Amosando publicacións coa etiqueta Xogos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xogos. Amosar todas as publicacións

venres, 11 de decembro de 2020

ROTEIRO POLO MUNDO NO TEMPO DE NADAL

 O Solsticio de Inverno é unha celebración importante. Nos paises de tradición "cristiana" transformouse no NADAL, e sempre vai acompañado de música específica. Hoxe propóñovos unha viaxe musical por distintos paises de "tradición cristiana". Escoitaredes un fragmento dun villancico ou canto de nadal dun país e haberedes de descubrir de que lugar se trata. Pero NON atoparedes o nome do país, senón unha imaxe dalgún elemento característico que o vai  representar.

Velaquí o listado de paises e as imaxes que os representan:

Perú - alpaca                Nueva Zelanda - Kiwi (paxaro e froito)                Suecia - aurora boreal 

Alemania - salchichas, bretzel e cervexa             Francia - croisant            Reino Unido - autobús

Cuba - coche antigo                Euzkadi - surfista en Mundaka                       Nigeria - volvoretas

Rusia - matrioskas                       Austria - bailando vals                   Cataluña - dragón de Gaudí 

Portugal - fachada con azulejos                    Brasil - disfraces de carnaval                Italia - pizza

Grecia - ruinas e mar                        Canadá - totem indio                        Polonia - casas pintadas

 

* Por certo, esta é unha estupenda oportunidade para descubrirmos algunhas curiosidades...  Sabes que é unha "aurora boreal"?...  Que lles pasa as "volvoretas" de Nigeria?... Por que en Cuba teñen "coches tan antigos"?...  Que relación ten Cataluña co "dragón"?... Por que "o surf" pode representar a Euzkadi?


Agora intenta relacionar cada fragmento musical coa imaxe que lle corresponde 



xoves, 10 de decembro de 2020

ANIMADOS DURANTE UN SÉCULO

Ben seguro que tedes algunha serie de debuxos animados preferida. Propóñovos facer un percorrido pola programación infantil do século XX. 

Teredes que relacionar as distintas sintonías e/ou cabeceiras de debuxos animados ou programas infantiles, coa imaxe dos seu protagonistas.

Para resolver este xogo precisaredes a axuda das persoas maiores que teñades no voso arredor. Botade man de nais - pais - tías - tíos - avoas - avós... e, ademais de disfrutar moito, descubriredes "ó nenos e nenas que foron".

Para facilitares o xogo, están organizados en dous taboleiros distintos. Velaí o primeiro:

ANIMADOS   I

 


 

ANIMADOS DURANTE UN SÉCULO  II

 


 

xoves, 14 de maio de 2020

CANCIONEIRO FESTEIRO

Agora, cando xa podemos sair e argallamos as reunións e celebracións coa xente querida, imos facer un repaso das cancións que escoitamos nas "xuntanzas familiares", nas festas, nas tabernas. Todas esas músicas que chegan a nós desde a memoria das persoas que nos precederon. Lembrade que, como a terra, temos a responsabilidade e transmitírllela ás persoas que virán despois de nós. Somos a ponte entre as persoas que estiveron e as persoas que han vir e, polo tanto, haberemos de coidar e respetar o que recibimos e, asemade, comunicárllelo así ás persoas do noso carón.

PARA FESTEIR@S DAS PRIMEIRAS PARRANDAS

Haberás de completar os cadros. Unha das filas do cadro xa está escrita; nela escribín O RETROUSO (o estribillo, en castelán) dunha cantiga popular galega. Haberás de descubrir O TÍTULO da cantiga. E logo, completarás o cadro facendo UN DEBUXO sobre a cantiga (algo que teña que ver coa canción).







 PARA FESTEIR@S  QUE  XA  COÑECEN  A  TROULA 


Haberás de completar os cadros. Unha das filas do cadro xa está escrita; nela escribín O RETROUSO (o estribillo, en castelán) dunha cantiga popular galega. Haberás de descubrir O TÍTULO da cantiga. E logo, completarás o cadro facendo UN DEBUXO sobre a cantiga (algo que teña que ver coa canción).








PARA FESTEIR@S  CON EXPERIENCIA  EN  ESMORGA

Pois velaquí vai a miña proposta. Hai dous cadros que haberás de completar. Unha das filas do cadro xa está escrita; nela escribín O RETROUSO (o estribillo, en castelán) dunha cantiga popular galega. Haberás de descubrir O TÍTULO da cantiga. E para facilitarte a pescuda, terás enlaces a vídeos. Completa o cadro poñendo o número do vídeo.




VÍDEO Nº  1



VÍDEO  Nº  2




VÍDEO Nº  3




VIDEO  Nº  4




VIDEO  Nº  5




VÍDEO Nº  6




VÍDEO  Nº  7




VÍDEO Nº 8




Se completaches o cadro, xa estás en disposición de solucionar o xogo que te propoño.  Velaquí vai o enlace. 


https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5748086-cancioneiro_galego.html

xoves, 7 de maio de 2020

ENREDOS PARA UN TEMPO VIRADO

Velaquín un novo lote de propostas para divertirse e aprender cousas de música e/ou músicos.

Quedarán organizadas en tres bloques de máis sinxelos a máis complicados; bloques que coinciden cos tres ciclos de Primaria. Pero anímate e intenta facer todos cantos enredos poidas.

Para comezar cos ENREDOS









Para coller soltura cos ENREDOS




Preparei un CALDO e deixei agachados entre  as  letras os instrumentos que vedes debuxados  abaixo. A ver se sodes quen de atopalos.






Para ser expert@ en ENREDOS









domingo, 19 de abril de 2020

O RITMO NAS MANS no Tempo Virado

Hoxe propóñovos exercitar a atención, a concentración, a memoria, xogando cunha música que vos guste.

Buscade catro folios de cores, ou calquer outro material pero fixádevos como están colocados na mesa da imaxe para poñelos igual. Escollede a música e... a xogar a imitar (ECO, como decimos en música).





Como levamos moito tempo na casa, precisamos ver mundo. Coa canción que segue podemos viaxar (mental e emocionalmente) a África. Acompañade moi atent@s ó ritmo das palmadas... hai momentos de "certa" dificultade.



domingo, 13 de xaneiro de 2019

LUCES, CÁMARAS, ACCIÓN... Casablanca

 As películas tratan das cousas que lle preocupan a xente. En 1942 o mundo estaba dividido en dous bloques enfrentados nunha Guerra Mundial e, daquela, moitas películas falaban da guerra. A acción transcurre en Casablanca, é unha cidade marroquí na costa de atlántica de África que servíu de punto de saída a moitos europeos que fuxían da guerra. Na trama mistúranse militares da Gestapo, heroes da resistencia, buscavidas con historias de amor e desamor.
Rodada completamente nun plató, é unha das películas máis famosas da historia do cine.



   
Millóns de persoas houberon de deixar para sempre ó seu país, ás suas xentes fuxindo das guerras que destrozaron Europa na primeira metade do século XX. Moitas destas persoas, atoparon traballo na industria cinematográfica americana. MAX STEINER, o responsable da música de Casablanca foi un deles. Este estupendo músico, que naceu en Austria, foi quen de cambiar o xeito de facer música para as películas. Escollía un fragmento musicai para identificar a personaxes, situacións  ou lugares e repetía ese fragmento cada vez que a acción o pide. Nesta película utilizou dúas melodías que xorden unha e outra vez: o himno francés "A Marsellesa" que representa a loita da Resistencia contra os nazis, e a canción 
"As time goes by" que representa a historia de amor entre Rick e Ilsa. Por certo, a Max Steiner non lle gustaba nada de nada esta canción (que ademáis non era súa), intentou cambiala por outra, pero xa non foi posible volver a rodar a escena do bar.
Velaí a famosísima "escena do piano" na que sona a canción de amor de Rick e Ilsa.
 




Presta moita atención. Afina o teu ouvido para identificar esa melodía nesta "Suite" que recolle distintos fragmentos musicais da película. 


* Cantas veces recoñeces a canción "As time goes by"?
* Cantas veces recoñeces "A Marsellesa"?





 Agora que xa coñeces a melodía, identifica e ordena os distintos fragmentos da partitura:

1

2


3
 
 
4

5

6



Velaquí a partitura completa.







luns, 2 de abril de 2018

Teoría e Linguaxe Musical

Velaí  enlaces para coñeceres conceptos básicos da Teoría da Música e da Linguaxe Musical

http://es.tiching.com/link/76523


Velaí un TEST de SIGNOS MUSICAIS para que botes contas do que aprendiches

https://www.goconqr.com/es-ES/p/6861848-Test-de-signos-musicales-quizzes


Outro enlace para que practiques ALTURA dos sons e a lectura das NOTAS no pentagrama



No vindeiro enlace practicarás a DURACIÓN dos sons e o Valor das FIGURAS




https://es.educaplay.com/es/recursoseducativos/1036044/valor_de_las_figuras.htm

Poderás practicar a DURACIÓN dos SILENCIOS

https://es.educaplay.com/es/recursoseducativos/1036042/los_silencios_musicales.htm
 





mércores, 22 de marzo de 2017

CANTIGAS VELLAS para rimar, afinar e xogar.

As cantigas que velaí deixo escoiteillelas e aprendinnas da miña nai,  e ela escoitoullelas e aprendeunas da súa... En castelán ou"galeguizadas" son cantigas para xogar.



A mesma melodía, con pequenas variacións de ritmo atendendo ao texto, é un xogo que combina atención e coordinación motriz: "ANTÓN PIRULERO". 
A persoa que dirixe o xogo (a nai) canta e acompáñase de movementos que recorden actividades (clavar, pintar, coser, tocar distintos instrumentos, plantar, cortar...). O grupo haberá de imitar os acenos, que a nai irá cambiando. A "nai" vixiará que sexan exactos. No caso de trabucarse repetidamente haberá que "pagar a prenda" que o grupo decida.


Velaí unha versión "pop"



Para xogar cos nomes e virar "na roda" vai a cantiga "JOSÉ SE LLAMABA EL PADRE".
Luis - Luisa
Manuel - Manuela
Ramón - Ramona
Juan - Juana
Pedro - Petra

Collidos das mans, o grupo xira nunha roda levando o pulso nos pés e cambiando a dirección do xiro en cada "nova familia".

Velaí queda a versión de Rosa León nos anos 80.




"A MI BURRO" é unha canción para xogar coas rimas, o movemento e a memoria. Aprendido o ritmo e a melodía, proporemos ao noso alumnado inventar a letra da canción. Haberá que buscarlle o xeito e completar cada estrofa. Faremos unha relación de "partes do corpo" e iremos completando a canción. Para cada estrofa engadiremos un aceno de xeito que, ademais de axudarnos a recordar o texto configure unha "coreografía".

Garganta - rodillas - nariz - orejas - barriga - dientes
 Velaí distintas versións. Intenta identificar en que se diferencian da que nos aprendimos.

Versión acústica



Versión rítmica


xoves, 14 de abril de 2016

UN BOLERO ASTUR-GALAICO

O BOLERO é unha cantiga, é un baile, é un xogo... co que disfrutaron as rapazas e os rapaces da Mariña dende antigo. Hei de vos comentar que "A Mariña" é a parte de costeira de Galicia que está a carón de Asturias. Pois iso, nesa zona cantaban e bailaban O BOLERO, e alí mesmo, nunha desas aldeas foi que os músicos de Chouteira o adeprenderon e decidiron cantalo polos palcos do país.


O que di a cantiga:

Pra baila-lo bolero
non fai falta maña
escolle-la parella
con moita elegancia.

Baila meu bolero
boleiriño baila,
baila meu bolero 
bolero da ialma

Bolero da aialma
bolero divino (bis)
Baila o meu bolero 
bailao comigo (bis)

venres, 20 de novembro de 2015

BEETHOVEN, música desde o silencio

Un breve achegamento a Beethoven, ese alemán que conseguiu transformar o seu terrible silencio en MÚSICA.

Na biblioteca da Aula de Música temos varios libros sobre este compositor:


Para descubrir máis cousas sobre Ludwig podes achegarte ao seguinte enlace. Percorre o seu escritorio e poderás escoitar a súa música ou atopar información sobre a súa música, os seus estudos, os seus amigos, os seus amores, a súa vida cotiá... e ainda facer un web-rally con preguntas.

a casa de beethoven

Hai varios "biopics" sobre a vida de Ludwig Van Beethoven. Velaí unha escea da película COPIANDO  A BEETHOVEN (Copying Beethoven) na que, además de escoitar a IX SINFONÍA, poderás comprobar como era unha sala de concertos no seu tempo.


 Nestoutro enlace poderás tocar no teclado duas partituras súas:
A Oda a Alegría, ou Para Elisa. 

partituras Beethoven

 Se queres tocar O Himno a Alegría coa túa frauta doce, velaí queda a partitura.
E tamén o enlace onde poderás practicar a dixitación.


Finalmente, disfruta con esta flashmob nunha praza da vila catalana de Sabadell.
















mércores, 18 de novembro de 2015

INSTRUMENTOS MUSICAIS

Velaí algunhas actividades para practicar o que aprendiches sobre os instrumentos musicais.

* Identifica, explica, relaciona, ordena, agrupa... e moito máis

 LIM


* Relaciona cada instrumento coa súa familia

 Xogo 1


* Resolve este encrucillado visual

 encrucillado

mércores, 16 de setembro de 2015

XAN DE OUTEIRO, unha cantiga para xogar

XAN DE OUTEIRO


Velaí unha cantiga para xogarmos e divertirmos.
Aprendemos un ritmo que interpretamos con percusións corporais.

Memorizamos o texto: 
Aproveitamos o texto e facemos xogos rítmicos por parellas (palmeando), e tamén facemos xogos rítmicos en roda (desplazamentos).

Inventamos novas estrofas seguindo este esquema: pensaremos noutras parellas de animais (macho e femia) inventándolles nomes que rimen.
Transformamos o ritmo nunha melodía e memorizamos a canción.

 Xan de Outeiro






xoves, 29 de maio de 2014

LIMPEZA DE OUVIDOS 3

Máis propostas para divertirte ao tempo que te entrenas en diferenciar sons.


Somentes un dos vermes soa  coa mesma ESCALA que o teclado de cogomelos. Da con él.


 VERMES



Leva a cada indio onde cadansúa canoa


 INDIOS



Leva cada coche de carreiras á pista que lle corresponde


 COCHES




Descobre a posición de cada dinosaurio


 DINOSAURIOS