luns, 16 de xaneiro de 2017

WORLD MUSIC TOUR: BRASIL - Atopar formigas no mercado

Hoxe visitamos BRASIL


 
Escomenzamos xogando con ritmos. Imitamos e reproducimos con palmadas:



Moito máis sinxelo é o que haberemos de facer cos pés:


Organizados en dous grupos, cada grupo interpreta un esquema rítmico pero soarán ámbolos dous ó mesmo tempo. Se practicamos ben concentrados conseguiremos reproducir os dous ritmos á vez.


Engadiremos un novo esquema rítmico que faremos palmeando nas pernas:


Organizados en tres grupos tocaremos os tres esquemas rítmicos que soarán así:


Agora chega o tempo de xogar coas palabras. Buscaremos palabras que rimen:

CAFÉ -  PÉ
ARROZ - VOZ
POMELO - DEDO
LENTELLAS - ORELLAS

Organizados en dous grupos, seguiremos xogando coas palabras. Desta vez vai ser pregunta e resposta: un grupo pregunta e o outro responde.

PREGUNTA:   Fun ao mercado a buscar ... café / arroz / pomelo / lentellas
RESPOSTA:   E unha formiguiña picoume nun ... pé / voz / dedo / orellas

Introducimos un retrouso logo de cada serie

Eu sacudín, sacudín, sacudín
pero a formiguiña non deixaba de subir
 
Engadimos unha melodía e convertiremos as rimas en canción:



Agora que xa aprendimos a melodía, imos a xogar coa grafía. Fai por poñer en orde os distintos fragmentos da partitura.

       1       

2

3

4


Poderías tocala coa túa frauta

* Cantas notas distintas ten?
* Cal é a nota máis aguda? E a máis grave?
*  Cal é a nota aguda máis curta? En que compás está?


O colectivo musical  galego MARÍA FUMAÇA ten editada unha estupenda versión desta canción




Aprendida a canción na versión de María Fumaça, haberemos de disfrutala máis ainda se nos poñemos en danza. Organizados en parellas, veremos de inventar unha coreografía de percusións corporais para a parte cantada, "sacudíndonos" mutuamente durante o retrouso, e bailando "en muiño" na parte instrumental.


Pero esta é unha canción que cantan os meniños e meniñas do BRASIL, un país que está máis aló do Atlántico. Físicamente están moi lonxe, pero as suas xentes enténdense nunha lingua moi semellante á nosa.
Presta atención e fai por descubrir as semellanzas e diferencias coa cantiga de María Fumaça. Velaí vai un apuntamento para axudar na análise da canción.


* Como é o texto?
* Como é a melodía?
* Como é o "tempo"?
* Que instrumentos sonan?



Prestade atención a esta versión do QUINTAL MUSICAL.

* Que instrumentos utilizan?
* A que familias musicais pertencen?
* Como se chama a técnica musical que utilizan no xilófono?


Ningún comentario: