Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca. Amosar todas as publicacións

domingo, 8 de novembro de 2020

CONTO CON CANTO PARA RESTAR: Os Dez Canciños

Hai moitas cancións que presentan os NÚMEROS. A que imos coñecer hoxe ten a peculiaridade que tamén introduce a RESTA: OS DEZ CANCIÑOS

Imos utilizar a preciosa edición preparada pola Editorial EKARÉ.

Velaí a portada e a partitura que nos presentan.



A Editorial publicou un vídeo de animación utilizando as ilustracións do libro e a versión grabada da canción. Velaquí está.

 


 Na nosa aula utilizamos a mesma melodía pero fixemos unha traducción ó galego (con algunhas libertades e erros evidentes). Así quedou:



Como axuda para coñecer e memorizar a canción, utilizamos as fichas que seguen:

 



 

 


 

 

Na rede hai uns cantos arranxos desta canción e ata  unha versión para monicreques. Disfrutade



 


 

mércores, 29 de abril de 2020

GREGUERÍAS MUSICAIS: Ramón Gómez de la Serna e Chema Madoz

Ben sei que o alumnado de sexto está a percorrer nestes días as GREGUERÍAS escritas por Ramón Gómez de la Serna, un señor moi ocurrente que decidiu expresar as súas observacións e reflexións en frases moi breves nas que mestura o humor coa metáfora e todo sobre unha estupenda base de intelixencia.

Pois que non se diga que non vos axudo a coñecer os traballos dunha persoa tan interesante. Velaquí vos deixo varios  xeroglíficos que montei coas súas greguerías. Espero que me enviedes as solucións ó correo de sempre (arcadamarga@gmail.com)








Chema Madoz é un fotógrafo contemporáneo español que utiliza a súa cámara do mesmo xeito que Gómez de la senra utilizaba o seu bolígrafo. Non fai retratos de persoas, nin paisaxes, nin reportaxes de eventos... Chema Madoz fai "poesía visual". Utilizando obxectos da vida cotiá fai composicións aparentemente sinxelas, case simples, en branco e negro... pero cando as miramos e as pensamos, non só conseguen roubarnos un sorriso (as veces ata unha gargallada), senón que nos descubren aspectos ou sensacións novas.  Velaí deixovos unha selección das súas imaxes que teñen que ver coa música.






Intenta redactar unha soa frase para cada unha destas imaxes.

domingo, 19 de abril de 2020

LER no Tempo Virado

23 de ABRIL, na casa, con moito tempo por diante. Cal é unha das mellores propostas para viaxar no espacio e no tempo? Exacto: LER

A tod@s gústanos que nos conten historias e contos. E ó alumnado deste cole góstalle moito lerlles ás outras persoas. Hai un tempo, na aula de música, desenvolvimos un proxecto de facermos AUDIOCONTOS. Escollimos libros que tiñamos na nosa biblioteca de aula  e os nenos e nenas prepararon a lectura e fixemos gravacións. Escaneamos as imaxes do conto e logo coa axuda do ordenador engadímoslle distintas músicas  que acompañaran a historia e suxeriran as situacións ou emocións que ían aparecendo no texto. Hoxe recuperámolos e velaí quedan para que os disfrutedes.
 
Podes escoitalos todos se clicas en audiocontos

A explicación de como fixemos e algúns datos están aquí 
 
  Estes son os libros que utilizamos neste proxecto. Todas estas historias teñen algunha relación coa música. Podes chegar a cada un deles se clicas en cadansúa imaxe. 

A)  Haberás de escoitar alomenos un conto. 

B) Despois, nunha folla de libreta ou nun folio, haberás de explicar en poucas palabras que relación ten coa música  a historia que escoitaches

C) Haberás de preparar unha imaxe da historia. Podes utilizar a técnica que queiras: 
* un debuxo coloreado con pinturas o rotuladores
* un "collage" con papeis, fíos, anacos de teas, macarróns coloreados, lentellas, botóns ou que ti vexas
* unha pequena "escultura" con tapas, botes, cartóns, caixiñas pequerrechas...


https://www.dropbox.com/sh/22mhc1ndzmf93rs/AAC8nVPI5fd2bL8iY8tsXy7Ja?preview=A++banda+de+VILACENDOI++completo+1.mp3



https://www.dropbox.com/sh/22mhc1ndzmf93rs/AAC8nVPI5fd2bL8iY8tsXy7Ja?preview=que+desastre+de+flautista+COMPLETO.mp3



https://www.dropbox.com/sh/22mhc1ndzmf93rs/AAC8nVPI5fd2bL8iY8tsXy7Ja?preview=Mozart+completo.mp3



https://www.dropbox.com/sh/22mhc1ndzmf93rs/AAC8nVPI5fd2bL8iY8tsXy7Ja?preview=ALMANAQUE+MUSICAL+completo.mp3



https://www.dropbox.com/sh/22mhc1ndzmf93rs/AAC8nVPI5fd2bL8iY8tsXy7Ja?preview=Frautista+de+hamelin.mp3



https://www.dropbox.com/sh/22mhc1ndzmf93rs/AAC8nVPI5fd2bL8iY8tsXy7Ja?preview=FERDINANDO+TOTAL.mp3

domingo, 12 de abril de 2020

NOMES, VERBOS E ADXECTIVOS nun TEMPO VIRADO

Imos xogar coas verbas. Velaí dúas listas de palabras. Haberás de relacionar cada palabra do primeiro grupo cunha do segundo.


1.- Forma parellas de palabras
2.- Intenta engadir un verbo ou un artigo para completar a frase.
3.- Intenta "rapealas" nun compás de 4 pulsos 
4.- Acompáñate con algunha percusión corporal (palmada, pegada...) que te axude a seguir ben o ritmo rapeado



Velaí un texto en galego de Magín Blanco.  Busca algo para facer un ritmo (podería ser un boli percutido sobre a mesa, ou unha palmada). Le o texto en voz alta e percute o boli coincidindo coa primeira sílaba de cada verso. Cando lle teñas pillado o truco, proba a percutir dúas veces en cada verso (no principio e no medio) 






Procura algún aparato con conexión a internet (teléfono, tablet,ordenador) e procura en Youtube o enderezo seguinte: 

MAGÍN BLANCO - NOMBRES, VERBOS Y ADJETIVOS 



 Escoita moi atentamente. Sónate algo? Ten algo que ver co que fixeches ti antes?
En que se parece? Que diferencias hai?

domingo, 25 de novembro de 2018

10 NA CAMA. Un conto para subir e baixar

Anne Gedges é unha fotógrafa australiana que  leva moitos, moitísimos anos facendo divertidas e ocurrentes fotos de bebés. E con estas imaxes conseguiu crear un imperio de calendarios, axendas, puzles, disfraces infantiles... e libros dos que xa vendeu 19 millóns de copias. Hoxe imos coñecer e disfrutar cun deles.




10 NA CAMA é unha cantiga infantil para moi útil para aprender a contar os 10 primeiros números. Anne Geddes convértea nun libro de fotos.

Dez bebés durmen na cama. No máis profundo do sono, un  deles rola pola cama ata chegar ós pés.
9 bebés durmen na cabeceira da cama e un durme ós pes. No máis profundo do sono, un deles rola pola cama ata chegar ós pés.
8 bebés duemen na cabeceira da cama e dous durmen ós pes...
...
10 bebés durmen ós pes dunha cama. No máis profundo do sono, un deles rola pola cama ata chegar á cabeceira...
 ...


Aproveitaremos este conto para cachegarmos a alguns conceptos de Linguaxe Musical (Escala, Agudo, Grave, Ascendente, Descendente).


...
...
...



Velaí queda un vídeo do conto ilustrado por A. Geddes e a canción na voz dunha cativa.



 Deixo tamén o texto e a partitura



mércores, 18 de outubro de 2017

MANTO DE CINZA PARA UN PAXARO DE PEDRA

MANTO DE CINZA PARA UN PAXARO DE PEDRA

Velaí unha adaptación dun fermoso conto recollido por Pedro Pablo Sacristán na web "Cuentos para dormir". 
Se clicas nas imaxes atoparás os sons que escoitamos na aula.


Hai moito tempo houbo un paxaro de pedra. Forte, fermoso e máxico vivía moi perto dunha espesa fraga que cubría as ladeiras dos montes e arrodeaba un val cuberto de fincas e viñas. O paxaro disfrutaba, abraiado, de tan espléndido lugar. Sentíase feliz. Amoláballe un pouco non poder voar; como era tan pesado as súas ás non podían levantalo e somentes podía camiñar polo chan. Pero soubo disfrutar do que tiña sen máis. Gostaba moito cando recoñecía as distintas follas que caían e se pochaban: esta de bordos lobulados é de carballo, as de bordos coma dentes de serra cairon do castiñeiro, as que teñen picos e pinchan son as do acibro...  . Tamén pasaba tempo mirando como as formigas e as vacalouras percorrían os carreiros entre as raiceiras das carqueixas. Nalgunhas ocasións vía pasar ó xabarín, fozando na terra co seu fuciño na procura dalgún alimento. Outras veces entretíñase coas carreiras do raposo tras das lebres ou coellos.  Pasaba tempo mirando como as outras aves carrexaban pauciños para facer os seus niños entre as uces e xestas... Daquela pasábao ben, ainda que tiña un gran desexo: devecía por voar sobre as arbres para disfrutar de tan magnífico lugar por enriba.




Un día, nun curruncho da fraga escomezaron a medrar unhas vibrantes lapas. Eran poucas no principio, pero rápidamente arrimáronse ás follas secas do chan e medraron formando unha alfombra de lume. De seguido as faiscas enleáronse coas carqueixas, coas uces, coas xestas, cos toxos... mesmo lamberon a cortiza das arbres e abanearon as polas saltando dunha para outra ata arrodear a fraga por completo.

https://www.youtube.com/watch?v=Ozmif9BbcVQ

Os animais intentaron fuxir. Algúns conseguíronno. Pero moitos deles non foron quen de atopar a saída daquel inmenso forno. Tiñan que saltar sobre un chan que ardía. O fume era tan denso que non podían ver nada; as cinzas entrábanlles nos ollos e secaban as suas gorxas. Os animais, as arbres, as plantas que aló vivían... todos desapareceron.

Somentes quedou o paxaro de pedra. O lume so conseguiu tinguilo de negra cinza. Cando desapareceu o fume, o paxaro de pedra non podía crer o que vían os seus ollos...  Unha manta de cinzas e carbón cubría as ladeiras dos montes e arrodeaba aquel val cuberto de fincas e viñas. Unha inmensa tristura veu a encher o seu corpiño de pedra, e botouse a chorar.


Chorou, chorou durante horas, días, semanas. Ás bágoas saían dos seus ollos como a auga nace nunha fonte. E tanto chorou que as bágoas comenzaron a desfacer o seu corpo  de pedra. As bágoas disolveron as súas ás, as súas patas, o seu pico, a súa panza... desapareceu o paxariño de pedra e somentes quedou unha poza de auga no chan. 
Pero a calor do sol evaporou aquela pociña de bágoas e converteuna nunha pequena nube que voou por riba das arbres e dos prados. O paxaro de pedra, transformado en nube, por fin puido ollar as arbres desde máis alto. E desde aquela, esa nube viaxa para coñecer tódolas fragas, soutos, bosques, selvas e sabanas da terra, moi atenta para levar a súa choiva aló onde algunha árbore escomeze a arder co lume.

domingo, 5 de marzo de 2017

POBRE CLEMENTINA, outro conto para cantar


Que pasa coas historias despois de "e comeron perdices"?
Adela Turin e Nella Bosnia narran como as tartarugas Arturo e Clementina coñécense, namóranse e... a vida vai pasando.


Este é un dos "contos con cantos" que nos encantan e disfrutamos na aula de música desde hai moitos anos.

Aprenderemos a melodía de Vicente Gil recollida nun libro de texto para 6º curso da Ed. SM. Convertirémola nun retrouso co que fiaremos toda a historia.




Para rematar a historia temos duas estrofas máis que cantamos coa mesma melodía.


Se queres lembrar a melodía pica  AQUÍ

E si queres escoitar o conto narrado polo alumnado dunha escola pica na imaxe.


luns, 19 de decembro de 2016

NADAL EN DANZA: O CREBANOCES

Cando chega o Nadal en moitos palcos do mundo as bailadoras e bailadores preparan con moito esmero un magnífico espectáculo: O CREBANOCES.  En 1892 o compositor ruso Piotr Tchaikovsky, atendendo ó encargo dos Teatros Imperiais, preparou unha partitura pola cal converteu en "ballet" un conto de Nadal cargado de maxia. 


A música de Tchaikovsky enche o escenario no que se suceden feitizos, batallas tremendas, o terrible rei dos ratos coas súas espantosas siete cabezas, o país dos doces, a fada do sucre... As melodías transfórmanse en danzas, moitas danzas: a Danza Chinesa, a Danza Árabe, O Trepat (Danza Rusa), a Danza das Frautas, a Danza da Fada do Sucre, o Vals das Flores, o Vals das folerpas...

Velaí unha das versións do CREBANOCES


Xa me tardaba: é o tempo da danza... disfrutemos do BALLET!


A DANZA CHINESA



DANZA RUSA





A DANZA DOS MIRLITÓNS



O VALS DAS FLORES



O VALS DAS FOLERPAS



A DANZA DA FADA DO SUCRE


En 1940, este ballet estrenouse nos Estados Unidos e acadou moita sona. Walt Disney, engaiolado pola partitura, decidiu utilizar esta música en FANTASÍA, unha película de debuxos animados. Velaí algunhas das escenas que imaxinaron os debuxantes americanos.


DANZA CHINESA



DANZA RUSA



DANZA DA FADA DO SUCRE



DANZA DAS FRAUTAS


venres, 21 de outubro de 2016

UNHA ESCALEIRA DE SONS

A ESCALEIRA é un deses libros que "facemos sonar" na clase, converténdoos en contos musicais". Neste conto distintas personaxes suben a escaleira dunha casa por mor de entregar diferentes obxectos... e todo soa: as personaxes, os obxectos e mesmo a escaleira.






Concéntrate. Estos instrumentos e obxectos fixémolos sonar no conto A ESCALEIRA. 
Quen era quen, ou, que era que ?





Fai memoria e intenta lembrar os distintos ritmos que sonaban nesta historia.


luns, 17 de outubro de 2016

SOPA DE CABAZA, un conto de emocións para un outono musical

SOPA DE CABAZA é un conto de Helen Cooper no que hai tres amigos: un gato, un esquío, un pato. Tamén hai unha cabaña nun xardín con cabazas, unha pota con sopa e unha culler. Os personaxes descobren distintas emocións e afrontan conflictos: ciumes, enfado, fuxida, medo, remorsos, amistade, complicidade, colaboración... e pola noite sonarán unha gaita, un banjo e unha voz.


O alumnado do CEIP Marqués de Estella tamén gustou moito deste conto, e decidiron facer unha gravación. Velaí queda o seu traballo.



Lembra as actividades que fixemos na clase e resolve:









martes, 27 de setembro de 2016

UN CAN, UN GATO, UN RATO, UN GALO... DEBAIXO DA CAMA DA VELLA

Un conto que encanta é este conto cantado que forma parte do cancioneiro tradicional galego. 
Velaí o texto que utilizamos en clase



A partitura:


E a historia en imaxes cantada por MAMACABRA




mércores, 30 de marzo de 2016

WORLD MUSIC TOUR. GHANA: Contos e cantos africanos

 Desde Ghana e Senegal chégannos contos e cantos para pensar e disfrutar.



HOME DE COR

O poeta senegalés  Léopold Sédar Senghor escribiu este precioso poema lembrando unha dos contos que de neno lle contaron:

Querido irmán branco:
Cando eu nacín, era negro.
Cando medrei, era negro.
Cando me da o sol, son negro.
Cando estou doente, son negro.
Cando morra, serei negro.
 

Namentras, ti, home branco,
Cando naciches, eras rosado.
Cando medraches, fuches branco.
Cando te da o sol, eres vermello.
Cando sintes frío, eres azul.
Cando sintes medo, eres verde.
Cando estás doente, eres amarelo.
Cando morras, serás gris.
 

Entón, quen de nós é un home de cor?

Jerome Ruillier redactou e debuxou este conto africano que sonorizamos na aula de música.
Se clicas na imaxe poderás ler o libro. 

Home de cor

Velaí vos deixo esta versión que prepararou o alumnado dunha escola infantil italiana


Xogar e cantar e algo que facedes todos os nenos e nenas do mundo. A rapazada da tribu Krobo en Ghana, cando queren ir xogar cantan esta preciosa cantiga:

 Alguén pregunta:
A Keelie Makolay, mo paco meeno sway
(Makolay, queres vir  xogar?)

Alguén responde:
Yeah, yeah, mo paco meeno sway.
(Sí, sí, quero ir xogar.)

Todo o grupo canta, e repite:
Mo paco meeno sway,
Mo paco meeno sway,
Mo paco meeno sway,
O mo paco meeno sway
.






xoves, 27 de novembro de 2014

ADIVIÑA QUEN TOCA NA BANDA


Esta semana descubrimos os instrumentos musicais que tocaban os animais do libro MUZIEK.
Velaí a partitura para que poidades cantala.
Clica no trianguliño negro que está na dereita e escoitarás a melodía.



luns, 9 de xuño de 2014

LER POESÍA

Atopamos na nosa biblioteca poemas de Antonio García Teijeiro cheos de música, non só pola sororidade e o ritmo das palabras, senón porque falan de música e instrumentos.  Catro persoas de 4º decidiron mergullarse neles.
Xoel e Óscar len para nós os textos en galego. 






Raúl e Lucía recitan en castelán. Poesía en dúas linguas...

VERSOS DE AGUA



luns, 2 de xuño de 2014

QUINO E A MÚSICA 2

Xa que disfrutamos tanto cos seus debuxos, procuremos algunha información sobre él.  Arxentino, naceu en 1932, fillo de emigrantes andaluces. Estudou Belas Artes pero escolleu traballar en prensa debuxando "historietas cómicas". 

Velaí un enlace a NI ARTE NI PARTE, unha presentación de diapositivas de debuxos seus sobre as artes (Pintura, Música, Literatura, Escultura).




Mafalda é a súa personaxe máis coñecida, porque estivo nove anos (1964-1973) contándonos ocurrencias desta cativa e os seus amigos.