domingo, 14 de maio de 2017

O BOSQUE MUSICAL de ÁRBORES XENEALÓXICAS


Tódolos anos percorremos un frondoso BOSQUE MUSICAL plantado polo alumnado de 5º de Ed. Primaria e as súas familias. 
O proceso empeza en Decembro, cando arrinca a convocatoria e hai que escomenzar a organizar o traballo de investigación. Remata en Febreiro, xusto despois do Entroido, coa presentación dos resultados obtidos. 
Cada alumno/a haberá de elaborar a súa "Árbore Xenealóxica Musical", indagando nos gustos musicais dos seus familiares. 
Bases:
  • Un mínimo de tres xeracións, sen límite de integrantes
  • Gravacións ou enlaces das obras incluidas (para xustificar telas escoitado)
  • Elaboración "coidada" dunha presentación plástica da Árbore Xenealóxica Musical Familiar nun tamaño A3
  • Presentación individual da Árbore ao grupo clase,  explicación dos detalles do proceso e audición de obras seleccionadas (a máis rara, a máis interesante, a que máis nos gusta...


Velaí queda un vídeo para que disfrutedes dun paseo polo noso bosque

arbore xenealoxica

venres, 12 de maio de 2017

WORLD MUSIC TOUR: MOLDAVIA. Aprendendo ruso con Anghelina e Masha.

Anghelina Malachli engaiolounos coa música de MOLDAVIA, o país da súa familia.


Recitounos un poema en ruso e disfrutamos moito cunha das súas cancións favoritas:
"Tuki tuki" interpretado por Kristal
 
цуки цуки кристалл


Tróuxonos un libro no que poidemos descubrir un dos seus contos preferidos: as aventuras dunha cativa que atopa unha casa no bosque na que vive un oso moi especial. Leeunos algunhas páxinas e foi ben interesante porque non entendiamos nada do que dicía. Ademais aprendimos que o ruso escrébese cunhas letras ben raras que lle chaman "alfabeto cirílico". 
A pequena do conto chamábase Masha e na rede atopamos distintos vídeos de "Masha e o oso"... Estupendo! 
Escollemos un deles porque é unha aventura sobre música e os instrumentoa musicais. Como falan en ruso, Anghelina foinos traducindo o que dicían as persoaxes.


Nestroutro, Masha e mailo Oso enrédanse coa música electrónica e o rock

 

Na biblioteca da nosa Aula de Música descubrimos un conto popular ruso que narra a historia dun neno que se atopa cunha bruxa que vive na ribeira do río onde el vai pescar... Escoitando o CD aprendimos unha antiga canción rusa e coñecimos dous instrumentos moi peculiares: a balalaika e o acordeón.


xoves, 11 de maio de 2017

BALLET. A MORTE DO CISNE

O ballet clásico é unha das modalidades de danza máis complexas. Non só as coreografías, senón os movementos do corpo están perfectamente establecidos. Imos averiguar algo sobre o ballet:
BALLET


 Os movementos básicos


E as posicións básicas


Os bailarines e bailarinas han de traballar moitísimo para conseguir a perfección e exactitude dos seus movementos. Hai compañías, ademais de maravillarnos coa beleza dos seus corpos en acción, sorpréndennos coa imaxinación, a creatividade e o humor das suas montaxes. Velaí unha das mellores.

 ballet trocadero


 trocadero. pas de quatre

No seguinte vídeo, a bailarina leva zapatillas cun artiluxio electrónico que, en contacto co chan, rexistra a presión e os movementos. Deste xeito consegue "debuxar" as suas pegadas.
Debuxando a danza

 debuxando a danza

A coreografía visualiza a música... as distintas músicas...
Bach + Sting + danza


Bach + Duato + danza



mércores, 10 de maio de 2017

REFUGALLO SONORO 2017

Velaí queda a "memoria visual" dos instrumentos que construiron EN FAMILIA o alumnado de 4º e 6º de Ed. Primaria. Grazas pola estupenda acollida deste proxecto que somentes pretende sensibilizar sobre dúas premisas:

* O mundo sona, e cada quén haberá de procurar os instrumentos, as melodías e as armonías da súa música.
* Viviremos mellor se aplicamos a imaxinación e a creatividade en recuperar o que desprezamos.

 PICA NA IMAXE

refugallo2017


 Ou pica aquí:   Refugallo 2017