venres, 29 de maio de 2020

VI PALCO DO TEMPO VIRADO

Case rematando este curso, poderemos disfrutar  doutro grupo de artistas da nosa escola.

VI PALCO DO TEMPO VIRADO

Foron dos primeiros en enviarmos o seu vídeo hai xa moitas semanas. Os irmáns Seoane Ramallo (Xoán - 5ºA, Uxía - 2ºB, Asier - p.5 anos) prepararon a coreografía e fan voar o noso pasodobre sobre o ceo de Nova Iorque.



Gabriel Bouzas (5º A) sorpréndenos polo seu dominio instrumental. Escolleu unha base rítmica que lle gustou e lanzouse a tocar a melodía. Pola súa decisión e soltura sobre o instrumento sabemos que ten feito esto moitas veces.



Cambiamos de sonoridade. Atención porque entra un instrumento aparentemente simple, pero que os flamencos aprecian moito: O CAIXÓN. Marín Pereiro conseguiu un, sentouse enriba e aí o tedes, acompañando con xeito ó pasodobre para darlle unha nova cor.




Eva Outón (4º B) preparou un precioso tambor cunha lata. Fixádevos ben nos moitos detalles do seu traballo. Valente, atreveuse a acompañar o pasodobre cun ritmo acompasado.




E así rematamos a CHAMPADA  DE  PASODOBRE. Moitas grazas a todas as persoas que respondíchedes a esta proposta e enviáchedes os vosos vídeos.


Antes do pasodobre, cando empezou isto do confinamento e precisabamos forza e enerxía para afrontar os tempos duros que estaban por chegarmos,  cantabamos con ganas RESISTIRÉ desde fiestras e balcóns. Aproveitando o repaso de xeometría das titoras, eu propúxenvos  preparar  "unha coreografía sobre  a canción RESISTIRÉ na que se utilicen distintas formas xeométricas". Pois velaí van os vídeos das persoas que se animaron a compartir ó seu tempo, a súa creatividade,  e a súa intimidade.

Unai Vázquez (5º A) construíu figuras xeométricas e cubriuse con elas. Velaí está, animado, sorrinte transmitíndonos a súa enerxía.



Paula Pose (6º B) debuxa figuras xeométricas co seu corpo no salón da súa casa.



Mateo Docampo (6º C) baila decidido a superar o que lle poñan diante.



Xabi Vázquez (6º C) debuxa figuras xeométricas no espacio ó tempo que marca ritmos con percusións corporais.




Pechamos esta edición do PALCO DO TEMPO VIRADO, confiando que a enerxía que transmiten estes artistas vos sirva de estímulo para disfrutar da música en calquer ocasión e oportunidade.


Ningún comentario: