A ARCA DA MARGA.
A arca é o lugar onde as sensacións esperan, protexidas e quentes. Velaí están ata que alguén, con interese e curiosidade, abra a tampa e remexa na súa procura.
E que podes atopar? Pois as partituras, as cancións, as audicións, os vídeos, os xogos que usamos na rede, e outros enlaces con información útil.
Velaquí vai outra escolma de debuxos animados "musicais". En 1935 estrenouse esta historia producida por Disney. Os habitantes do País do Jazz e do País da Sinfonía descubrirán que teñén moitísimas cousas en común.
O ruso Nikolai Rimsky-Kordakov escribiu a ópera "O Conto do Zar Saltán". O príncipe transfórmase en moscardón para visitar ó seu pai. Esta famosísima melodía é a base musical desta peza de debuxos animados.
Opéra Imaginaire é un traballo de Pascal Roulin para a televisión pública
francesa en 1993. Opéra Imaginaire contén doce
extractos dalgunhas das arias de ópera máis populares, animadas por
artistas europeos con distintas técnicas, que van desde a plastilina ás imáxes de síntese 3D.
Velaí un cachiño da Traviata (Verdi)
E a famosísima aria "La dona é mobile" que Verdi incluiu na ópera Rigoletto
Melody Street escomenzou como serie de televisión en EEUU para achegas ás nenas e nenos á musica. Logo fixeron a película, as apps e todo o demáis... Velaquí queda a súa peculiar versión do "Rondó alla turca" de Wolfang Amadeus Mozart.
No ano 1999 a empresa Disney fixo un novo traballo de animación utilizando como base fragmentos obras sinfónicas de grandes músicos. Un dos compositores seleccionados foi o americano George Gershwin. Disfrutade con esta deliciosa "Rapsody in blue"
Hai 24 anos, en novembro de 1995, as aventuras dun grupo de xoguetes transformaron completamente a historia do cine. Por primeira vez non se precisan nin cámaras, nin escenarios, nin actores para facer unha película. Somentes os ordenadores, as computadoras nas mans de profesionais técnicos especializados e... XA ESTÁ!
TOY STORY é o resultado do traballo dun equipo de 110 persoas ( no ano anterior fora preciso o traballo de 800 persoas para facer a película O REI LEÓN).
TOY STORY foi o primeiro gran éxito dun grupo moi activo de creadoresagrupados nunha empresa que chamaron PIXAR. Despois do éxito de TOY STORY seguiron facendo moitas das películas que tedes disfrutado: Bichos, una aventura en miniatura (1997), Toy Story 2 (1999),
Monstruos S.A. (2001), Buscando a Nemo (2003), Los Increíbles (2004),
Cars (2006), Ratatouille (2007), WALL·E (2008), Up (2009) y Toy Story 3
(2010).
Andy é un neno de 6 anos que ten moitos xoguetes: o vaquero Woody, o señor e a señora Pataca, Rex o tiranosaurio, a vaqueira Jessie, o cocho Hamm, o can Slinky, un exército de soldados de plástico... e moitos máis. O vaqueiro woody era xoguete preferido de Andy ata que polo seu aniversario recibe como agasallo o astronauta Buzz Lightyear. E así medra a trama coas liortas entre ámbolos dous xoguetes que devecen pola atención do neno.
A amistade, a rivalidade, os ciumes, a convivencia, a solidaridade, a complicidade, a reconciliación... son alguns dos aspectos que van aparecendo na historia.
Velaquí un dos temas musicais. Escoita esta versión para piano
Danny Elfmann... Danny Elfmann... Mmmmmm... Pois non sei quen é...
Pois coñeces o seu traballo; disfrutas das súas ideas desde hai moito tempo.
Escoita a esta orquestra interpretando unha obra súa. Eres quen de recoñecela?
Ponlle face: velaí está, rodeado de instrumentos musicais.
Californiano (nado en 1953), leva toda a súa vida traballando no mundo do espectáculo. A principios dos anos 70 formou unha compañía que facía comedia musical. Logo e co seu irmán formou un grupo musical e tocaban rock e ska (Oingo Boingo). E o seguinte paso na súa carreira foi xa como compositor de música cinematográfica e moitas películas... sobre todo para o seu amigo Tim Burton con quen leva 30 anos afrontando proxectos cinematográficos.
Tes escoitado composicións súas en:
Os Simpson, Batman, Dick Tracy, Spiderman, Hulk, Eduardo Manstesoiras, Mars Attacks, Charlie e a fábrica de chocolate, A noiva cadáver, Pesadelo denantes de Nadal, Beetlejuice, Alicia ó través do espello, Alicia no país das maravillas, Big fish... e moitas, moitísimas máis. Cine fantástico, cine de superheroes,
Música de películas, música para series de tv, ou música para videoxogos, e incluso música para espectáculos do Cirque du Soleil... ben seguro agora recoñecerás ter disfrutado coas súas obras.
Nesta breve entrevista Danny Elfmann comenta algúns detalles interesantes para entender mellor o seu traballo.
A historia de amor entre dous membros de familias inimigas e enfrontadas nun grave conflicto ten sido mil veces narrada. Shakespeare contouna en "Romeo e Xulieta" e, desde aquela, volve unha e outra vez adaptada á distintas épocas ou lugares. E así foi Leonard Bernstein, un compositor e director de orquestra norteamericano, decidiu situar nas rúas de Nova York a historia de amor entre membros de dúas cuadrillas rivais.
Esta nova versión de Romeo e Xulieta, WEST SIDE STORY, estrenouse como espectáculo musical nun teatro de Brodway en 1957. O éxito da obra levounos a rodar a película en 1961.
Nesta
versión, non hai familias, senón que son dúas cuadrillas enfrontadas:
pelexas, regueifas, discusións, amor tolo...nas rúas e terrazas dunha
inmensa cidade. A música é a peza fundamental para definir as dúas
cuadrillas. Os Sharks (portorriqueños, os inmigrantes)están representados pola música e os ritmos latinos, mentres que os Jets
(os fillos dos irlandeses, polacos e italianos) están representados polo Jazz. A película axudaranos a
reflexionar sobre a mestizaxe, o racismo, a inmigración, a fusión das distintas
culturas...
Jerome Robbins foi o coreógrafo,
exixente, que siempre persiguiu a naturalidade e a fluidez no movemento. Por eso, unha das dificultades de
bailar West Side Story é facelo de xeito que o público entenda o
baile como unha extensión do movemento propio das personaxes. É unha
coreografía que obriga ós actores e actrices a unha forma física digna de atletas olímpicos.
Unha das pezas con máis sona é AMÉRICA, un tema con ritmo de huapango mexicano. realmente é unha regueifa entre as rapazas defensoras das "bondades" da sociedade americana, e os rapaces que descreben os aspectos negativos. A peza é vertixinosa; rapaces e rapazas discuten ó tempo que cantan e bailan. Rítmicamente é un compás de amalgama que combina 6/8 e 3/4.
Velaí a escena
West side story
(1961)
Imos xogar co compás de amalgama que combina o 6/8 e o 3/4.
RITMOS PARA FACER UNHA TORTILLA FRANCESA
Cantando, aprenderemos hoxe a facer unha tortilla francesa.
1.-Abrimos o ovo
2.- Batémolo
3.- Fritímolo
4.- Comémolo
Velaí toda a secuencia
Agora transformamos os ritmos verbais en percusións corporais
Visionamos novamente a escena. Nesta versión temos unha tradución para comprender a conversación que manteñen. Prestade atención e marcade con algún aceno aqueles fragmentos nos que recoñecedes a música.
"América" co texto traducido
O baile son movementos organizados atendendo a música e ocupando un espacio. No cine atopamos moitos bailes inesquecibeis. Velaquí algúns deles. Esther Williams bailaba na auga na película:
Escola de Sereas
(1944)
Bailan nas gradas e cafes en:
Grease (1978)
Bailan os leñadores e as rapazas entre ás árbores das montañas en:
Sete noivas para sete irmáns
(1955)
Os limpadores bailan sobre os tellados londinenses na película:
Mary Poppins
(1964)
As traballadoras dunha fábrica bailan durante seu traballo na película danesa:
Dancer in the dark
(2000)
Bailan os invitados dunha boda indú a bordo dun barco:
O
día 12 de Outubro de 1492 a expedición de tres naves que capitaneaba
Cristóbal Colón chegou á illa Guananí no arquipélago das Bahamas. Eles
querían achegarse "ás Indias" que era como lle chamaban daquela a Asia.
Pero metéuselles un continente polo medio... e aquí estamos máis de 400
millóns de persoas entendéndonos en castelán.
A MISIÓN
A Misión conta unha historia de aventuras sobre as relacións entre etnias e sociedades distintas, a
colonización, o prezo da aportación cultural europea, as distintas formas de
beleza e a violencia. Describe como na colonización de América
mesturáronse intereses económicos, políticos e relixiosos.
O compositor Ennio Morricone rexeitou esta película.
Este excepcional músico italiano de ideoloxía de esquerda non quería
ter nada que ver coas grandes empresas cinematográficas americanas, e
non se fiaba da interpretación histórica. Pero os productores
conseguiron sentalo nunha sala de proxección para que visionase a escena
na que Jeremy Irons toca o oboe na selva. Para acompañar as imaxes
meteran unha peza de música clásica. Cando acenderon as luces, Morricone
estaba chorando de emoción. E así foi que escribiu unha partitura
sensible e emocionante na que mestura a música litúrxica europea (as
corais), as percusións indias e a delicada sutileza do oboe. A música
desta película ten moitísima sona e, para moitísimas persoas, é unha das
mellores Bandas Sonoras da Historia do Cine.
A melodía que Ennio Morricone titulou "O óboe de Gabriel"
tense interpretado como "o son do desexo de convivencia na paz nun mundo cargado de violencia e ansia de dominación". Un oboe sona na selva e os guaraníes achéganse extrañados.
A música é o recurso para establecer a relación, e a beleza é o elemento que fai desaparecer a desconfianza dos indíxenas que, máis adiante chegarán a se converter en hábiles artesáns
de instrumentos musicais, que amosarán o seu "grado de civilización" interpretando cantos corais diante dunha Comisión Internacional. A música, a sensibilidade, a educación, a constancia ... están na escena final na que uns cativos indíxenas fuxen nunha canoa e levando canda eles un instrumento musical.
Que sabemos dese instrumento que Gabriel utiliza para achegarse ós guaranís? Pois é un instrumento moi antigo: no Exipto dos faraóns, na Grecia de Pericles, o na antiga India disfrutaban con instrumentos moi semellantes. Pero o ÓBOE aínda é bastante descoñecido. É un instrumento de vento de madeira no que hai que soplar nunha boquilla (unha paleta dobre). Para tocalohaberá que hai que dominar a respiración e ademáis, controlar correctamente os músculos que están arredor dos beizos. O ÓBOE ten 20 buratos e, para abrilos ou pechalos hai un sistema de "chaves".
Ennio Morricone escolleu o son nasal e penetrante do óboe. Atent@s a esta versión que atopei na rede. É unha versión para a escola e, daquela, utiliza os instrumentos que temos nós: frautas e metalófono... pero escoitade para descubrir se lle notades algo raro...
Imos seguir novamente a partitura, pero somentes cantaremos o acompañamento do metalófono.
Xa que afinamos as voces, intentaremos cantar a seguinte melodía ó unísono:
E estoutra
Ou estoutras
O
son do ÓBOE é o que utiliza a orquestra para afinar. O óboe toca un LA e
toda as distintas familias da orquestra buscan ese mesmo son para
unificar a súa afinación. Velaí deixovos unha orquestra perfectamente afinada. Van tocar a música da película A MISIÓN. O oboísta estudou moito e sente unha enorme emoción porque ENNIO MORRICONE, o compositor da obra, será quen dirixa este concerto. Reláxate e prepárate para disfrutar dun momento moi especial.
Facer unha película é "construir unha gran mentira". Nada é verdade. Nin persoas, nin lugares, nin situacións, nin obxectos son o que parecen... aínda máis... son invencións e construccións que desaparecen cando se roda o derradeiro plano da palícula.
O cine é unha industria na que traballan milleiros de persoas encargadas de imaxinar e fabricar todos e cada un dos elementos que enganarán ós nosos sentidos e confundirán as nosas emocións. Moitas persoas e moitas profesións: arquitect@s, albanel@s, carpinteir@s, pintor@s, decorador@s, electricistas, iluminador@s, maquillador@s, perruqueir@s, costureir@s, modist@s, zapateir@s...
O GOLPE é unha estupenda película de 1973 na que naaaaaaada é o que parece. Conta a historia dun gran engano: uns timadores queren estafar a un ganster. Os protagonistas son dous chicos moi guapos e divertidos que, en realidade, son malos malísimos: un par de estafadores facendo das súas. Para acadaren os seus perversos obxectivos teñen que "construir" unha enorme mentira na que participan moitíiiiiisimas persoas...
O GOLPE
(1973)
Nesta película ata a música é un engano. A película estrenouse no ano 1973, pero o autor da música xa morrera 56 anos antes!!!!
Scott Joplin, o autor desas melodías que engaiolan e enredan, conseguiu moita sona a finais do século XIX. Con gran pericia soubo mesturar os ritmos afroamericanos que aprendeu na súa familia, coas melodías das marchas militares. E así naceu o RAGTIME (tempo rachado) a música sincopada que tocou e bailou a comunidade afroamericana en bares e tabernas ata que conseguiron encher as rúas de Estados Unidos de música de Jazz.
Se clicas na imaxe de Scott Joplin escoitarás un ragtime estupendo con dúas partes ben diferenciadas: a melodía do piano e a melodía dos ventos de metal
Imos incorporar unha palabra nova ó noso vocabulario musical: SÍNCOPA.
Lembrade que temos a música organizada polos PULSOS, e os ACENTOS que sempre van no primeiro pulso de cada compás:
Pero atención! Que sucede cando o son que facemos no pulso acentuado é máis curto dos sons que facemos nas partes débiles? ... Pois que a melodía "coxea", pero con moita graza e donaire.
Os puntos vermellos indican os pulsos. Fíxate no pentagrama que segue e notarás ben que as negras están "da cabalo" entre os dous pulsos. Clica sobre o pentagrama seguinte e poderás escoitar como sona a síncopa.
Velaí queda esta sinxela actividade para descubrir o compás con síncopas.
Presta atención a esta outra actividade porque as veces haberás de marcar as síncopas e outras terás que indicar as notas que non o son.
Neste vídeo atoparás explicacións sobre este interesante elemento rítmico.
Se clicas sobre a imaxe poderás seguir a partitura ó tempo que escoitas o ragtime THE ENTERTAINER (O ANIMADOR) que sona na película O GOLPE
É ben divertido xogar con imaxes. Ben seguro tedes practicado moitas veces facendo sombras coas mans... Hai case 200 anos, puxéronse moi de moda uns xoguetes nos as personaxes semellaban moverse: o cabalo parecía que trotaba, o saltimbanqui semellaba contorsionarse, os bailarines daban voltas, o paxaro figuraba voar...
As persoas somos seres imperfectos: o noso ollo
engana ó noso cerebro. Cando o noso ollo ve 24 imaxes sucesivas nun
segundo, o noso cerebro "entende" que se esas imaxes se moven. Así
"ródase" o cine, ou grávase o vídeo: en realidade son miles de fotos
que, visionadas todas seguidas, confunden a percepción do noso cerebro.
Os "debuxos animados", o "cine de animación" xenera a ilusión de movemento utilizando centos de miles de debuxos colocados sucesivamente.
Durante casi 80 anos, os debuxos tiveron que facerse a man. Miles de horas de traballo de centos de debuxantes deron como resultado películas como Fantasía, Cenicienta, Blancanieves... O REI LEÓN foi a primera película na que se utilizaron ordenadores, concretamente para facer as estampidas dos animais.
Esta derradeira semana do mes de setembro escomenzaremos o outono escoitando a banda sonora do REI LEÓN.
O REI LEÓN permítenos viaxar a África: paisaxes de Kenia, animais que habitan na sabana, a lingua zulú, a música tradicional. Cóntanos unha historia con bos e malos, perdas e encontros, de soedades e compañías, de fraxilidade e fortaleza...
O REI LEÓN
(1994)
Hans Zimmer consta como responsable da música; pero nese traballo foron moi importantes os arranxos musicais e a voz do músico sudafricano Lebo M.. Tamén participaron no proxecto o roqueiro británico Elton John e o letristaTim Rice que fixeron 5 cancións: O ciclo da vida, Eu vou ser o rei león, Hakuna Matata, É a noite do amor, Preparados. O Rei león combina as polifonías e polirrítmias da música africana co o pop-rock europeo.
A natureza e os animais que nela habitan protagonizan outras películas de "animación". Velaí enlaces a algunhas delas.
Hoxe darémonos un paseo pola cidade de Berlín en 1930. Estamos no lusco e fusco. Rematamos o traballo, xa ceamos e precisamos un pouco de diversión. Tede en conta que:non hai tele, non hai vídeo, non hai ordenadores, nin netflix, nin facebook... e nin sequera podemos quedar cos amigos polo whasapp...Que facer? Pois podémonos achegar a un dos moitos CABARETS que hai pola cidade, esas "tabernas" nas que botas uns bailes coa música da orquestina, ou bebes algo mentres atendes (ou non) as actuacións de cantantes, bailarines e bailarinas, cómicos, malabaristas e outros artistas que amosan as súas habilidades e destrezas nun pequeno escenario.
A película que vos presento transcurre nun destes locais e daquela, ten moita música: as personaxes bailan e cantan, e as letras das cancións falan das cousas que lles acontecen ou preocupan. A este tipo de películas chamámoslles un "musical".
John Kander e Fred Ebb son as persoas responsábeis da "partitura" (música) e o "libreto" (letras das cancións). Pero nun musical, outro elemento fundamental é a "coreografía" (os bailes) e por iso encargáronlle esta película a un estupendo bailarín e coreógrafo: Bob Fosse.
Pero música, letra e bailes, precisan de alguén que saiba cantar e bailar con precisión e máis con encanto e isa foi a tarefa que desenvolveu brillantemente Liza Minelli.
Disfrutade do bo facer destes estupendos profesionais
CABARET (1972)
1. En que compás que está escrita? 2/4 3/4 4/4
2. Que familias instrumentais identificas? CORDA / VENTO / PERCUSIÓN Poderías concretar algún dos instrumentos que sonan?
3. Presta moita atención: a velocidade coa que se interpreta a música chamámoslle TEMPO. Pensas que esta canción sona cunha velocidade igual dende ó pricipio ata o fin, ou podes distinguir algunha variación no TEMPO?
Velaí deixovos a traducción da canción:
Por
que pecharte na habitación? Ven e decídete
A vida é
un cabaret sen máis
Imos ó cabaret. Basta de radio basoira e sofá Dalles un patada
A vida é un cabaret sen mais
imos ó cabaret. Bebe Champán goza do Jazz Dalle ó
tambor e con sorpresa Cada cal terá a súa mesa Basta de ouvir ó eterno chorón Que sofre sen ter por que
A vida é un
cabaret sen máis
Imos ó cabaret.
Eu fun amiga de Elsi. Canda ela
compartín un piso en Chelsea. Non era unha santa.
Alquilaba a súa entreperna e a súa gorxa. Morreu e a xente falou no seu velorio Así remata sempre unha boa troula.
Eu vina coma unha emperatriz Era a morta máis feliz que eu vira.
Penso nela así todo o día . Lembro cando xiraba e dicíame: Por que pecharte no cuarto? Ven pasalo ben.
A vida é un Cabaret sen máis. Imos ó Cabaret! E en canto
a mín E en canto a mín Decidínno aló en Chelsea Morrerei
feliz coma Elsi. O tempo voa entre o berce e a caixa Non é unha longa estadía A vida é un cabaret sen máis Só é un cabaret sen
máis Eu amo este Cabaret.
Hai moitas películas que contan historias que acontecen nun cabaret: velaquí déixovos dúas delas.
Este curso comezamos unha nova sección: LUCES, CÁMARAS, ACCIÓN... na que poderemos coñecer e disfrutar coas bandas sonoras. A música é unha peza fundamental nunha película. Ten o poder de transformar ás imaxes, de dirixir a nosa mirada, deprovocarnos emocións, de adiantarnos acontecementos...
Hoxe coñeceremos un rapaz grego apaixoado da música, que aprendeu música pola súa conta, montou distintos grupos investigando sempre coas novas sonoridades que ía descubrindo nos instrumentos electrónicos e os sintetizadores. Esta é a historia de Evangelos Odysseas Papathanassiou que lido así é ben complicado e por iso a súa xente chámalle VANGELIS.
VANGELIS ten un xeito curioso de resolver cos pentagramas. É quen de xerar atmósferas envolventes; sabe suxerir sensacións e sentimentos; consegue describir lugares e situacións... e claro... a industria cinematográfica decatouse de tal habilidade e botou man del, é foi así que se converteu nun estupendo "compositor de música para cine" é dicir, compositor de "bandas sonoras".
Velaí déixovos unha delas. A banda sonora da película "Carros de lume". Esta película conta unha historia que aconteceu en 1924 a dous corredores do equipo británico que estaban a prepararse para os Xogos Olímpicos.
CARROS DE LUME (1981)
Propóñote mergullarte na melodía. Escoita atentamente:
1. Un destes dous motivos melódicos sona antes de que empece a melodía. Descobre calé e cantas veces sona?
Que instrumento o interpreta?ACORDEÓN / GUITARRA / TROMPA
Que pode representar?UN TIMBRE / UNHA BUCINA / AS TROMPETAS QUE ANUNCIAN A ENTREGA DE PREMIOS
2. Se resolviches este primeiro enigma, estás preparada para o seguinte. Acompañando ese motivo melódico que xa identificaches, vai este ostinato que se repite, repite, repite...durante cantos compases?
Que pensas que pode representar? O LATEXO DOS CORREDORES / AS ONDAS DO MAR / AS GAIVOTAS DA PRAIA
3. As persoas cando falamos, organizamos a nosa fala en FRASES. A música tamén está organizada en frases. Esta melodía ten dúas frases melódicas.
Frase A
Frase B
Escoita a melodía e decide que secuencia ten, en que forma se suceden estas dúas frases
Intro - AA BB AA BB AA Coda ABABABAB Intro ABBABB
Velaquí tedes a partitura completa da melodía
Un titorial que vos axude coa dixitación
E déixovos tamén un enlace para que poidades tocala en karaoke
Moitas son as películas que podemos disfrutar da man de VANGELIS. Déixovos enlaces
para descubrirdes algunhas delas.
BLADE RUNNER (1982)
Unha maravillosa historia de Ciencia Ficción que mistura inxeniería xenética e seres extraterrestres que transitan nunha cidade húmida de recunchos miserentos.
A CONQUISTA DO PARAISO (1992) Cristóbal Colón, un navegante empeñado en atopar unha ruta máis curta para chegar a Asia, consegue convencer ós Reis de Castela para que lle faciliten os cartos que precisa para emprender a viaxe. Con tres carabelas parte do porto de Palos e...
O GRECO (2007)
En 1566 un rapaz chega a Venecia fuxindo da guerra e da miseria. Domenicos Theotocopoulos, ise é o seu nome, atopa traballo no obradoiro do pintor Tiziano. O rapaz ten moita man cos pinceis e as cores de xeito que viaxa a...