xoves, 17 de maio de 2018

O violonchelo de Mario

Mario, o noso compañeiro, tróuxonos un agasallo. Achegouse á escola cargado co seu prezado violonchelo. Aproveitaremos a estupenda situación para coñecermos polo miúdo as posibilidades deste instrumento.




 O violonchelo é un instrumento de "corda frotada". Fíxate ben na imaxe para descubrires as súas distintas pezas.







Johann Sebastian Bach hai 300 anos escribiu música marabillosa  para este instrumento.
Escoita este Preludio para a Suite nº 1 interpretado por un dos máis grandes violonchelistas do século XX:  Mtislav Rostropovich. Foi unha persoa moi especial, un instrumentista virtuoso, un estupendo director, un inspirado compositor e, o máis importante, unha persoa moi comprometida socialmente. Como recoñecemento a ise compromiso otorgáronlle o Premio Príncipe de Asturias á Concordia.



Pau Casals foi un violonchelista catalán extraordinario. Tamén foi compositor e director de orquestra e un activista a favor dos dereitos humanos e as libertades. "El Cant dels ocells" ("O cantar dos paxaros") é unha das pezas máis coñecidas  que popularizouse grazas a moitos arranxos que el mesmo fixo, mais cómpre ter en conta que a obra non é súa senón da tradición catalá. El cant dels ocells converteuse nun símbolo de paz e liberdade ao redor do mundo, mais de xeito especial en Cataluña.




Jacqueline du Pré foi unha violonchelista británica estupenda pero con moi mala sorte. Foi unha "nena prodixio", gañou un premio internacional ós 10 anos, e ós 12 deu o seu primeiro concerto para a BBC (a Tv británica). Conseguiu gran recoñecemento como concertista, e tocou con importantísimas orquestras. Pero ós 28 anos tivo que deixar a música por mor dunha gravísima infirmidade dexenerativa (a esclerose múltiple) que provocoulle a morte moi poquiños anos despois.


Para rematar outro "neno prodixio", Yo-Yo Ma, un dos máis importantes violonchelistas actuais. De orixe chino, empezou a tocar en público desde os 5 anos. Ten moitos premios, pero o máis interesante é que gústalle tocat todo tipo de música. Actualmente ten un grupo no que xuntou a músicos de diferentes paises tocando instrumentos ben distintos e, pásmate, unha das persoas que toca no seu grupo é a gaiteira ourensá Cristina Pato.






Neste derradeiro enlace poderemos disfrutar do traballo do coreógrafo Nacho Duato. Para celebrar o aniversario de Johann Sebastian Bach imaxinou un espectáculo de danza. Rematamos a sesión coa mesma peza coa que comezamos: o Preludio da Suite nº 1 de Bach e dous bailarines no palco movéndose tal e como imaxinou Nacho Duato.


Mtislav Rostropovich

Make Google view image button visible again: https://goo.gl/DYGbub

luns, 2 de abril de 2018

Teoría e Linguaxe Musical

Velaí  enlaces para coñeceres conceptos básicos da Teoría da Música e da Linguaxe Musical

http://es.tiching.com/link/76523


Velaí un TEST de SIGNOS MUSICAIS para que botes contas do que aprendiches

https://www.goconqr.com/es-ES/p/6861848-Test-de-signos-musicales-quizzes


Outro enlace para que practiques ALTURA dos sons e a lectura das NOTAS no pentagrama



No vindeiro enlace practicarás a DURACIÓN dos sons e o Valor das FIGURAS




https://es.educaplay.com/es/recursoseducativos/1036044/valor_de_las_figuras.htm

Poderás practicar a DURACIÓN dos SILENCIOS

https://es.educaplay.com/es/recursoseducativos/1036042/los_silencios_musicales.htm
 





domingo, 18 de marzo de 2018

A MUIÑEIRA DE TRES NOTAS

Velaí vai un esquema rítmico ben sinxelo para descobrirmos e para xogarmos coas percusións corporais.


Seguimos a xogar co mesmo esquema e desta volta procuraremos dous timbres diferenciados para interpretalo




 Transformamos os ritmos corporais en ritmos verbais







O noso ritmo ímolo converter nunha melodía de tres notas: SOL, LA, SI b


Tocámola coa frauta. A nota SI b dixítase así:





Agora ven un breve descanso. Primeiro unhas gargalladas.


E agora un vídeo  


Sorpresa! Velaí a cabeceira da serie FARIÑA. E SI, hoxe aprendiches a tocala coa túa frauta. Velaquí  déixovos a partitura e a letra orixinais




domingo, 4 de marzo de 2018

SILENCIADAS. As mulleres na Historia da Música

Fai memoria: cantos nomes de compositoras, instrumentistas, directoras de orquestra ou pedagogas musicais coñeces?   A pregunta é ben doada de responder: NINGUNHA, verdade?!  Como moito saberás o nome dalgunha cantante ou dalgunha bailarina... e xa está... 
Pois isto é a consecuencia do SILENCIO que as mulleres sofrimos durante milenios. Silenciadas polas súas familias, agachadas nas súas casas ou entre as súas amizades, ignoradas polos investigadores e o público. Hoxe é moi difícil de resolver "cara atrás". Os milleiros de mulleres que tocaron para a súa xente, que inventaron e interpretaron melodías para entretelos, agasallalos, animalos, calmalos... que con agarimo ensinaron ós pequenos e pequenas da casa a cantar, a bailar ou a acompañarse dalgún instrumento... todas elas desapareceron cando morreron ás persoas que disfrutaron dos seus "saberes e habilidades"... aló estarán por sempre... esquecidas... SILENCIADAS.

Hoxe propóñovos recuperar o nome dalgunhas mulleres "senlleiras". A forza do seu traballo foi tal que, malia todo o que acabo de contar, conseguiron colarse na "memoria colectiva". Hoxe imos coñecer algúns dos seus nomes, a escoitar algunhas das súas composicións. Imoslle por rostro feminino á música sinfónica.


NANERL MOZART

Naceu nunha cidade da actual Austria. De nena percorreu pazos e castelos de toda Europa para entreter á monarcas e nobles. Cando comezou a medrar, a súa familia intentou ocultar os cambios do seu corpo, para simular que tiña menos anos. Tamén a súa familia apartouna dos circuitos artísticos e centráronse no apoio ó seu irmán.

Podes escoitar a súa música AQUÍ




INVESTIGA
* En que cidade naceu?
* En que datas viviu? 
* Que instrumento tocaba?
* En que estilo ou moda musical facía a súa música?
* Como se chamou o seu irmán?


Aprende cousas da súa vida aquí 
Moito máis tamén  aquí 



FANNY MENDELSSOHN 

 Naceu en Hamburgo, unha cidade na ribeira do Elba, no Norte da actual Alemania en 1805 cando Europa estaba en pleno proceso de transformación... pero non foi así da vida das mulleres. Pese a todo canto lle aconteceu, coñecemos moitas pezas musicais súas.

Podes escoitar a súa música AQUÍ





INVESTIGA
* Que instrumento tocaba?
* Por que razón foi "silenciada"?
* Houbo máis músicos na súa familia? Como repercutiu na súa vida?
* Cantas obras súas se coñecen hoxe?
* Que obra súa foi a música preferida da Raiña Victoria?

 Atoparás datos sobre a súa vida  aquí
E tamén aquí



CLARA WIECK 

 Tamén naceu en Alemania. Deu concertos desde os seus 9 anos. Foi unha extraordinaria intérprete e chegou a ser profesora nun prestixioso conservatorio.

Podes escoitar a súa música aquí

INVESTIGA
* En que anos viviu?
* En que instrumento foi unha virtuosa?
* Que persoas condicionaron a súa vida e a súa carreira profesional?
* En que traballaron esas persoas?

Atoparás datos da súa vida aquí
E tamén aquí



ALMA MAHLER 

Foi outra maravillosa muller música centroeuropea.
Naceu e medrou na Viena de principios do século XX, unha cidade plena de creatividade, ciencia, arte e artistas. Soubo romper convencionalismos, imposicións sociais e estereotipos para conseguir facer a súa vida ó seu xeito, relacionándose en libertade como lle pareceu.

Podes escoitar a súa música aquí




INVESTIGA  
* Que lle prohibía o seu contrato de matrimonio?
* Que é unha "copista"?
* Que é un "lieder"?
* Que pintores a retrataron?
* Que relación ten co famoso cadro "O Bico" de Klimt
Velaquí algunha información sobre ela
Máis datos da súa vida aquí
Outras informacións aquí 

luns, 8 de xaneiro de 2018

Xogos e xoguetes no maxín de Bizet

Os Reis Magos e Papá Noel viaxan cargados de xogos e xoguetes para nenos e nenas. Algúns compositores intentaron converter en música os xogos e os xoguetes dos cativos e cativas do seu tempo.

O francés George Bizet (aquí chamaríamoslle Xurxo) estaba moi ilusionado: a sua esposa esperaba un bebé. O maxín  deste músico enchíase de imaxes tenras con bebés, nenos, nenas, xoguetes infantís, nanas... E como era compositor  fixo o que mellor lle saía... Sentouse a escribir música. George Bizet hai case 150 anos intentou que a sua música suxerira distintas escenas nas que nenos e nenas xogan.

Escoita a primeira das suas pezas e presta atención. Velaquí queda a sua música ilustrada por un musicograma para que poidas seguila mellor. 


Lembras o movemento da música? Pois o compositor Bizet quixo representar un xoguete. Cal dos tres será?

Agora que xa decidiches de que xoguete se trata, poderás explicar que quere suxerir o compositor coa pasaxe musical que no musicograma está representado así:


 Usando palabras e expresións de Linguaxe Musical, como chamarías a ese pasaxe musical?

.....

Outra música e outro xoguete. Un rapaz e unha rapaza interpretan outra das composicións de Bizet. Tocan un piano "a catro mans". En canto mires a gravación xa te decatarás por que lle din así. En francés esta obriña titúlase "Berceuse" e tamén representa un xoguete. Escoita a obra en intenta descubrir cal dos tres é.



.....
Vai e ven, ven e vai. O piano describe un movemento. Alguén está a xogar. Alguén divírtese. Pero con que?  Descúbreo ti.





Poderías explicar, usando palabras e expresións axeitadas, que fai a música para suxerirmos o ir-e-vir?

.....
Nestoutra peza Bizet quixo representar dous cativos xogando con instrumentos musicais. Os pequenos xogan a seren unha orquestra. Escoitarás un piano, pero o son quere recordarnos outros instrumentos. Ponlle atención e escolle dous instrumentos de xoguete entre os que hai representados.



No vídeo que ves de ver, cantos instrumentos hai?  Cantas persoas tocan o instrumento? Sabes como lle chama a ese xeito de tocar?


 .....

Imos coa derradeira peza. Un final estupendo, marchoso e animado.  Que pensas ti que tiña no seu pensamento o noso benquerido Xurxo Bizet cando se lle ocorreu esta música?




.....

Agora que xa escoitaches todas as pezas, invítoche a reflexionar sobor elas. Unhas son máis lentas, outras máis rápidas. Fíxate no esquema e escolle para cada unha delas un animal segundo o "tempo" de cada unha. (Lembra que os músicos chámanlle tempo á velocidade da música).




domingo, 7 de xaneiro de 2018

WORLD MUSIC TOUR: Música de Aninovo en Austria e Portugal

Escomenzamos o ano viaxando a  dous lugares da nosa Europa que reciben xaneiro con MÚSICA.

A primeira parada farémola en Austria.


Na sua capital, a Orquesta Filarmónica de Viena ofrece cada primeiro de xaneiro un concerto  ó que acoden, moi elegantemente vestidas, persoas moi ricas de todo o mundo. As televisións de 90 paises retransmíteno en directo. Tamén TVE. Le moi atentamente a información do concerto deste ano que colgou na rede RTVE, e logo responde as distintas cuestións.

  1. Quen dirixiu o concerto este ano?
  2. Desde que ano se celebra este concerto?
  3. Ademais dos músicos e da sala, hai algo máis no espectáculo?
  4. Tradicionalmente, de quen é a música que sona neste concerto?  

No seguinte enlace atoparás información sobre  unha familia de músicos vieneses que conseguiron facer bailar as xentes de Europa desde hai 200 anos. Presta atención e resolverás as preguntas.


  1. Cal era o apelido desta familia tan musical? 
  2. Cantos deles foron compositores? Cantos tiveron orquesta propia?
  3. Cal deles compuso a música que bailan os noivos en tódalas bodas? 

 Tódolos anos hai duas obras que interpretan neste día. Unha é o vals "O Danubio Azul". Outra é a peza que pecha o concerto, na que o público acompaña á orquestra coas suas palmas seguindo as ordes do director. Velaquí tes a gravación do concerto de 2009 que dirixiu o arxentino Daniel Barenboim.


  1.  Cal é o título da obra que interpretan músicos e público?
  2. Que marcan coas palmadas? 
  3. Que indicacións lles da Barenboim ó público?

A  Filarmónica de Viena está considerada como unha das orquestras máis importantes do mundo. Investiga no seguinte enlace  estos dous interesantes aspectos:
  1. Por que ten ese "sonido" tan distinto a outras orquestras?
  2. A selección dos músicos desta orquestra é moi criticada? Por que? Cal é a túa opinión?

O Concerto de Aninovo de Viena celébrase na Sala Dourada do Musikverein. Velaquí tres salas de concertos ben famosas:  o Palau da Música de Barcelona, a Sala Dourada do Musikverein,  a Fenice de Venecia pero... que número de imaxe lle corresponde a cada unha delas?

1
 
2

3

.....
A segunda parada da nosa viaxe está en Portugal


Tamén as xentes de Portugal escomenzan o ano facendo música. Pero esta vez o son está nas ruas, nas prazas das vilas e aldeas. Non hai roupas elegantes, nin salóns de ricos pazos, nin músicos famosos. Pica nos enlaces e poderás descobrir outro xeito de escomezar o ano con música.



  1.  Explica en que consiste? Quen participa? Como se organizan? Que fan?
  2. Utilizan instrumentos? Cales?
  3. Cal é a orixe desta tradición?

No seguintes enlaces atoparás varios exemplos.





José Afonso (Zeca Afonso) foi un músico portugués moi coñecido. Cantaba as suas propias composicións, pero sempre estaba por baixo a música tradicional das xentes e dos lugares nos que viviu. "Natal dos Simples" é unha desas cancións e xa no primeiro verso explica de que música se trata. Velaquí deixo unha gravación para que poidades disfrutar da fermosísima voz deste cantor. Pero atención! haberedes de completar as palabras que faltan do texto.






No enlace que segue  poderás escoitar un deses cantos (janeiras) interpretado por MALVELA, o estupendo coro de mulleres de Mos (Pontevedra). Podes entoar con elas a cantiga porque ten a letra escrita en karaoke.



xoves, 23 de novembro de 2017

J.S. BACH "un río de música"


Johann Sebastian Bach (lembra que se pronuncia "BAJ") foi un dos mais grandes músicos de tódolos tempos. Viviu en Alemania hai máis de 300 anos. Velaquí uns datos sobre a súa vida:

 

Durante moitos anos as xentes de Leipzig poideron escoitar os coros de nenos que ensaiaba  e disfrutar na igrexa de San Nicolás as súas composicións como organista.
 Velaquí a Tocata e Fuga en RE menor, tal e como puideron escoitala os seus veciños.



BACH en alemán significa "regato", pero a música de Johann Sebastián é máis que iso... é un océano de sensacións (ou así lle pareceu ó mesmísimo Beethoven). As composicións de Bach engaiolan aos músicos contemporáneos. Escoita atentamente esta versión da Tocata e Fuga en RE menor.


E agora chega o tempo de "alucinar". Propóñovos VER e MIRAR esta peza de Bach. Para saboreala con intensidade é preciso que vos concentredes e sigades minuciosamente o movemento e as cores que se sucederán na pantalla.



Como xa sabedes, a Johann Sebastian gustáballe moitísimo o son dos instrumentos de corda frotada. Escribiu música para violonchelo e agora podes escoitala por un dos mellores violonchelistas: Rostropovich.



 Noutra páxina deste blogue poderás atopar dous vídeos de bailarines interpretando esta obra de J.S. Bach. Poderás disfrutalo se picas AQUÍ
Fixádevos o que fan Sting (guitarrista pop) e Alessandra Ferri con esta peza. A outra proposta é unha divertida e orixinal coreografía de Nacho Duato.


A PATINAXE SOBRE XEO é outro xeito de danza. Velaí queda o traballo dos patinadores J. Torvill e  C. Dean que bailan unha Sarabanda de J.S. Bach interpretada por Yo Yo Ma.



Sabemos que J.S. gostou moito da música vocal. Tivo unha preciosa voz, cantou en coros, ensaiou coros e compuso moita música para ser cantada. É por iso que, estou completamente convencida, disfrutaría moitísimo con esta "versión" que fan THE SWINGLE SINGERS dunha Fuga.