venres, 12 de maio de 2017

WORLD MUSIC TOUR: MOLDAVIA. Aprendendo ruso con Anghelina e Masha.

Anghelina Malachli engaiolounos coa música de MOLDAVIA, o país da súa familia.


Recitounos un poema en ruso e disfrutamos moito cunha das súas cancións favoritas:
"Tuki tuki" interpretado por Kristal
 
цуки цуки кристалл


Tróuxonos un libro no que poidemos descubrir un dos seus contos preferidos: as aventuras dunha cativa que atopa unha casa no bosque na que vive un oso moi especial. Leeunos algunhas páxinas e foi ben interesante porque non entendiamos nada do que dicía. Ademais aprendimos que o ruso escrébese cunhas letras ben raras que lle chaman "alfabeto cirílico". 
A pequena do conto chamábase Masha e na rede atopamos distintos vídeos de "Masha e o oso"... Estupendo! 
Escollemos un deles porque é unha aventura sobre música e os instrumentoa musicais. Como falan en ruso, Anghelina foinos traducindo o que dicían as persoaxes.


Nestroutro, Masha e mailo Oso enrédanse coa música electrónica e o rock

 

Na biblioteca da nosa Aula de Música descubrimos un conto popular ruso que narra a historia dun neno que se atopa cunha bruxa que vive na ribeira do río onde el vai pescar... Escoitando o CD aprendimos unha antiga canción rusa e coñecimos dous instrumentos moi peculiares: a balalaika e o acordeón.


Ningún comentario: