Amosando publicacións coa etiqueta ACTIVIDADES TEMPO VIRADO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ACTIVIDADES TEMPO VIRADO. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de xuño de 2020

VIII PALCO DO TEMPO VIRADO

Este ano tan raro imos montar tamén o noso REFUGALLO SONORO. Esta convocatoria presenta algunhas peculiaridades. Puidemos disfrutar de moitos dos instrumentos nos vídeos que xa subiron ós PALCOS anteriores. Pero outras persoas decidíchedes enviar fotos do voso instrumento. Aproveitaremos este PALCO DO TEMPO VIRADO para facer unha "exposición virtual". Comecemos.

 
 
A quena de Erica Galvís (6º C)

O tambor de Izan Coelho (4º B)


 
 Os tambores de Sergio Alborés (4º B)
 A quena de Martín Rodríguez (6º C)


 
 
 A guitarra de Adrián Vieites (6º B)
O tambor tibetano de Uxía Suárez (6º C)


 A batería de potas e testos de Brenda Calviño (1º B) e a súa irmá



O proceso de construcción do metalófono de Xian Quintela (6º C) aproveitando as placas do "perchófono" que presentara no Refugallo Sonoro de 2018.

 



xoves, 21 de maio de 2020

Feliz Aniversario, Ludwig Beethoven

Ludwig Beethoven é un deses nomes que coñecemos. Son famosos. Como Napoleón, Cleopatra, Leonardo da Vinci... sabemos deles como se fosen parentes lonxanos. Este ano estamos de celebración con Ludwig, o noso curmán alemán Lois Beethoven.  
Propóñovos un VIDEO QUIZZ para comprobar o que lembramos deste home ó que este curso tanto temos escoitado e do que tanto temos falado.

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5843074-beethoven_historia_e_musica.html




A Oda a Alegría que Ludwig Beethoven incluiu na súa 9ª Sinfonía é unha obra tan importante na nosa cultura que foi escollida como Himno da Unión Europea.  Velaí tes a partitura para frauta que xa tes tocado na escola pero esta vez corteina e remexín os anacos coma se fora un puzzle;  terás que ordenar as oito pezas nas que a dividín.



sábado, 16 de maio de 2020

PASAPALABRA CULTURA MUSICAL GALEGA

O 17 de maio e Galicia celebramos a nosa herdanza. Facemos festa porque as persoas que viviron antes agasalláronnos cun xeito de entender a vida e de transmitila: A FALA. Herdamos un idioma e, como ben sabedes, un idioma non son un conxunto de palabras, senón que é unha estructura mental que sérvenos para organizar o pensamento. Pois iso, como estamos de festa propóñovos refrescar cousas da nosa cultura.   Hai uns días deixeivos  na caixadexogos.blogspot  un xogo de  PASAPALABRA sobre  CULTURA MUSICAL GALEGA. Velaquí está o enlace.

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5619997-cultura_musical_galega.html



Prepareivos tamén a versión para imprimir que está colgada na wed da escola. Velaquí está.







Velaquí déixovos as solucións



xoves, 14 de maio de 2020

CANCIONEIRO FESTEIRO

Agora, cando xa podemos sair e argallamos as reunións e celebracións coa xente querida, imos facer un repaso das cancións que escoitamos nas "xuntanzas familiares", nas festas, nas tabernas. Todas esas músicas que chegan a nós desde a memoria das persoas que nos precederon. Lembrade que, como a terra, temos a responsabilidade e transmitírllela ás persoas que virán despois de nós. Somos a ponte entre as persoas que estiveron e as persoas que han vir e, polo tanto, haberemos de coidar e respetar o que recibimos e, asemade, comunicárllelo así ás persoas do noso carón.

PARA FESTEIR@S DAS PRIMEIRAS PARRANDAS

Haberás de completar os cadros. Unha das filas do cadro xa está escrita; nela escribín O RETROUSO (o estribillo, en castelán) dunha cantiga popular galega. Haberás de descubrir O TÍTULO da cantiga. E logo, completarás o cadro facendo UN DEBUXO sobre a cantiga (algo que teña que ver coa canción).







 PARA FESTEIR@S  QUE  XA  COÑECEN  A  TROULA 


Haberás de completar os cadros. Unha das filas do cadro xa está escrita; nela escribín O RETROUSO (o estribillo, en castelán) dunha cantiga popular galega. Haberás de descubrir O TÍTULO da cantiga. E logo, completarás o cadro facendo UN DEBUXO sobre a cantiga (algo que teña que ver coa canción).








PARA FESTEIR@S  CON EXPERIENCIA  EN  ESMORGA

Pois velaquí vai a miña proposta. Hai dous cadros que haberás de completar. Unha das filas do cadro xa está escrita; nela escribín O RETROUSO (o estribillo, en castelán) dunha cantiga popular galega. Haberás de descubrir O TÍTULO da cantiga. E para facilitarte a pescuda, terás enlaces a vídeos. Completa o cadro poñendo o número do vídeo.




VÍDEO Nº  1



VÍDEO  Nº  2




VÍDEO Nº  3




VIDEO  Nº  4




VIDEO  Nº  5




VÍDEO Nº  6




VÍDEO  Nº  7




VÍDEO Nº 8




Se completaches o cadro, xa estás en disposición de solucionar o xogo que te propoño.  Velaquí vai o enlace. 


https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5748086-cancioneiro_galego.html

xoves, 7 de maio de 2020

ENREDOS PARA UN TEMPO VIRADO

Velaquín un novo lote de propostas para divertirse e aprender cousas de música e/ou músicos.

Quedarán organizadas en tres bloques de máis sinxelos a máis complicados; bloques que coinciden cos tres ciclos de Primaria. Pero anímate e intenta facer todos cantos enredos poidas.

Para comezar cos ENREDOS









Para coller soltura cos ENREDOS




Preparei un CALDO e deixei agachados entre  as  letras os instrumentos que vedes debuxados  abaixo. A ver se sodes quen de atopalos.






Para ser expert@ en ENREDOS









mércores, 29 de abril de 2020

GREGUERÍAS MUSICAIS: Ramón Gómez de la Serna e Chema Madoz

Ben sei que o alumnado de sexto está a percorrer nestes días as GREGUERÍAS escritas por Ramón Gómez de la Serna, un señor moi ocurrente que decidiu expresar as súas observacións e reflexións en frases moi breves nas que mestura o humor coa metáfora e todo sobre unha estupenda base de intelixencia.

Pois que non se diga que non vos axudo a coñecer os traballos dunha persoa tan interesante. Velaquí vos deixo varios  xeroglíficos que montei coas súas greguerías. Espero que me enviedes as solucións ó correo de sempre (arcadamarga@gmail.com)








Chema Madoz é un fotógrafo contemporáneo español que utiliza a súa cámara do mesmo xeito que Gómez de la senra utilizaba o seu bolígrafo. Non fai retratos de persoas, nin paisaxes, nin reportaxes de eventos... Chema Madoz fai "poesía visual". Utilizando obxectos da vida cotiá fai composicións aparentemente sinxelas, case simples, en branco e negro... pero cando as miramos e as pensamos, non só conseguen roubarnos un sorriso (as veces ata unha gargallada), senón que nos descubren aspectos ou sensacións novas.  Velaí deixovos unha selección das súas imaxes que teñen que ver coa música.






Intenta redactar unha soa frase para cada unha destas imaxes.