Amosando publicacións coa etiqueta Frauta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Frauta. Amosar todas as publicacións

xoves, 21 de maio de 2020

Feliz Aniversario, Ludwig Beethoven

Ludwig Beethoven é un deses nomes que coñecemos. Son famosos. Como Napoleón, Cleopatra, Leonardo da Vinci... sabemos deles como se fosen parentes lonxanos. Este ano estamos de celebración con Ludwig, o noso curmán alemán Lois Beethoven.  
Propóñovos un VIDEO QUIZZ para comprobar o que lembramos deste home ó que este curso tanto temos escoitado e do que tanto temos falado.

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5843074-beethoven_historia_e_musica.html




A Oda a Alegría que Ludwig Beethoven incluiu na súa 9ª Sinfonía é unha obra tan importante na nosa cultura que foi escollida como Himno da Unión Europea.  Velaí tes a partitura para frauta que xa tes tocado na escola pero esta vez corteina e remexín os anacos coma se fora un puzzle;  terás que ordenar as oito pezas nas que a dividín.



domingo, 10 de febreiro de 2019

LUCES, CÁMARA, ACCIÓN... Almorzo con diamantes

Se decides ver "ALMORZO CO DIAMANTES" disfrutarás dunha comedia romántica que narra a relación de dous parárasitos que resolven a súa rutina diaria grazas ás persoas que conseguen embeleñar. En 1961 o director Blake Edwards convertiu en imaxes a historia imaxinada por Truman Capote e o compositor Henry Mancini escribiu a música que acompaña a estes dous seres infelices perdidos no caos da súa vida. 




 Henry Mancini escribió Moon River ex profeso para Audry Hepburn. A imaxe dunha muller cunha guitarra o pelo recién lavado nunha ventana describen tamén o desamparo, a soedade e, ó mesmo tempo, a ansia por sobrevivir.

A actriz Audry Hepburn acadou moita sona interpretando a esta "sofisticada buscavidas". Na escuridade das salas de cine quedamos abraiados por actitudes vitais que non resistirían unha análise polo miúdo e con sentidiño. As películas e as cancións promocionan modelos e pautas de relacións baseadas no "amor romántico". O mito do "amor romántico" fai medrar en nós espectativas e falsas verdades que poden chegar a confundirnos. Artéllase arredor dalgunhas premisas que vos animo a analizar nas titorías:

* Temos unha "media laranxa"... O que equivale a dicir que somos seres incompletos e que precisamos de alguén para conseguir a felicidade.

*  O amor pode con todo... O que ven sendo que cando hai afecto non hai conflictos ou que se hai conflictos non hai afecto, e tamén que "por amor" deberiamos soportar o que aconteza.

* A persoa amada enche toda a túa vida... O que significaría que as aspiracións personais e as relacións con outras persoas teñen unha importancia menor fronte á persoa amada

* Os ciumes son unha proba de amor... Deste xeito a inseguridade, a desconfianza, a dependencia, o control da outra persoa puideran entenderse como algo producto do amor.

* Chegará o "amor da miña vida"... É dicir que nin o tempo, nin os acontecementos, nin a evolución persoal variarán a relación amorosa.

Velaí o texto da canción MOON RIVER en inglés e a súa tradución.


RÍO DE LÚA
Río de lúa, más de unha milla de ancho
Voute  cruzar á moda algún día,
Vello creador de soños,
esnaquizas corazóns ...
onde vaias,
Sigo a túa ruta.

Dous vagabundos, para ver o mundo
Hai tanto mundo para ver
Os dous procuramos o mesmo arco da vella
Agárdanos ó final da curva ...
Meu fiel amigo,
O río de lúa e máis eu.


MOON RIVER 
Moon river, wider than a mile
I'm crossin' you in style some day,
Old dream maker,
You heartbreaker ...
Wherever you're goin',
I'm goin' your way.

Two drifters, off to see the world
There's such a lot of world to see
We're after the same rainbow's end
Waitin' 'round the bend ...
My huckleberry friend,
Moon River, and me.

O éxito desta melodía foi recoñecido cun Oscar. Se navegas pola rede poderás atopala en moitas, moitísimas versións.

A versión de Aretha Franklin


 A versión de Barbra Streisand


 A versión de Louis Amstrong


A versión do pianista de Brad Mehldau



Esta melodía é ben sinxela. O alumnado de 5º de primaria somentes descubrirá a dixitación dunha nova nota. Clica no enlace e chegarás a PARTYFLAUTA onde agárdante os recursos que precisas para poder tocala.

       


Velaí a partitura


Velaí un vídeo para axudarte coa dixitación

sábado, 24 de novembro de 2018

LUCES, CÁMARA... ACCIÓN: A guerra das galaxias

En maio de 1977 George Lucas conseguiu que a súa película STAR WARS chegase por fin ós cines. Para él e o seu equipo foi acadar un soño, superando as enormes dificultades das innovacións técnicas que complicaron a rodaxe. Pero nunca imaxinaron que esa película ía revolucionar o cine nin que sería un fenómeno de cultura popular mundial reflectido en once películas, series de televisión, novelas, historietas, cromos, videoxogos, xogos de mesa, xogos de rol, disfraces, bonecos, concertos...

 A GUERRA DAS GALAXIAS
1977
 Música John Williams

O  compositor neoyorquino John Williams  preparou unha partitura con elementos da música clásica como a obertura, ou o leitmotiv para identificar a personaxes.  Inspirado en composicións clásicas, rexeitou a música electrónica e volveu a utilizar a sonoridade dunha orquestra sinfónica.

Hoxe imos coñecer polo miúdo o tema principal desta película. Comezamos por aprender un ritmo que transformaremos en percusións corporais.


 Engadimos texto para convertilo en ritmo verbal


 Continuamos cantando ese texto sobre unha melodía

 Esta é a partitura para frauta

A GUERRA DAS GALAXIAS
(STAR WARDS) 

E velaí a dixitación 

mércores, 12 de setembro de 2018

LUCES, CÁMARA... ACCIÓN! Carros de lume



Este curso comezamos unha nova sección: LUCES, CÁMARAS, ACCIÓN... na que poderemos coñecer e disfrutar coas bandas sonoras. A música é unha peza fundamental nunha película. Ten o poder de transformar ás imaxes, de dirixir a nosa mirada, de provocarnos emocións, de adiantarnos acontecementos...

Hoxe coñeceremos un rapaz grego apaixoado da música, que aprendeu música pola súa conta, montou distintos grupos investigando sempre coas novas sonoridades que ía descubrindo nos instrumentos electrónicos e os sintetizadores. Esta é a historia de Evangelos Odysseas Papathanassiou que lido así é ben complicado e por iso a súa xente chámalle VANGELIS.

VANGELIS ten un xeito curioso de resolver cos pentagramas. É quen de xerar atmósferas envolventes; sabe suxerir sensacións e sentimentos; consegue describir lugares e situacións... e claro... a industria cinematográfica decatouse de tal habilidade e botou man del, é foi así que se converteu nun estupendo "compositor de música para cine" é dicir, compositor de "bandas sonoras".

Velaí déixovos unha delas.  A banda sonora da película "Carros de lume". Esta película conta unha historia que aconteceu en 1924 a dous corredores do equipo británico que estaban a prepararse para os Xogos Olímpicos.
CARROS DE LUME
(1981)

Propóñote mergullarte na melodía. Escoita atentamente: 
1. Un destes dous motivos melódicos sona antes de que empece a melodía. Descobre cal é e cantas veces sona?
Que instrumento o interpreta?        ACORDEÓN  /  GUITARRA  /  TROMPA 
Que pode representar?   UN TIMBRE  /  UNHA BUCINA  /  AS TROMPETAS QUE ANUNCIAN A ENTREGA DE PREMIOS 
 
 2. Se resolviches este primeiro enigma, estás preparada para o seguinte. Acompañando ese motivo melódico que xa identificaches, vai este ostinato que se repite, repite, repite...durante cantos compases?
Que pensas que pode representar?   O LATEXO DOS CORREDORES  /  AS ONDAS DO MAR  /  AS GAIVOTAS DA PRAIA
       


3. As persoas cando falamos, organizamos a nosa fala en FRASES. A música tamén está organizada en frases. Esta melodía ten dúas frases melódicas.
Frase A 
Frase B
 Escoita a melodía e decide que secuencia ten, en que forma se suceden estas dúas frases

Intro - AA BB AA BB AA Coda
ABABABAB
Intro ABBABB


Velaquí tedes a partitura completa da melodía

 Un titorial que vos axude coa dixitación



E déixovos tamén un enlace para que poidades tocala en karaoke


  Moitas son as películas que podemos disfrutar da man de VANGELIS. Déixovos enlaces
para descubrirdes algunhas delas.

BLADE RUNNER
(1982)
Unha maravillosa historia de Ciencia Ficción que mistura inxeniería xenética e seres extraterrestres que transitan nunha cidade húmida de recunchos miserentos. 


A CONQUISTA DO PARAISO
 (1992)
Cristóbal Colón, un navegante empeñado en atopar unha ruta máis curta para chegar a Asia, consegue convencer ós Reis de Castela para que lle faciliten os cartos que precisa para emprender a viaxe. Con tres carabelas parte do porto de Palos e... 
 


O GRECO
(2007)
 En 1566 un rapaz chega a Venecia fuxindo da guerra e da miseria. Domenicos Theotocopoulos, ise é o seu nome, atopa traballo no obradoiro do pintor Tiziano. O rapaz ten moita man cos pinceis e as cores de xeito que viaxa  a...

 

domingo, 18 de marzo de 2018

A MUIÑEIRA DE TRES NOTAS

Velaí vai un esquema rítmico ben sinxelo para descobrirmos e para xogarmos coas percusións corporais.


Seguimos a xogar co mesmo esquema e desta volta procuraremos dous timbres diferenciados para interpretalo




 Transformamos os ritmos corporais en ritmos verbais







O noso ritmo ímolo converter nunha melodía de tres notas: SOL, LA, SI b


Tocámola coa frauta. A nota SI b dixítase así:





Agora ven un breve descanso. Primeiro unhas gargalladas.


E agora un vídeo  



Sorpresa! Velaí a cabeceira da serie FARIÑA. E SI, hoxe aprendiches a tocala coa túa frauta. Velaquí  déixovos a partitura e a letra orixinais




domingo, 22 de outubro de 2017

ESQUELETOS, O EXORCISTA: tocar a frauta no SAMAÍN

ESQUELETOS, O EXORCISTA: tocar a frauta no SAMAÍN

OS ESQUELETOS é unha cantiga infantil que xa coñeces. Noutro curruncho deste blogue podes atopala e cantala en distintos idiomas, se clicas AQUÍ

Velaquí queda a partitura elaborada por Paula Oliva,  para que te animes a tocala coa túa frauta.

http://paolaoliva.wix.com/los-esqueletos




E velaí o vídeo que vos axude coa dixitación




Completamos esta escura proposta cunha película para pasar mooooooito medo.
 Moitas persoas gostan do CINE DE TERROR. Nesto do canguelo unha das películas que máis berros sobresaltos ten provocado desde 1973 é  O EXORCISTA.  É o que os cinéfilos chaman "unha película de culto", copiada mil e unha veces. A película débelle unha parte do seu éxito ó tema musical composto polo músico inglés Mike Oldfield.



Neste enlace atoparás o tema musical da película







Aquí tes partitura


E a dixitación para frauta


luns, 25 de setembro de 2017

WORLD MUSIC TOUR: CATALUNYA, imos aló

WORLD MUSIC TOUR. CATALUNYA, imos aló.

Seguimos facendo camiño no noso World Music Tour. De tanto como temos sentido falar nos últimos tempos, semella que urxía un achegamento á súa cultura. CATALUNYA, IMÓS ALÓ.


LA PASTORETA é unha canción infantil coa que nenos e nenas cataláns levan xogando á roda desde antigo.

Velaí a partitura
A letra en catalán


A letra en galego
A versión para frauta doce


Unha versión divertida e marchosa

Unha versión tradicional

 

luns, 16 de xaneiro de 2017

WORLD MUSIC TOUR: BRASIL - Atopar formigas no mercado

Hoxe visitamos BRASIL


 
Escomenzamos xogando con ritmos. Imitamos e reproducimos con palmadas:



Moito máis sinxelo é o que haberemos de facer cos pés:


Organizados en dous grupos, cada grupo interpreta un esquema rítmico pero soarán ámbolos dous ó mesmo tempo. Se practicamos ben concentrados conseguiremos reproducir os dous ritmos á vez.


Engadiremos un novo esquema rítmico que faremos palmeando nas pernas:


Organizados en tres grupos tocaremos os tres esquemas rítmicos que soarán así:


Agora chega o tempo de xogar coas palabras. Buscaremos palabras que rimen:

CAFÉ -  PÉ
ARROZ - VOZ
POMELO - DEDO
LENTELLAS - ORELLAS

Organizados en dous grupos, seguiremos xogando coas palabras. Desta vez vai ser pregunta e resposta: un grupo pregunta e o outro responde.

PREGUNTA:   Fun ao mercado a buscar ... café / arroz / pomelo / lentellas
RESPOSTA:   E unha formiguiña picoume nun ... pé / voz / dedo / orellas

Introducimos un retrouso logo de cada serie

Eu sacudín, sacudín, sacudín
pero a formiguiña non deixaba de subir
 
Engadimos unha melodía e convertiremos as rimas en canción:



Agora que xa aprendimos a melodía, imos a xogar coa grafía. Fai por poñer en orde os distintos fragmentos da partitura.

       1       

2

3

4


Poderías tocala coa túa frauta? 

* Cantas notas distintas ten?
* Cal é a nota máis aguda? E a máis grave?
*  Cal é a nota aguda máis curta? En que compás está?


O colectivo musical  galego MARÍA FUMAÇA ten editada unha estupenda versión desta canción




Aprendida a canción na versión de María Fumaça, haberemos de disfrutala máis ainda se nos poñemos en danza. Organizados en parellas, veremos de inventar unha coreografía de percusións corporais para a parte cantada, "sacudíndonos" mutuamente durante o retrouso, e bailando "en muiño" na parte instrumental.


Pero esta é unha canción que cantan os meniños e meniñas do BRASIL, un país que está máis aló do Atlántico. Físicamente están moi lonxe, pero as suas xentes enténdense nunha lingua moi semellante á nosa.
Presta atención e fai por descubrir as semellanzas e diferencias coa cantiga de María Fumaça. Velaí vai un apuntamento para axudar na análise da canción.


* Como é o texto?
* Como é a melodía?
* Como é o "tempo"?
* Que instrumentos sonan?



Prestade atención a esta versión do QUINTAL MUSICAL.

* Que instrumentos utilizan?
* A que familias musicais pertencen?
* Como se chama a técnica musical que utilizan no xilófono?


sábado, 15 de outubro de 2016

CANTAMOS UN NOBEL

BOB DYLAN, un cantor premiado

A Literatura é unha manifestación artística baseada no uso da Linguaxe. A linguaxe serve para inventar contos, narracións, novelas, obras de teatro, poesía... e CANCIÓNS.  Nunha canción as palabras e a música enrédanse e  mergúllanse unha na outra. A calidade desa aperta é o que teñen valorado os 18 membros da Academia Sueca para lle otorgaren o Premio Nobel de Literatura a Bob Dylan.
Por vez primeira  un cantautor recibe esta homaxe; un músico a quen lle premian por 

  “ter creado novas expresións poéticas dentro da gran tradición da canción americana... Durante 54 anos, Dylan estivo a se reinventar  creando unha nova identidade...

Moitas das suas cancións convertéronse en Himnos a favor dos Dereitos Humanos ou en contra da Guerra do Vietnam. En 1963 a sua canción Blowing in the wind fíxose popular en todo o mundo.


Esta é a letra en inglés e en castelán.



Esta é a partitura para tocar coa frauta.

Con este vídeo poderás practicar a dixitación.


E Velaí un arranxo para tocar con placas.

Outras obras suas:

The times they are a changin



Like a Rollings Stones


Hurricane



All Along The watchtower



luns, 2 de maio de 2016

UNHA SAIA E UN LAGARTO

A SAIA DA CAROLINA é unha ben coñecida tradicional galega.
Velaí tes a letra

A saia da Carolina
ten un lagarto pintado;
cando a Carolina baila,
o lagarto dalle ó rabo.

-Bailaches Carolina?
-Bailei, si señor.
-Dime con quen bailaches.

 -Bailei co meu amor (tres veces)
Bailaches Carolina?
Bailei, si señor.

 A Carolina é unha tola
que todo o fai ó revés,
vístese pola cabeza
e díspese polos pés.

-Bailaches Carolina?
-Bailei no cuartel.
-Dime con quen bailaches.
Bailei co coronel (tres veces)
Bailaches Carolina?
Bailei, no cuartel.

O señor cura non baila
porque ten unha coroa.
Baile, señor cura, baile,
que Deus todo llo perdoa.

-Bailaches Carolina?
-Bailei, abofé.
-Dime con quen bailaches.
-Bailei co meu Xosé (tres veces)
Bailaches Carolina?
Bailei, abofé.

No curro da Carolina
non entra carro pechado,
namais entra a Carolina
co seu cocho polo rabo.

-Bailaches Carolina?
-Bailei, si señor.
-Dime con quen bailaches.
-Bailei co meu amor. (tres veces)

 Co teu amor, Carolina,
non volvas a bailar,
porque che levanta a saia
e é moi mala de baixar. BIS

Esta é a partitura
 
Velaí varias versións






 


WORLD MUSIC TOUR. PERÚ: La flor de la cantuta

A FLOR DA CANTUTA
Esta é a CANTUTA, unha preciosa flor que medra silvestre durante todo o ano nas serras templadas dos Andes. Como é a única flor que resisteas inclemencias do tempo, os INCAS pensaban dela que tería o augua necesaria para acompañar aos defuntos na súa derradeira viaxe. Os INCAS adícaronlle esta planta ao sol e considerábana sagrada. Hoxe é a flor nacional de Perú e Bolivia.


A FLOR DA CANTUTA  é unha cantiga tradicional peruana. Podes cantala, aprender a letra, aprender linguaxe musical xogando con ela e tamén aprender a tocala coa frauta se premes na imaxe

la flor de la cantuta


Velaí queda a partitura e maila letra


Podes tocala cun acompañamento musical se premes AQUÍ

E velaí queda a letra completa