A ALTURA é unha das catro calidades que nos permiten identificar un son. Imos debullar nesta idea.
Velaquí queda a colocación das notas no pentagrama coa Clave de Sol.
Jaime Altozano é un youtuber famosísimo polos seus vídeos nos que comenta polo miúdo mil e un temas de música. No enlace que segue, fai unha exposición moi ampla e detallada de como ler unha partitura. Presta moita atención porque son sete minutos moi densos pero poderás resolver as túas dúbidas.
Velaí quedan estas tarxetas co nome das notas musicais e da súa representación e colocación no pentagrama. Imprime a imaxe. Colorea e recorta cada tarxeta. Xoga a colocalas:
* En orde ascendente
* En orde descendente
* Somentes as colocadas nas liñas (orde ascendente / descendente)
* Somentes as colocadas nos espacios (orde ascendente / descendente)
Finalmente pégaas no teu caderno na orde que prefiras.
Imprime a imaxe cos distintos teclados. Serías quen de poñerlle o nome a cadansúa tecla?
Ningún comentario:
Publicar un comentario