As aventuras e desventuras dos aventureiros que cruzaron Norteamérica para instalarse na costa Oeste foron narradas en tantas películas que forman un xénero cinematográfico por si mesmo.
Entre 1940 e 1960 as películas do Oeste estiveron de moda. Daquela EEUU estaba a se converter na primeira potencia do mundo, pero como é un país moi novo, deciciu contar como se formou. As películas "do Oeste" relatan as aventuras das moreas de persoas que abandonaron Europa na procura dunha vida digna e, coa intención de construires un futuro, cruzaron o continente en caravanas pasando mil e unha calamidades. Indios, vaqueiros, granxeiros, mineiros, bandoleiros, salteadores, soldados... enchen as películas do oeste. Mulleres poucas: a esposa, a noiva, a filla, as bailarinas do saloon e, como moito, algunha tendeira ou algunha mestra... Quedan aínda moitas historias por contar.
As películas "do oeste" destes anos amosan a beleza de EEUU. A cámara retratan os enormes espazos naturais e baleiros: as grandes pradeiras, as enormes montañas, os caudalosos ríos... As personaxes son heroes, fortes, honestos e valentes que afrontan todas e cada unha das penurias que a vida lles presenta. A música que acompaña estas imaxes tamén é grandiosa con enormes orquestas e armonizacións poderosas. As películas clásicas do Oeste inventan un pasado de heroes, proezas e fazañas.
A dilixencia
(1939)
Horizontes de grandeza
(1958)
Música Jerome Moross
O tesouro de Sierra Madre
(1948)
Música de Max Steiner
Solo ante el peligro
(1952)
Música de Dimitri Tiomkin
Os sete magníficos
(1960)
Música de Elmer Berstein
Pero a nos anos 60 Sergio Leone e Ennio Morricone conseguiron encher as salas de cine cos seus spaguetti western. A primeira película que rodaron foi POR UNHA PRESA DE DÓLARES (1964). O éxito animounos a rodar no ano seguinte A MORTE TIÑA UN PREZO (1965). E como a cousa funcionaba, de seguido rodaron a terceira: O BO, O FEO E O MALO (1966). Non houbo máis porque Sergio Leone morreu, pero esas tres películas revolucionaron a historia do cine. Veredes por que.
Sergio Leone conta historias de buscavidas, tramposos, violentos, simples, que intentan sobrevivir nun mundo duro e hostil. Sergio Leone retrata unha sociedade sen heroes, máis salvaxe, máis real e posibel nunha época moi difícil.
Sergio Leone conta historias de buscavidas, tramposos, violentos, simples, que intentan sobrevivir nun mundo duro e hostil. Sergio Leone retrata unha sociedade sen heroes, máis salvaxe, máis real e posibel nunha época moi difícil.
A música é un elemento fundamental nestas películas. xa non hai grandes orquestras porque Ennio Morricone utiliza todo canto se lle ocorre: instrumentos tradicionais, instrumentos electrónicos, coros, asubíos... Cada personaxe está acompañado e definido por un son distinto: unha frauta, un birimbao, o carrillón do reloxo... Morricone compuña a música antes de que se rodase a película, e así Sergio Leone podía usala como música de fondo na rodaxe. Deste xeito imaxes e música encaixan con precisión.
Por unha presa de dólares
(1964)
Música de Ennio Morricone
A morte tiña un prezo
(1965)
Música de Ennio Morricone
O bo, o feo e o malo
(1966)
Música de Ennio Morricone
Ningún comentario:
Publicar un comentario