Agora,
cando xa podemos sair e argallamos as reunións e celebracións coa xente
querida, imos facer un repaso das cancións que escoitamos nas
"xuntanzas familiares", nas festas, nas tabernas. Todas esas músicas que
chegan a nós desde a memoria das persoas que nos precederon. Lembrade
que, como a terra, temos a responsabilidade e transmitírllela ás persoas
que virán despois de nós. Somos a ponte entre as persoas que estiveron e
as persoas que han vir e, polo tanto, haberemos de coidar e respetar o
que recibimos e, asemade, comunicárllelo así ás persoas do noso carón.
PARA FESTEIR@S DAS PRIMEIRAS PARRANDAS
Haberás de completar os cadros. Unha das filas do cadro xa está escrita; nela escribín O RETROUSO (o estribillo, en castelán) dunha cantiga popular galega. Haberás de descubrir O TÍTULO da cantiga. E logo, completarás o cadro facendo UN DEBUXO sobre a cantiga (algo que teña que ver coa canción).
PARA FESTEIR@S QUE XA COÑECEN A TROULA
Haberás de completar os cadros. Unha das filas do cadro xa está escrita; nela escribín O RETROUSO (o estribillo, en castelán) dunha cantiga popular galega. Haberás de descubrir O TÍTULO da cantiga. E logo, completarás o cadro facendo UN DEBUXO sobre a cantiga (algo que teña que ver coa canción).
PARA FESTEIR@S CON EXPERIENCIA EN ESMORGA
Pois velaquí vai a miña proposta. Hai dous cadros que haberás de completar. Unha das filas do cadro xa está escrita; nela escribín O RETROUSO (o estribillo, en castelán) dunha cantiga popular galega. Haberás de descubrir O TÍTULO da cantiga. E para facilitarte a pescuda, terás enlaces a vídeos. Completa o cadro poñendo o número do vídeo.
VÍDEO Nº 1
VÍDEO Nº 2
VÍDEO Nº 3
VIDEO Nº 4
VIDEO Nº 5
VÍDEO Nº 6
VÍDEO Nº 7
VÍDEO Nº 8
Se completaches o cadro, xa estás en disposición de solucionar o xogo que te propoño. Velaquí vai o enlace.
Ningún comentario:
Publicar un comentario