Tódolos anos percorremos un frondoso BOSQUE MUSICAL plantado polo alumnado de 5º de Ed. Primaria e as súas familias.
O proceso empeza en Decembro, cando arrinca a convocatoria e hai que escomenzar a organizar o traballo de investigación. Remata en Febreiro, xusto despois do Entroido, coa presentación dos resultados obtidos.
Cada alumno/a haberá de elaborar a súa "Árbore Xenealóxica Musical", indagando nos gustos musicais dos seus familiares.
Bases:
- Un mínimo de tres xeracións, sen límite de integrantes
- Gravacións ou enlaces das obras incluidas (para xustificar telas escoitado)
- Elaboración "coidada" dunha presentación plástica da Árbore Xenealóxica Musical Familiar nun tamaño A3
- Presentación individual da Árbore ao grupo clase, explicación dos detalles do proceso e audición de obras seleccionadas (a máis rara, a máis interesante, a que máis nos gusta...
Velaí queda un vídeo para que disfrutedes dun paseo polo noso bosque
Ningún comentario:
Publicar un comentario