domingo, 31 de maio de 2020

BAILANDO O SÉCULO XX

Levamos moitos meses en espacios reducidos.  Precisamos movernos, e a música sempre é a mellor aliada. Rematamos o curso bailando con músicas do Século XX. Imos ter dous obxectivos:

Ademais de bailar, propóñovos completar o cadro seguinte cos datos que acompañan cada vídeo.



 Cada unha das obras poderedes disfrutalas en dous vídeos. O primeiro será a versión "oficial", e o segundo é unha coreografía sinxela para que vos animedes a practicala na casa.



Comezamos cun clásico: ELVIS PRESLEY foi quen de revolucionar a música e por en movemento as cadeiras de toda unha xeración. Unha das súas cancións máis coñecidas "O rock do cárcere" foi un éxito de 1957.



Velaquí vai unha coreografía ben doada para que practiques na casa.






Gloria Gaynor foi unha das "raiñas da música disco". En 1978 conseguiu que no que soaban os primeiros acordes de "I will survive" as pistas das discotecas enchíanse de xente bailando sen medo. Velaí queda a versión oficial



E aquí vai unha versión de zumba





Bobby McFerrin  en 1988 fixo unha versión dunha canción que cantaba Bob Marley. Con mezcla de reggae e pop, "Don't worry be happy" é unha desas melodías que enrédanse nos miolos e non hai quen as saque. Disfruta dela



Velaquí unha sinxela coreografía





ABBA é o nome dun grupo sueco que durante unha década encheu de cancións as discotecas, as pistas de baile, as verbenas e as festas familiares.  Velaquí vai unha, de 1975. Tal foi o éxito desta xente que, 33 anos máis tarde, fixeron unha película con moitas das súas cancións e puxéronlle o nome desta que aquí vos deixo: "Mamma mia".



E aquí queda a coreografía




BACKSTREET BOYS é unha banda de música  POP dos anos 90 do século pasado. Escoitade esta canción "Everybody" de 1997.


O Hip - hop é unha cultura urbana que naceu nos barrios afroamericanos e latinos de Nova Iorque. Unha das súas formas é o baile. Aproveita para apender a bailalo.




A colaboración de dúas personalidades extraordinarias da cultura POP da segunda metade do século XX decidiron xuntarse e 1985 nun proxecto común: DAVID BOWIE  e  MICK JAGGER. O resultado é este: " Dancing in the street".


Unha sinxela coreografía







 Twist  significa “xirar, torcer ou enroscar" é así é como se baila: movendo pernas, cadeiras, ombreiros pero sen case mover os pes. Fillo do rock and roll, rapaces e rapazas disfrutaron moito con esta música a principios dos anos 60. Escoita a CHUBBY CHECKER cantar  "The Twist" en 1960.


Anímate a bailar seguindo esta coreografía.







 Rematamos co REI DO POP: MAICHAEL JACKSON. Foi un neno prodixio que desde moi pequeniño viaxou polos escenarios de todo o mundo cantando e bailando cos seus irmáns (The Jackson Five). Disfrutade aquí cun dos seus traballo de madurez. En 1983 saiu ó mercado este "Billie Jean" que, ben seguro, non vos vai deixar quedos.


Bailade con estas rapazas tan animosas






Ningún comentario: