Estamos no tempo do xogo e dos xoguetes. Ocórreseme que poderemos buscar relacións entre a música e os xoguetes.
Facer música con xoguetes
Unha primeira opción consiste en facer música con xoguetes. Esa é a proposta de Juan Manuel Ruétalo Luccini. Velaí o seu vídeo. Presta atención para poder contestar:
* En que compás está a melodía?
Un pouco máis elaborado é o traballo de Pascal Ayerbe. Haberás de concentrarte para non equivocarte.
* Cantos xoguetes utiliza para tocar a súa melodía?
* Cal é o xoguete que máis veces sona?
* Poderías escribir o ritmo que fai o bote?
En inglés " tocar música" dise "play music"... nesa lingua o mesmo verbo pode tamén significa "xogar". Pois os músicos do grupo METALLICA decidiron xogar e, nun programa de tv no que estaban invitados, puxéronse a interpretar unha das suas cancións con instrumentos de xoguete. Velaí o vídeo.
* Averigua o nome do estilo musical deste grupo.
* Busca a versión orixinal e escribe cantos músicos son,
e o nome dos intrumentos que utilizan habitualmente.
A música representa ós xoguetes
Outra opción é coñecer si nalgunha ocasión a música intentou representar ou imitar a algún xoguete. Pois si, hai un lote de exemplos. O francés Georges Bizet, inspirándose na infancia escribiu Xogos de nenos, unha colección de pezas sobre os xoguetes e xogos infantís do seu tempo. Velaí quedan duas gravacións que haberás de visionar atentamente.
* Que relación existe entre os dous vídeos?
* Explica o significado das liñas de cores.
* Que xoguete representa? ... Unha pista, en fracés chámanlle "poupée"
* En que "tempo está inerpretada esta peza? Escolle entre un dos termos seguintes:
Seguiremos con Bizet. Outra gravación musical que representa un xoguete. Esta vez xa cho descubro eu: a música describe unha buxaina; pero fíxate ben porque teño para ti outras tarefas que haberás de resolver.
* Agora que xa sabes algo máis da representación de cores, explica que representan as escaleiras de cores, e as liñas largas.
* Estas dúas pezas de Bizet están interpretadas dun xeito ben curioso. Utiliza a rede e descubre cal é o nome desta técnica de interpretación
* Haberás de averiguar cantos anos viviu Bizet.
Ningún comentario:
Publicar un comentario