O Solsticio de Inverno é unha celebración importante. Nos paises de tradición "cristiana" transformouse no NADAL, e sempre vai acompañado de música específica. Hoxe propóñovos unha viaxe musical por distintos paises de "tradición cristiana". Escoitaredes un fragmento dun villancico ou canto de nadal dun país e haberedes de descubrir de que lugar se trata. Pero NON atoparedes o nome do país, senón unha imaxe dalgún elemento característico que o vai representar.
Velaquí o listado de paises e as imaxes que os representan:
Perú - alpaca Nueva Zelanda - Kiwi (paxaro e froito) Suecia - aurora boreal
Alemania - salchichas, bretzel e cervexa Francia - croisant Reino Unido - autobús
Cuba - coche antigo Euzkadi - surfista en Mundaka Nigeria - volvoretas
Rusia - matrioskas Austria - bailando vals Cataluña - dragón de Gaudí
Portugal - fachada con azulejos Brasil - disfraces de carnaval Italia - pizza
Grecia - ruinas e mar Canadá - totem indio Polonia - casas pintadas
* Por certo, esta é unha estupenda oportunidade para descubrirmos algunhas curiosidades... Sabes que é unha "aurora boreal"?... Que lles pasa as "volvoretas" de Nigeria?... Por que en Cuba teñen "coches tan antigos"?... Que relación ten Cataluña co "dragón"?... Por que "o surf" pode representar a Euzkadi?
Agora intenta relacionar cada fragmento musical coa imaxe que lle corresponde
Ningún comentario:
Publicar un comentario