Amosando publicacións coa etiqueta Linguaxe Musical. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Linguaxe Musical. Amosar todas as publicacións

domingo, 8 de novembro de 2020

CALIDADES DO SON: TIMBRE

O TIMBRE é outra das calidades do son. Polo su timbre distinguimos o ladrido dun can do frenazo dun coche. O timbre permítenos identificar ás voces das persoas, ou o son dos instrumentos.

Se premes sobre o cadro de abaixo atoparás un vídeo que che explicará este asunto polo miúdo.

A ORQUESTRA SINFÓNICA é a maior concentración de timbres que ten organizado o ser humano. Instrumentos de diferentes familias orquestais proporcionan unha enorme riqueza de son. A utilización de tantos timbres na música, ben a ser similar a utilizar moitas cores na pintura. O timbre é á música o mesmo que a cor é á pintura. Proporciona moitísima riqueza e amplía as posibilidades expresivas.

As Orquestras Sinfónicas son agrupamentos de instrumentos das distintas familias orquestais (CORDA, VENTO MADEIRA, VENTO METAL, PERCUSIÓN). A colocación destes músicos responde a razóns sonoras moi ben definidas. Na parte ESQUERDA do palco colócanse os instrumentos máis AGUDOS, e na parte DEREITA colócanse os máis GRAVES.


Na parte DIANTEIRA (os máis achegados ó público) estarán os instrumentos de son máis SUAVE; na parte TRASEIRA (os máis afastados do público) estarás os instrumentos de son máis FORTE.



Jaime Altozano é un youtuber moi coñecido polos seus comentarios, análises e explicacíons referidos a temas de música. Velaquí queda un dos seus vídeos no que explica polo miúdo a organización da Orquestra Sinfónica.


Despois de visionar ese vídeo, imprime o esquema da orquestra con todos os instrumentos. Podes ecribirlle o nome a cada un dos instrumentos e colorea tal e como se indica.

Para os máis pequenos velaí vai un sudoku para coñecer e disfrutar cos instrumentos musicais.


 



CALIDADES DO SON: INTENSIDADE

A INTENSIDADE é outra das catro calidades que distinguen un son. Clica no cadro e atoparás un vídeo explicativo.

 


 

Nunha partitura podes atopar distintistas abreviaturas para indicar como haberá de sonar interpretar cada pasaxe musical: desde moi suave ata moi forte.Velaquí un esquema.
 
 

Pero a intensidade do son pode medrar ou reducirse. Para indicares estos cambios utilízanse os reguladores.


Presta atención ó vídeo. Ben seguro servirá para aclarar dúbidas e confirmar ideas.




Velaí queda un mandala e un sudoku. Imprímeos e, ademaís dun tempo de diversión, conseguirás memorizar a terminoloxía da intensidade músical.





sábado, 7 de novembro de 2020

CALIDADES DO SON: DURACIÓN

A DURACIÓN é outra das calidades que podemos distinguir nun son.
Clica no cadro e abrirase un vídeo explicativo




Velaquí queda un cadro coa representación das diferentes figuras e silenciós, e cadansúas duracións



Para que te vaias coñecendo as distintas figuras, velaquí quedan estas fichas para colorear.










A duración das figuras pode ser variada utilizando os signos de prolongación.

   O  PUNTIÑO engade á figura a metade do seu valor        


A  LIGADURA suma o valor das figuras que une      


O CALDERÓN prolonga a duración da figura canto se desexe
     





A distribución das distintas figuras e silencios e a súa organización configuran o PULSO, o RITMO  e o COMPÁS. Botaremos man do bo facer de Jaime Altozano para entender estos conceptos. Velaquí tedes un vídeo para comprendelo.





CALIDADES DO SON: A ALTURA

 A ALTURA  é unha das catro calidades que nos permiten identificar un son. Imos debullar nesta idea.



Velaquí queda a colocación das notas no pentagrama coa Clave de Sol.




Jaime Altozano é un youtuber famosísimo polos seus vídeos nos que comenta polo miúdo mil e un temas de música. No enlace que segue, fai unha exposición moi ampla e detallada de como ler unha partitura. Presta moita atención porque son sete minutos moi densos pero poderás resolver as túas dúbidas.




Velaí quedan estas tarxetas co nome das notas musicais e da súa representación e colocación no pentagrama.  Imprime a imaxe. Colorea e recorta cada tarxeta. Xoga a colocalas:
* En orde ascendente
* En orde descendente
* Somentes as colocadas nas liñas (orde ascendente / descendente)
* Somentes as colocadas nos espacios (orde ascendente / descendente)
Finalmente pégaas no teu caderno na orde que prefiras.


Imprime a imaxe cos distintos teclados. Serías quen de poñerlle o nome a cadansúa tecla?






 

mércores, 29 de abril de 2020

GREGUERÍAS MUSICAIS: Ramón Gómez de la Serna e Chema Madoz

Ben sei que o alumnado de sexto está a percorrer nestes días as GREGUERÍAS escritas por Ramón Gómez de la Serna, un señor moi ocurrente que decidiu expresar as súas observacións e reflexións en frases moi breves nas que mestura o humor coa metáfora e todo sobre unha estupenda base de intelixencia.

Pois que non se diga que non vos axudo a coñecer os traballos dunha persoa tan interesante. Velaquí vos deixo varios  xeroglíficos que montei coas súas greguerías. Espero que me enviedes as solucións ó correo de sempre (arcadamarga@gmail.com)








Chema Madoz é un fotógrafo contemporáneo español que utiliza a súa cámara do mesmo xeito que Gómez de la senra utilizaba o seu bolígrafo. Non fai retratos de persoas, nin paisaxes, nin reportaxes de eventos... Chema Madoz fai "poesía visual". Utilizando obxectos da vida cotiá fai composicións aparentemente sinxelas, case simples, en branco e negro... pero cando as miramos e as pensamos, non só conseguen roubarnos un sorriso (as veces ata unha gargallada), senón que nos descubren aspectos ou sensacións novas.  Velaí deixovos unha selección das súas imaxes que teñen que ver coa música.






Intenta redactar unha soa frase para cada unha destas imaxes.

domingo, 19 de abril de 2020

POLIRRÍTMIAS no tempo virado


 PRACTICAMOS AS POLIRRÍTMIAS E AS CUALIDADES DO SON


Para repasar a DURACIÓN dos sons velaí quedan estas dúas partituras con POLIRRÍTMIAS. Lembrade que  este é o nome que lle damos a estas propostas nas que hai varios ritmos que sonan xuntos. Nas que vos presento (colgadas en youtube por Julio Payno) tedes CATRO ritmos quer sonan á vez.

Propóñovos que practiquedes cada únha por separado, cambiando cada vez de TIMBRE. É dicir que si no ritmo nº 1 tocades as palmas no nº 2 haberedes de cambiar, por exemplo patada no chan, e así tamén co 3 e o 4. Cada ritmo un timbre distinto. Escollede cada quen os sons que queirades. Podedes cambiar a INTENSIDADE se escolledes sons suaves ou sons fortes.


https://youtu.be/N3d3g2-iW94




https://youtu.be/yDmcxwF00z8



Para rematar, fíxate nas polirrítmias corporais que fan estas dúas parellas de rapaces.


Unha parella fai un ritmo, que a outra parella copia, (é dicir a segunda parella fai ECO). Logo a primeira parella fai un ritmo distinto, pero a segunda parella fai o mesmo ritmo que antes. SON POLIRRÍTMIAS sinxelas. Somentes é cuestión de práctica.

domingo, 12 de abril de 2020

RESISTIRÉ, himno do TEMPO VIRADO


RESISTIRÉ    ben seguro que neste "Tempo Virado" tes escoitado e cantado esta canción mooooooooitas veces. 



 Promovido por Cadena 100,  máis de 30 músicos decidiron unires no aillamento de cadansúa casa e,   producidos por Pablo Cebrián conseguiron gravar este Resistiré tan participativo e solidario. Os cartos que consigan serán  para Cáritas.

Imos xogar con ela. Velaí catro frases desa canción e, ó seu carón, catro ritmos ben distintos. Haberás de relacionar cada frase co ritmo que lle corresponde.



 Agora prepárate para bailar. Imos aproveitar todo canto sabes de xeometría. Haberás de preparar unha coreografía coa canción RESISTIRÉ pero atención, o teu baile haberá de incluir a forma dun cadrado, dun triángulo e dun círculo. Pídelle a alguén da túa familia que te grave cun teléfono en envía a gravación ó e-mail da escola ó meu nome.




   Se vos apetece seguir bailando "en familia" velaquí esta coreografía presentada nun interesante titorial.


 


 Finalmente velaí deixo a letra desta canción, para que poidades cantala "en familia".


























mércores, 25 de marzo de 2020

MATERIAIS PARA TEMPO VIRADO: Calidades do Son

Diferenciamos perfectamente un SON de calquer outra sensación pero, saberías dicir exactamente que é?  Presta atención ó cadro que segue porque poderá axudarte a entender moitos conceptos e elementos da música.

Un SON haberá de ter catro cualidades: 

INTENSIDADE - ALTURA - DURACIÓN -  TIMBRE


Cada unha delas refírese a un aspecto diferente e represéntase dun xeito distinto.

Velaí tes un cadro que pode axudarte a comprendelo


Na CAIXA DE XOGOS atoparás distintas actividades nas que poderás practicar as cualidades do son. Velaí algunhas delas:




As explicacións e actividades de clase, o cadro e os xogos da CAIXA DE XOGOS van conseguir que resolver as preguntas do cadro sexa moi sinxelo.


AS HORAS DUN TEMPO VIRADO

Nestes días de tempo virado seguramente pasaredes por  sensacións ben distintas ó longo do día. Haberá ratos que pasen voando, e outras veces pode que teñades un "bule-bule" interior que faga que a tarde non de pasado.
Velaí vai unha cantiga estupenda de Ana Mª Fernández con  Música de Manuel Rico.


Completa o musicograma (editado por GaliNova) coa hora do reloxo e coa figura musical que corresponda.



mércores, 18 de marzo de 2020

A INTENSIDADE DO CORONAVIRUS

Ben seguro que a palabra que más escoitaches nesta última semana foi "coronavirus". Velaí tes o responsable de tódos estos cambios na nosa vida. 




Que te parece se facemos música con el?  Agora que xa o vimos, imos facer que sone. Cada vez que apareza a imaxe do coronavirus ti haberás de interpretar este ritmo:
 
Escolle algún obxecto para facer o seu son. Podes utilizar unha pelota pequena (como tambor) e petar nela cunha culler (como baqueta). Se non te convence, busca outro "instrumento". Para facer unha axeitada selección pensa que haberás de ir variando a intensidade do son, pero ten moito coidado de non molestar co ruído.


Imos aló. Pon a túa mente a funcionar e descifra estes esquemas. Podes interpretalos sucesivamente e, despois, facer combinacións xogando coa orde e repetindo algún deles. Seguro que pronto inventarás ti series novas combinando os distintos tamaños. Divírtete e disfruta.


 😉 Se non sabes ler música e non entendes eses símbolos raros de enriba, non te preocupes. Podes resolver dando un golpe coa culler no balón por cada un dos coronavirus que atopes. Pero haberás de prestar atención e petar máis ou menos forte según o tamaño do virus.