martes, 19 de maio de 2020

V PALCO DO TEMPO VIRADO

Desde agora mesmo na WEB DO CEIP SOFÍA CASANOVA queda aberto un atallo que vaivos levar dereitiñ@s ó PALCO DO TEMPO VIRADO. Fixádevos na web da escola. No apartado de música  atoparedes un novo elemento: a foto dun "palco de música". Se premedes nel atoparedes todas as actuacións do PALCO DO TEMPO VIRADO que se publiquen neste blogue. Velaquí a imaxe.


 Abrimos o V PALCO  DO  TEMPO  VIRADO

O palco de hoxe está cheiño de irmáns. Comezamos a función cunha rubia e un moreno, aprenderon a nosa cantiga e prepararon unha coreografía usando elementos de "atrezzo" para facela máis dinámica e divertida. Velaquí déixovos o traballo de Carla (2º A) e Nando García (5º B).
https://drive.google.com/open?id=1irqCBS_ZRb0-wBunNP5qd71fuPbsSLNX

Presentamos de seguido a unha lutier cun prometedor futuro como youtuber. Lúa Fernández (6ºC) fai unha completísima presentación do seu instrumento: amosa os materiais, explica o proceso de construcción polo miúdo e remata, como non, coa interpretación do noso pasodobre.

https://drive.google.com/open?id=1AZwidaTChohYhpemNzs2gmLKlFiAJg8n


Roi Fernández (6º A), exprésase coa mesma soltura que a súa irmá Lúa. Presenta o seu elaborado botellófono, explícanos o proceso de construcción e tamén interprétanos o pasodobre.

https://drive.google.com/open?id=17IIY6FtAf3sZonlGDO2qZfstmmWybrCM


Pousou o seu benquerido violín e procurou pola casa algo para petar, Gabriela Valerio (6º A), sube ó palco e ofrecenos a súa versión do pasodobre.

https://drive.google.com/open?id=1hJiFxJ5glEsciTKHNaUeW0-uiw0kB_ro


Un case nada, uns pasiños marcando unha coreografía na alfombra, aparece e desaparece... está aí... baila o pasodobre moi sorrinte e feliz facendo parella coa súa boneca. Prestade atención porque sube case ó tempo que baixa: é Yanira Asencio de 5º B.

https://drive.google.com/open?id=1HrkupVoxokekTR0ABnSrLHFus7ZKJS_J


Rematamos con outra bailadora. Cun bule bule no corpo, pero decidida a "dalo todo", Noa Emes (6º A) canta e  baila a súa coreografía para todos nós.

https://drive.google.com/open?id=133ELuWUmQ36OtyACHNOUfH9aM1r4zGX0

Pechamos o pano deste  V PALCO DO TEMPO VIRADO convencid@s das destrezas, habilidades e musicalidade deste estupendo alumnado. Grazas polo voso esforzo e colaboración. 
Este palco abrirá o seu pano se vós participades. Anímovos a seguir enviando os vosos vídeos "musicais"  á arcadamarga@gmail.com, pero lembrade que somentes poderemos poñelos no blogue coa autorización escrita (con DNI) das vosas familias.

Ningún comentario: