Hai 24 anos, en novembro de 1995, as aventuras dun grupo de xoguetes transformaron completamente a historia do cine. Por primeira vez non se precisan nin cámaras, nin escenarios, nin actores para facer unha película. Somentes os ordenadores, as computadoras nas mans de profesionais técnicos especializados e... XA ESTÁ!
TOY STORY é o resultado do traballo dun equipo de 110 persoas ( no ano anterior fora preciso o traballo de 800 persoas para facer a película O REI LEÓN).
TOY STORY foi o primeiro gran éxito dun grupo moi activo de creadores agrupados nunha empresa que chamaron PIXAR. Despois do éxito de TOY STORY seguiron facendo moitas das películas que tedes disfrutado: Bichos, una aventura en miniatura (1997), Toy Story 2 (1999),
Monstruos S.A. (2001), Buscando a Nemo (2003), Los Increíbles (2004),
Cars (2006), Ratatouille (2007), WALL·E (2008), Up (2009) y Toy Story 3
(2010).
Andy é un neno de 6 anos que ten moitos xoguetes: o vaquero Woody, o señor e a señora Pataca, Rex o tiranosaurio, a vaqueira Jessie, o cocho Hamm, o can Slinky, un exército de soldados de plástico... e moitos máis. O vaqueiro woody era xoguete preferido de Andy ata que polo seu aniversario recibe como agasallo o astronauta Buzz Lightyear. E así medra a trama coas liortas entre ámbolos dous xoguetes que devecen pola atención do neno.
A amistade, a rivalidade, os ciumes, a convivencia, a solidaridade, a complicidade, a reconciliación... son alguns dos aspectos que van aparecendo na historia.
Velaquí un dos temas musicais. Escoita esta versión para piano
Presta atención e intenta descubrir:
1.- En que compás está escrita
2. Que forma ten: Hai retrouso? Hai estrofas?
Velaquí queda a letra coa que imos traballar:
Ningún comentario:
Publicar un comentario