A ARCA DA MARGA.
A arca é o lugar onde as sensacións esperan, protexidas e quentes. Velaí están ata que alguén, con interese e curiosidade, abra a tampa e remexa na súa procura.
E que podes atopar? Pois as partituras, as cancións, as audicións, os vídeos, os xogos que usamos na rede, e outros enlaces con información útil.
Ó longo do século XX a música popular pasou por moitísimas transformacións. Velaquí déixovos o traballo de Manon e Louna, dúas rapazas coreanas que fan un estupendo repaso das músicas e as diferentes modas no baile popular desde 1920 ata hoxe. Disfrutade!
E agora a versión masculina de Ricardo Walker's Crew, unha compañía de danza que presenta o mesmo proxecto.
Levamos moitos meses en espacios reducidos. Precisamos movernos, e a música sempre é a mellor aliada. Rematamos o curso bailando con músicas do Século XX. Imos ter dous obxectivos:
Ademais de bailar, propóñovos completar o cadro seguinte cos datos que acompañan cada vídeo.
Cada unha das obras poderedes disfrutalas en dous vídeos. O primeiro será a versión "oficial", e o segundo é unha coreografía sinxela para que vos animedes a practicala na casa.
1º
Comezamos cun clásico: ELVIS PRESLEY foi quen de revolucionar a música e por en movemento as cadeiras de toda unha xeración. Unha das súas cancións máis coñecidas "O rock do cárcere" foi un éxito de 1957.
Velaquí vai unha coreografía ben doada para que practiques na casa.
2º
Gloria Gaynor foi unha das "raiñas da música disco". En 1978 conseguiu que no que soaban os primeiros acordes de "I will survive" as pistas das discotecas enchíanse de xente bailando sen medo. Velaí queda a versión oficial
E aquí vai unha versión de zumba
3º
Bobby McFerrin en 1988 fixo unha versión dunha canción que cantaba Bob Marley. Con mezcla de reggae e pop, "Don't worry be happy" é unha desas melodías que enrédanse nos miolos e non hai quen as saque. Disfruta dela
Velaquí unha sinxela coreografía
4º
ABBA é o nome dun grupo sueco que durante unha década encheu de cancións as discotecas, as pistas de baile, as verbenas e as festas familiares. Velaquí vai unha, de 1975. Tal foi o éxito desta xente que, 33 anos máis tarde, fixeron unha película con moitas das súas cancións e puxéronlle o nome desta que aquí vos deixo: "Mamma mia".
E aquí queda a coreografía
5º
BACKSTREET BOYS é unha banda de música POP dos anos 90 do século pasado. Escoitade esta canción "Everybody" de 1997.
O Hip - hop é unha cultura urbana que naceu nos barrios afroamericanos e latinos de Nova Iorque. Unha das súas formas é o baile. Aproveita para apender a bailalo.
6º
A colaboración de dúas personalidades extraordinarias da cultura POP da segunda metade do século XX decidiron xuntarse e 1985 nun proxecto común: DAVID BOWIE e MICK JAGGER. O resultado é este: " Dancing in the street".
Unha sinxela coreografía
7º
Twist significa “xirar, torcer ou enroscar" é así é como se baila: movendo pernas, cadeiras, ombreiros pero sen case mover os pes. Fillo do rock and roll, rapaces e rapazas disfrutaron moito con esta música a principios dos anos 60. Escoita a CHUBBY CHECKER cantar "The Twist" en 1960.
Anímate a bailar seguindo esta coreografía.
8º
Rematamos co REI DO POP: MAICHAEL JACKSON. Foi un neno prodixio que desde moi pequeniño viaxou polos escenarios de todo o mundo cantando e bailando cos seus irmáns (The Jackson Five). Disfrutade aquí cun dos seus traballo de madurez. En 1983 saiu ó mercado este "Billie Jean" que, ben seguro, non vos vai deixar quedos.
Atención!!! Nenos e nenas, familias, profes, comunidade educativa e... habitantes tod@s do mundo mundial... Poñédevos cómod@s porque...
Inauguramos o PALCO DO TEMPO VIRADO.
A partires de agora mesmo, poderán subir a este palco todas aquelas persoas que envíen GRAVACIÓNS EN VÍDEO seguindo as propostas que se fixeron desde este blogue... Perooooooooo, será requisito IMPRESCINDIBLE, que o nais/pais/responsabeis legais envíen tamén a arcadamarga@gmail.com unha AUTORIZACIÓN escrita que vos permita subir ó palco.
Nesta estrea disfrutaremos de varias actuacións estelares.
Abrimos o telón para XABI VÁZQUEZ de 6º C. Non perdades detalle porque Xabi é unha caixa de interesantísimas sorpresas.
Estades aplaudindo todavía, non si? Fixástedevos a "armónica" que argallou Xabi ? E que vos pareceu o dúo que fai co seu pai?
Pois seguimos co espectáculo. Atención!!! Preparáidevos para aplaudir porque sube o palco CAROLINA LOUREIRO de 5º B
Non volo esperabades!!! Carolina preparounos estupendo un "videoclip" co Pasodobre do Tempo Virado.
Agora é o tempo dun dúo. LUCÍA JIMÉNEZ (1º A) e o seu irmán HUGO (3ºB) divírtense ben xuntos e forman unha moi coordinada "parella de baile".
Continúa o espectáculo de hoxe; sube ó PALCO DO TEMPO VIRADO outro alumno de 6ºC. Trátase de MARTÍN RODRÍGUEZ que, resolveu co que tiña pola casa o seu instrumento e afinou moi ben a súa clara voz.
E agora poderedes escoitar o "sistro" que preparou VALENTINA ÁLVAREZ (5ºB) e que acompaña rítmicamente a súa doce voz.
E así pechamos por hoxe o telón deste PALCO DO TEMPO VIRADO. Lembrade que estará aberto para todas aquelas persoas que queirades enviar o voso VÍDEO e a AUTORIZACIÓN das vosas familias para vos subir nel.
Hoxe é día de festa. Logo de 6 semanas, hoxe 26 de abril poderedes saír a pasear e xogar polas rúas e parques. Con moito coidado. Mantendo as distancias, tomando todas as precaucións que vos recomenden.
Hoxe, mellor que ningún outro día das vosas vidas, entenderedes as emocións e sentimentos que experimentaron as portugues@s e italian@s cando conseguiron derrotar os gobernos fascistas que os oprimían e lles deixaran sen libertade. E así foi que o 25 de abril é unha data moi importante tanto en Italia como en Portugal.
Imaxinade, como para vos, foron momentos de alegría e de festa. A xente nas rúas , coas caras enchidas de sorrisos e con ganas de bailar. Pois iso. Hoxe imos bailar coma xente bailou nas rúas de PORTUGAL e ITALIA.
25 de abril de 1974: PORTUGAL baila CORRIDINHO
No CORRIDINHO o instrumento fundamental, o que leva a melodía e fai mover os pes é o acordeón (ou concertina en Portugal). Xa sabedes que a este aerófono chámanlle "o piano dos pobres" polas súas posibilidades sonoras e porque podes levalo a calquer lugar para facer festa. O CORRIDINHO é un baile de parellas, sempre agarradas e organizadas en roda.
Velaquí vos deixo a dúas rapazas quebailan na súa casa. Se vos fixades, comprobaredes que bailan dun xeito cando sona "o retrouso" (estribillo en castelán) e teñen movementos distintos cando sonan as distintas "estrofas".
Ben seguro que lle colléstedes gusto. Vouvos axudar a encher toda a vosa casa de festa. Velaí vai outro corridinho para que percorrades a cociña, o baño, a sala, o corredor dando voltas disfrutando desta música tan marchosa.
25 de abril de 1945: ITALIA baila TARANTELLA
A TARANTELLA é un baile típico italiano, sobre todo nas rexións do Sur. É un baile moi alegre, moi saltado, que se baila en parellas pero, bailadores e bailadoras teñen a libertade de facer moitos movementos ou combinacións coreográficas distintas. Sonan mandolinas e acordeóns e, moi frecuentemente levan pandeiretas nas mans e petan nelas durante o baile.
Velaí vos deixo a este grupiño bailando unha tarantella no parque. Fixádevos nos seus movementos. Están organizados en grupos de 4 (dúas parellas) colocadas uns fronte ós outros. Cada vez que sona "o retrouso" fan un pasos, e logo van cambiando según vai cambiando a música das distintas "estrofas".
Velaquí vos queda outra versión na que podedes viaxar no espacio (hai moitas fotos de lugares preciosos de Italia). Pero tamén poderedes viaxar no tempo (hai algunhas fotografías antigas de bailadores e bailadoras doutras épocas).
Intenta responder a estas cuestións:
1) En que familia de instrumentos clasificarías o acordeón?
2) Coñeces algún outro instrumento do folklore portugués?
3) Cal é o título da canción que representa a "revolución dos claveles" portuguesa? Quen foi o seu autor?
4) En que familia de instrumentos clasificarías a mandolina? E a pandeireta?
5) Cal é o título da canción que representa ós partisanos que venceron o fascismo italiano?
6) O mércores 29 de Abril é o Día Mundial da Danza. Pois pensa e investiga o nome de danzas tradicionais, tendo en conta que xa tes dúas: Corridinho, Tarantella...
Levamos tanto tempo metidiñ@s nas casas que hai perigo de quedar co corpo engoumado. É preciso moverse e para iso está a música.
Fíxate ben e imita os movementos. Podes bailar soiñ@ e aproveita para practicar o teu inglés. Somentes precisas que che deixen un aparato que teña que teña internet (tablet, teléfono, ordenador) e busca este enlace en youtube:
E agora un reto. Velaí un vídeo para descubrir as extraordinarias posibilidades sonoras das túas mans. Ánimo. Somentes son tres percusións que, combinadas, servirán para acompañar moitísimas cancións. Volve aa internet e practica:
RESISTIRÉ ben seguro que neste "Tempo Virado" tes escoitado e cantado esta canción mooooooooitas veces.
Promovido por Cadena 100, máis de 30 músicos decidiron unires no aillamento de cadansúa casa e, producidos por Pablo Cebrián conseguiron gravar este Resistiré tan participativo e solidario. Os cartos que consigan serán para Cáritas.
Imos xogar con ela. Velaí catro frases desa canción e, ó seu carón, catro ritmos ben distintos. Haberás de relacionar cada frase co ritmo que lle corresponde.
Agora prepárate para bailar. Imos aproveitar todo canto sabes de xeometría. Haberás de preparar unha coreografía coa canción RESISTIRÉ pero atención, o teu baile haberá de incluir a forma dun cadrado, dun triángulo e dun círculo. Pídelle a alguén da túa familia que te grave cun teléfono en envía a gravación ó e-mail da escola ó meu nome.
Se vos apetece seguir bailando "en familia" velaquí esta coreografía presentada nun interesante titorial.
Finalmente velaí deixo a letra desta canción, para que poidades cantala "en familia".
A historia de amor entre dous membros de familias inimigas e enfrontadas nun grave conflicto ten sido mil veces narrada. Shakespeare contouna en "Romeo e Xulieta" e, desde aquela, volve unha e outra vez adaptada á distintas épocas ou lugares. E así foi Leonard Bernstein, un compositor e director de orquestra norteamericano, decidiu situar nas rúas de Nova York a historia de amor entre membros de dúas cuadrillas rivais.
Esta nova versión de Romeo e Xulieta, WEST SIDE STORY, estrenouse como espectáculo musical nun teatro de Brodway en 1957. O éxito da obra levounos a rodar a película en 1961.
Nesta
versión, non hai familias, senón que son dúas cuadrillas enfrontadas:
pelexas, regueifas, discusións, amor tolo...nas rúas e terrazas dunha
inmensa cidade. A música é a peza fundamental para definir as dúas
cuadrillas. Os Sharks (portorriqueños, os inmigrantes)están representados pola música e os ritmos latinos, mentres que os Jets
(os fillos dos irlandeses, polacos e italianos) están representados polo Jazz. A película axudaranos a
reflexionar sobre a mestizaxe, o racismo, a inmigración, a fusión das distintas
culturas...
Jerome Robbins foi o coreógrafo,
exixente, que siempre persiguiu a naturalidade e a fluidez no movemento. Por eso, unha das dificultades de
bailar West Side Story é facelo de xeito que o público entenda o
baile como unha extensión do movemento propio das personaxes. É unha
coreografía que obriga ós actores e actrices a unha forma física digna de atletas olímpicos.
Unha das pezas con máis sona é AMÉRICA, un tema con ritmo de huapango mexicano. realmente é unha regueifa entre as rapazas defensoras das "bondades" da sociedade americana, e os rapaces que descreben os aspectos negativos. A peza é vertixinosa; rapaces e rapazas discuten ó tempo que cantan e bailan. Rítmicamente é un compás de amalgama que combina 6/8 e 3/4.
Velaí a escena
West side story
(1961)
Imos xogar co compás de amalgama que combina o 6/8 e o 3/4.
RITMOS PARA FACER UNHA TORTILLA FRANCESA
Cantando, aprenderemos hoxe a facer unha tortilla francesa.
1.-Abrimos o ovo
2.- Batémolo
3.- Fritímolo
4.- Comémolo
Velaí toda a secuencia
Agora transformamos os ritmos verbais en percusións corporais
Visionamos novamente a escena. Nesta versión temos unha tradución para comprender a conversación que manteñen. Prestade atención e marcade con algún aceno aqueles fragmentos nos que recoñecedes a música.
"América" co texto traducido
O baile son movementos organizados atendendo a música e ocupando un espacio. No cine atopamos moitos bailes inesquecibeis. Velaquí algúns deles. Esther Williams bailaba na auga na película:
Escola de Sereas
(1944)
Bailan nas gradas e cafes en:
Grease (1978)
Bailan os leñadores e as rapazas entre ás árbores das montañas en:
Sete noivas para sete irmáns
(1955)
Os limpadores bailan sobre os tellados londinenses na película:
Mary Poppins
(1964)
As traballadoras dunha fábrica bailan durante seu traballo na película danesa:
Dancer in the dark
(2000)
Bailan os invitados dunha boda indú a bordo dun barco:
Hoxe darémonos un paseo pola cidade de Berlín en 1930. Estamos no lusco e fusco. Rematamos o traballo, xa ceamos e precisamos un pouco de diversión. Tede en conta que:non hai tele, non hai vídeo, non hai ordenadores, nin netflix, nin facebook... e nin sequera podemos quedar cos amigos polo whasapp...Que facer? Pois podémonos achegar a un dos moitos CABARETS que hai pola cidade, esas "tabernas" nas que botas uns bailes coa música da orquestina, ou bebes algo mentres atendes (ou non) as actuacións de cantantes, bailarines e bailarinas, cómicos, malabaristas e outros artistas que amosan as súas habilidades e destrezas nun pequeno escenario.
A película que vos presento transcurre nun destes locais e daquela, ten moita música: as personaxes bailan e cantan, e as letras das cancións falan das cousas que lles acontecen ou preocupan. A este tipo de películas chamámoslles un "musical".
John Kander e Fred Ebb son as persoas responsábeis da "partitura" (música) e o "libreto" (letras das cancións). Pero nun musical, outro elemento fundamental é a "coreografía" (os bailes) e por iso encargáronlle esta película a un estupendo bailarín e coreógrafo: Bob Fosse.
Pero música, letra e bailes, precisan de alguén que saiba cantar e bailar con precisión e máis con encanto e isa foi a tarefa que desenvolveu brillantemente Liza Minelli.
Disfrutade do bo facer destes estupendos profesionais
CABARET (1972)
1. En que compás que está escrita? 2/4 3/4 4/4
2. Que familias instrumentais identificas? CORDA / VENTO / PERCUSIÓN Poderías concretar algún dos instrumentos que sonan?
3. Presta moita atención: a velocidade coa que se interpreta a música chamámoslle TEMPO. Pensas que esta canción sona cunha velocidade igual dende ó pricipio ata o fin, ou podes distinguir algunha variación no TEMPO?
Velaí deixovos a traducción da canción:
Por
que pecharte na habitación? Ven e decídete
A vida é
un cabaret sen máis
Imos ó cabaret. Basta de radio basoira e sofá Dalles un patada
A vida é un cabaret sen mais
imos ó cabaret. Bebe Champán goza do Jazz Dalle ó
tambor e con sorpresa Cada cal terá a súa mesa Basta de ouvir ó eterno chorón Que sofre sen ter por que
A vida é un
cabaret sen máis
Imos ó cabaret.
Eu fun amiga de Elsi. Canda ela
compartín un piso en Chelsea. Non era unha santa.
Alquilaba a súa entreperna e a súa gorxa. Morreu e a xente falou no seu velorio Así remata sempre unha boa troula.
Eu vina coma unha emperatriz Era a morta máis feliz que eu vira.
Penso nela así todo o día . Lembro cando xiraba e dicíame: Por que pecharte no cuarto? Ven pasalo ben.
A vida é un Cabaret sen máis. Imos ó Cabaret! E en canto
a mín E en canto a mín Decidínno aló en Chelsea Morrerei
feliz coma Elsi. O tempo voa entre o berce e a caixa Non é unha longa estadía A vida é un cabaret sen máis Só é un cabaret sen
máis Eu amo este Cabaret.
Hai moitas películas que contan historias que acontecen nun cabaret: velaquí déixovos dúas delas.
Johann Sebastian Bach (lembra que se pronuncia "BAJ") foi un dos mais grandes músicos de tódolos tempos. Viviu en Alemania hai máis de 300 anos. Velaquí uns datos sobre a súa vida:
Durante moitos anos as xentes de Leipzig poideron escoitar os coros de nenos que ensaiaba e disfrutar na igrexa de San Nicolás as súas composicións como organista.
Velaquí a Tocata e Fuga en RE menor, tal e como puideron escoitala os seus veciños.
BACH en alemán significa "regato", pero a música de Johann Sebastián é máis que iso... é un océano de sensacións (ou así lle pareceu ó mesmísimo Beethoven). As composicións de Bach engaiolan aos músicos contemporáneos. Escoita atentamente esta versión da Tocata e Fuga en RE menor.
E agora chega o tempo de "alucinar". Propóñovos VER e MIRAR esta peza de Bach. Para saboreala con intensidade é preciso que vos concentredes e sigades minuciosamente o movemento e as cores que se sucederán na pantalla.
Como xa sabedes, a Johann Sebastian gustáballe moitísimo o son dos instrumentos de corda frotada. Escribiu música para violonchelo e agora podes escoitala por un dos mellores violonchelistas: Rostropovich.
Noutra páxina deste blogue poderás atopar dous vídeos de bailarines interpretando esta obra de J.S. Bach. Poderás disfrutalo se picas AQUÍ
Fixádevos o que fan Sting (guitarrista pop) e Alessandra Ferri con esta peza. A outra proposta é unha divertida e orixinal coreografía de Nacho Duato.
A PATINAXE SOBRE XEO é outro xeito de danza. Velaí queda o traballo dos patinadores J. Torvill e C. Dean que bailan unha Sarabanda de J.S. Bach interpretada por Yo Yo Ma.
Sabemos que J.S. gostou moito da música vocal. Tivo unha preciosa voz, cantou en coros, ensaiou coros e compuso moita música para ser cantada. É por iso que, estou completamente convencida, disfrutaría moitísimo con esta "versión" que fan THE SWINGLE SINGERS dunha Fuga.
O ballet clásico é unha das modalidades de danza máis complexas. Non só as coreografías, senón os movementos do corpo están perfectamente establecidos. Imos averiguar algo sobre o ballet:
Os bailarines e bailarinas han de traballar moitísimo para conseguir a
perfección e exactitude dos seus movementos. Hai compañías, ademais de maravillarnos coa beleza dos seus corpos en acción, sorpréndennos coa imaxinación, a creatividade e o humor das suas montaxes. Velaí unha das mellores.
No seguinte vídeo, a bailarina leva zapatillas cun artiluxio electrónico que, en contacto co chan, rexistra a presión e os movementos. Deste xeito consegue "debuxar" as suas pegadas.
Escomenzamos xogando con ritmos. Imitamos e reproducimos con palmadas:
Moito máis sinxelo é o que haberemos de facer cos pés:
Organizados en dous grupos, cada grupo interpreta un esquema rítmico pero soarán ámbolos dous ó mesmo tempo. Se practicamos ben concentrados conseguiremos reproducir os dous ritmos á vez.
Engadiremos un novo esquema rítmico que faremos palmeando nas pernas:
Organizados en tres grupos tocaremos os tres esquemas rítmicos que soarán así:
Agora chega o tempo de xogar coas palabras. Buscaremos palabras que rimen:
CAFÉ - PÉ
ARROZ - VOZ
POMELO - DEDO
LENTELLAS - ORELLAS
Organizados en dous grupos, seguiremos xogando coas palabras. Desta vez vai ser pregunta e resposta: un grupo pregunta e o outro responde.
PREGUNTA: Fun ao mercado a buscar ... café / arroz / pomelo / lentellas
RESPOSTA: E unha formiguiña picoume nun ... pé / voz / dedo / orellas
Introducimos un retrouso logo de cada serie
Eu sacudín, sacudín, sacudín
pero a formiguiña non deixaba de subir
Engadimos unha melodía e convertiremos as rimas en canción:
Agora que xa aprendimos a melodía, imos a xogar coa grafía. Fai por poñer en orde os distintos fragmentos da partitura.
1
2
3
4
Poderías tocala coa túa frauta?
* Cantas notas distintas ten?
* Cal é a nota máis aguda? E a máis grave?
* Cal é a nota aguda máis curta? En que compás está?
O colectivo musical galego MARÍA FUMAÇA ten editada unha estupenda versión desta canción
Aprendida a canción na versión de María Fumaça, haberemos de disfrutala máis ainda se nos poñemos endanza. Organizados en parellas, veremos de inventar unha coreografía de percusións corporais para a parte cantada, "sacudíndonos" mutuamente durante o retrouso, e bailando "en muiño" na parte instrumental.
Pero esta é unha canción que cantan os meniños e meniñas do BRASIL, un país que está máis aló do Atlántico. Físicamente están moi lonxe, pero as suas xentes enténdense nunha lingua moi semellante á nosa.
Presta atención e fai por descubrir as semellanzas e diferencias coa cantiga de María Fumaça. Velaí vai un apuntamento para axudar na análise da canción.
* Como é o texto?
* Como é a melodía?
* Como é o "tempo"?
* Que instrumentos sonan?
Prestade atención a esta versión do QUINTAL MUSICAL. * Que instrumentos utilizan? * A que familias musicais pertencen? * Como se chama a técnica musical que utilizan no xilófono?