ARCA DA MARGA.
A arca é o lugar onde as sensacións esperan, protexidas e quentes. Velaí están ata que alguén, con interese e curiosidade, abra a tampa e remexa na súa procura.
E que podes atopar? Pois as partituras, as cancións, as audicións, os vídeos, os xogos que usamos na rede, e outros enlaces con información útil.
Os debuxos animados poden ser unha estupenda maneira de aprender ao tempo que disfrutas da música.
Velaí algunhas pezas. TOM E JERRY teñen case 80 anos, pero velaí están, tan divertidos coma o primeiro día.
TOM E JERRY
O PAXARO TOLO é outra das personaxes que fixo rir aos teus avós.
BUGS BUNNY é o coello que ben facendo mil e unha falcatruadas desde hai ochenta anos.
Tamén
ten 80 anos O PAÍS DA MÚSICA que conta coma se coñecen e namoran
Violín (filla dos reis do País da Sinfonía) e Saxofón (fillo dos reis do
País do Jazz).
O HOME ORQUESTRA é unha historia que Pixar estrenou no 2005.
O cine é unha arte integradora porque require a creatividade de moi distintas profesións e profesionais. A música é unha parte especialmente importante. Nesta arca iremos incorporando variados exemplos e gravacións para ir coñecendo e disfrutando das suas posibilidades.
O CINE APROVEITA MÚSICA QUE NON FOI COMPOSTA PARA A PELÍCULA
Woody Allen é un director de Nova Iork e na maior parte das súas películas conta historias que transcurren nesta cidade. George Gerswing foi un compositor tamén de Nova Iork que transformou a música sinfónica americana porque conseguiu que entraran nas salas de concertos ritmos e melodías que sonaban nos clubs e nos bares desa cidade. Velaí o principio da película MANHATTAN (1979) de Woody Allen que vainos presentando imaxes desa cidade en branco e negro coa música de RHAPSODY IN BLUE de Gerswing.
MANHATTAN - RHAPSODY IN BLUE
O CINE NARRA A VIDA DE MÚSICOS E UTILIZA AS SUAS COMPOSICIÓNS
Juan Bautista LULLY foi o músico que o Luis XVI (El Rey Sol) escolleu para compor e dirixir todos as montaxes coas que se divertían na corte de Versalles aló polo 1600 e pico. A película belga LE ROI DANSE (2000) conta a historia desa corte: Luis XVI, Lully, Molière... as súas festas e espectáculos...
LE ROI DANSE - LULLY
O CINE CONTA HISTORIAS CON MÚSICA, BAILES E CANCIÓNS: OS MUSICAIS
Nos anos 30, 40 e 50 do século pasado a salas de cine enchíanse cando se proxectaban "musicais". Son películas que contan historias con música. Hai moitas escenas de baile e, ademais de diálogo, as cancións van contando a historia. Esto non é novo porque no século XIX a Ópera, a Opereta e a Zarzuela utilizaban a mesma estratexia. Moitos deses musicais seguen a representarse hoxe nos teatros das grandes capitais... pois iso é O REI LEÓN, un musical.
Un dos musicais máis famosos foi CANTANDO BAIXO A CHOIVA (1952). Velaí a escena de onde a película colleu o título. Seica Gene Kelly (o actor-bailarín-coreógrafo-cantante) pasouno verdadeiramente mal ao pasaren tanta horas mollado). Pero sempre o recordaremos cantando feliz, empapado, subido a unha farola ou a saltar nos charcos...
Imos procurar algunhas risas máis... o bo humor sempre é necesario e urxente.
E podemos aproveitar para exercitar os miolos: saberias dicir o título da obra que están "interpretando" e o nome do seu autor?
MONXES MUDOS
ARA MALIKIAN é un estupendo violinista armenio que actualmente vive en Madrid e desde esa ciudad viaxa por todo o mundo transmitindo enerxía e bo humor coa sua música. Velaí un fragmento dun dos espectáculos. A peza que interpretan é de Boccherini... un músico que tamén naceu nun país e viviu e traballou noutro. Investiga de que paises se trata e en que datas sucedeu.
ARA MALIKIAN - MINUETO DE BOCCHERINI
LES LUTHIERS é un grupo de músicos latinoamericanos que levan máis de catro décadas facendo reir cun humor imaxinativo e intelixente. Chámanse así porque nos seus espectáculos utilizan "instrumentos inventados por eles mesmos." Neste caso utiizan un curioso "aerófono" para interpretar un "blues".
Nestes días están a falar moito de Escocia e, daquela, imos aproveitar para disfrutar cunha antiga melodía dese país. Bunessan é un pequeno porto do SW de Escocia, e interésanos especialmente porque taméné o título desta cantiga gaélica.
Bunessan - ARPA
Velai outra versión, la nas mans do guitarrista danés Kaare Norgen, con acompañamento de instrumentos de corda frotada.
Bunessan - GUITARRA E OUTRAS CORDAS (KAARE NORGEN)
Esta é a versión de Cat Stevens quen, nos anos 70, popularizou esta melodía en todo o mundo
Velaí a letra:
Unha versión "traducida"
Morning has broken - CAT STEVENS - text in english
Una versión karaoke para que poidas cantala con gusto