domingo, 25 de novembro de 2018

LUCES, CÁMARA... ACCIÓN: Tempos modernos

Adicaremos esta semana a un dos máis importantes creadores do século XX: Charles Chaplin, un inglés que en dez años pasou da pobreza absoluta a ser o home máis famoso do mundo. Actor, director, guionista, productor, músico... en 1923 chegou a ter o seu propio estudio cinematográfico onde rodaba as súas películas (somentes tiña 34 anos!) . Creou un mito universal; Charlot é o vagabundo torpe de roupas miserentas, costumes refinados e corazón sensible  que padece mil penurias. Nas súas películas  Charlot "sen falar", de xeito sutil e intelixente,  denunciaba as inxusticias dunha sociedade desigual e cruel  a través das andanzas daquel pobre desgraciado envolto en tristura que somentes pretendía ter algo que comer, mentres procuraba manter a dignidade.
Unha das películas de máis sona foi O RAPAZ, na que o vagabundo Charlot atópase un bebé abandoado e terase que ocupar do cativo. Velaí déixovos unha escena.

 O RAPAZ
(1921)



Fillo de dous cantantes ingleses, Chaplin conta nas súas memorias que, de pequeniño, a súa nai levábao canda ela á salas onde actuaba, por non o deixar só na habitación alquilada. A música foi un elemento fundamental na súa vida: medrou entre cancións de music-hall e, sen ir a clase, aprendeu a tocar o violín. Aínda que non sabía ler música e tampouco tiña idea de composición ou orquestación, foi o responsable da música das súas películas. Traballaba con músicos profesionais e asúbiáballes ou cantáballes a melodía que tiña na cabeza para que eles a escribiran. Nas súas memorias explica  como entendía a música nas películas:

  "Procurei compoñer música elegante e romántica para enmarcar as miñas comedias; en contraste co personaxe do vagabundo, a música deulles unha dimensión emocional. Os arreglistas musicais rara vez comprendían isto. Eles querían que a música fora divertida. Pero explicáballes que eu non quería competencia, que quería que a música fose un contrapunto entre o  grave e o encanto para expresar o sentimento."

En 1931 ainda que en tódolos cines proxetábanse xa películas sonoras, Chaplin renunciou a incorporar diálogos en Luces da cidade. Charlot seguirá mudo, pero a música será o elemento sonoro que reforzará ás imaxes. O vagabundo pasa por mil avatares por mor de axudar á florista cega da que está namorado. Na escena que vos propoño, o vagabundo participa nunha competición de boxeo para conseguir cartos. Fixádevos na música que utiliza: unha melodía de violíns acompaña as imaxes da pelexa na que os movementos son unha exacta coreografía.
LUCES DA CIDADE
(1931)
Música de Charles Chaplin


Na película Tempos modernos, Chaplin  propón unha divertida crítica sobre a sociedade capitalista filla da revolución industrial. Charlot é un obreiro nunha fábrica e así temos imaxes das tareas rutinarias, das cadenas de montaxe, as obsesións pola rapidez e a productividade. Terco, Chaplin manténse nos seus criterios e non inclúe diálogos na película, pero iso si, hai un acompañamento musical contínuo. Disfrutade da escena da cadea de montaxe da fábrica.

TEMPOS MODERNOS
(1936)


  A primeira vez que se oirá a voz de Chaplin na pantalla será nesta mesma película Tiempos modernos. Que idioma pode falar Charlot sen perder nada da súa universalidade?  Pois velaquí a xenialidade de Chaplin: o seu vagabundo seguirá sendo un mito universal, o seu idioma é de tod@s porque é inventado. Charlot  canta un cuplé intelixible.
 Velaquí vos queda a primeira vez que o mundo escoitou a voz de Charlot. 
 


Chaplin deixou moi clara a súa posición política na película O GRAN DICTADOR, unha crítica veraz e feroz do nacismo, unha denuncia clara de Hitler e as súas propostas racistas.
Chaplin fai os dous personaxes principais: un despiadado dictador fascista, e un barbeiro xudeo perseguido. 
Velaquí quedan dúas escenas para disfrutar da creatividade deste estupendo actor. Fixádevos o tratamento musical tan diferenciado destas dúas xoias que, ademáis, na película son sucesivas.

O GRAN DICTADOR
(1940)




Gargalladas e bágoas van xuntiñas no  argumento de Candilejas, a historia dun vello actor de vodevil que recolle na súa casa a una bailarina que se intentou suicidar. Chaplin agasallounos unha estupenda escena con outro dos grandísimos xenios do cine mudo: Buster Keaton. Disfrutade coa expresividade e os acenos dun e o hieratismo do outro,  o violín desafinado de Chaplin e o piano atrapallado de Buster Keaton.

Chaplin e Keaton
CANDILEJAS
(1952)




10 NA CAMA. Un conto para subir e baixar

Anne Gedges é unha fotógrafa australiana que  leva moitos, moitísimos anos facendo divertidas e ocurrentes fotos de bebés. E con estas imaxes conseguiu crear un imperio de calendarios, axendas, puzles, disfraces infantiles... e libros dos que xa vendeu 19 millóns de copias. Hoxe imos coñecer e disfrutar cun deles.




10 NA CAMA é unha cantiga infantil para moi útil para aprender a contar os 10 primeiros números. Anne Geddes convértea nun libro de fotos.

Dez bebés durmen na cama. No máis profundo do sono, un  deles rola pola cama ata chegar ós pés.
9 bebés durmen na cabeceira da cama e un durme ós pes. No máis profundo do sono, un deles rola pola cama ata chegar ós pés.
8 bebés duemen na cabeceira da cama e dous durmen ós pes...
...
10 bebés durmen ós pes dunha cama. No máis profundo do sono, un deles rola pola cama ata chegar á cabeceira...
 ...


Aproveitaremos este conto para cachegarmos a alguns conceptos de Linguaxe Musical (Escala, Agudo, Grave, Ascendente, Descendente).


...
...
...



Velaí queda un vídeo do conto ilustrado por A. Geddes e a canción na voz dunha cativa.



 Deixo tamén o texto e a partitura



sábado, 24 de novembro de 2018

LUCES, CÁMARA... ACCIÓN: A guerra das galaxias

En maio de 1977 George Lucas conseguiu que a súa película STAR WARS chegase por fin ós cines. Para él e o seu equipo foi acadar un soño, superando as enormes dificultades das innovacións técnicas que complicaron a rodaxe. Pero nunca imaxinaron que esa película ía revolucionar o cine nin que sería un fenómeno de cultura popular mundial reflectido en once películas, series de televisión, novelas, historietas, cromos, videoxogos, xogos de mesa, xogos de rol, disfraces, bonecos, concertos...

 A GUERRA DAS GALAXIAS
1977
 Música John Williams

O  compositor neoyorquino John Williams  preparou unha partitura con elementos da música clásica como a obertura, ou o leitmotiv para identificar a personaxes.  Inspirado en composicións clásicas, rexeitou a música electrónica e volveu a utilizar a sonoridade dunha orquestra sinfónica.

Hoxe imos coñecer polo miúdo o tema principal desta película. Comezamos por aprender un ritmo que transformaremos en percusións corporais.


 Engadimos texto para convertilo en ritmo verbal


 Continuamos cantando ese texto sobre unha melodía

 Esta é a partitura para frauta

A GUERRA DAS GALAXIAS
(STAR WARDS) 

E velaí a dixitación 

luns, 12 de novembro de 2018

LUCES, CÁMARA... ACCIÓN: Feliz aniversario Ennio Morricone!!!

Hoxe facemos festa. Celebramos o aniversario dun maravilloso avó... máis ben bisavó. Celebramos a súa longa traxectoria e a súa impresionante creatividade. Desde hai noventa anos esvara por unha vida plena de melodías e instrumentos. E agora velaí está, ó noso carón, coma un xigante cargadiño de espellos sonoros nos que vemos reflexados as nosas máis intensas emocións. Ennio Morricone imaxinou e escribiu a música de máis de 500 películas. 

Hai unhas semanas disfrutamos coa música que imaxinou para a película A MISIÓN.

Imos descubrir outras obras súas. Con Sergio Leone, o seu amigo da infancia, traballou en tres películas que cambiaron moitas cousas. Fixeron unha "triloxía" de películas do oeste rodadas en Almería. 


Por un puñado de dólares
(1964)

A morte tiña un prezo
(1965)


Novecento
(1976)


Os intocabeis de Elliot Ness
(1987)

Cinema Paradiso
(1988)
Bugsy
(1991)
O pantasma da ópera
(1998)

LUCES, CÁMARA...ACCIÓN: Vaqueiros, indios e soldados no Oeste

As aventuras e desventuras dos aventureiros que cruzaron Norteamérica para instalarse na costa Oeste foron narradas en tantas películas que forman un xénero cinematográfico por si mesmo.

Entre 1940 e 1960 as películas do Oeste estiveron de moda. Daquela EEUU estaba a se converter na primeira potencia do mundo, pero como é un país moi novo, deciciu contar  como se formou. As películas "do Oeste" relatan as aventuras das moreas de persoas que abandonaron Europa na procura dunha vida digna e, coa intención de construires un futuro, cruzaron o continente en caravanas pasando mil e unha calamidades. Indios, vaqueiros, granxeiros, mineiros, bandoleiros, salteadores, soldados... enchen as películas do oeste. Mulleres poucas: a esposa, a noiva, a filla, as bailarinas do saloon e, como moito, algunha tendeira ou algunha mestra... Quedan aínda moitas historias por contar.

As películas "do oeste" destes anos amosan a beleza de EEUU. A cámara retratan os enormes espazos naturais e baleiros: as grandes pradeiras, as enormes montañas, os caudalosos ríos... As personaxes son heroes, fortes, honestos e valentes que afrontan todas e cada unha das penurias que a vida lles presenta. A música que acompaña estas imaxes tamén é grandiosa con enormes orquestas e armonizacións poderosas. As películas clásicas do Oeste inventan un pasado de heroes, proezas e fazañas.

A dilixencia
(1939)


Horizontes de grandeza
(1958)
Música Jerome Moross

O tesouro de Sierra Madre
(1948)
Música de Max Steiner

Solo ante el peligro
(1952)
Música de Dimitri Tiomkin

Os sete magníficos
(1960)
Música de Elmer Berstein


Pero a nos anos 60 Sergio Leone e Ennio Morricone conseguiron encher as salas de cine cos seus spaguetti western. A primeira película que rodaron foi POR UNHA PRESA DE DÓLARES (1964)O éxito animounos a rodar no ano seguinte A MORTE TIÑA UN PREZO (1965). E como a cousa funcionaba, de seguido rodaron a terceira: O BO, O FEO E O MALO (1966). Non houbo máis porque Sergio Leone morreu, pero esas tres películas revolucionaron a historia do cine. Veredes por que.

Sergio Leone conta historias de buscavidas, tramposos, violentos, simples, que intentan sobrevivir nun mundo duro e hostil. Sergio Leone retrata unha sociedade sen heroes, máis salvaxe, máis real e posibel nunha época moi difícil.

 A música é un elemento fundamental nestas películas. xa non hai grandes orquestras porque Ennio Morricone utiliza todo canto se lle ocorre: instrumentos tradicionais, instrumentos electrónicos, coros, asubíos... Cada personaxe está acompañado e definido por un son distinto: unha frauta, un birimbao, o carrillón do reloxo... Morricone compuña a música antes de que se rodase a película, e así Sergio Leone podía usala como música de fondo na rodaxe. Deste xeito imaxes e música encaixan con precisión.


Por unha presa de dólares
(1964)
Música de Ennio Morricone


A morte tiña un prezo
(1965)
Música de Ennio Morricone

O bo, o feo e o malo
(1966)
Música de Ennio Morricone