Adicaremos esta semana a un dos máis importantes creadores do século XX: Charles Chaplin, un inglés que en dez años pasou da pobreza
absoluta a ser o home máis famoso do mundo. Actor, director, guionista, productor, músico... en 1923 chegou a ter o seu propio estudio cinematográfico onde rodaba as súas películas (somentes tiña 34 anos!) . Creou un mito universal; Charlot é o vagabundo torpe de roupas miserentas, costumes refinados e corazón sensible que padece mil penurias. Nas súas películas Charlot "sen falar", de xeito sutil e intelixente, denunciaba as inxusticias dunha sociedade desigual e cruel a través das andanzas daquel pobre desgraciado envolto en tristura que somentes pretendía
ter algo que comer, mentres procuraba
manter a dignidade.
Unha das películas de máis sona foi O RAPAZ, na que o vagabundo Charlot atópase un bebé abandoado e terase que ocupar do cativo. Velaí déixovos unha escena.
O RAPAZ
(1921)
Fillo de dous cantantes ingleses, Chaplin conta nas súas memorias que, de pequeniño, a súa nai levábao canda ela á salas onde actuaba, por non o deixar só na habitación alquilada. A música foi un elemento fundamental na súa vida: medrou entre cancións de music-hall e, sen ir a clase, aprendeu a tocar o violín. Aínda que non sabía ler música e tampouco tiña idea de composición ou orquestación, foi o responsable da música das súas películas. Traballaba con músicos profesionais e asúbiáballes ou cantáballes a melodía que tiña na cabeza para que eles a escribiran. Nas súas memorias explica como entendía a música nas películas:
"Procurei compoñer música elegante e romántica para enmarcar as miñas comedias; en contraste co personaxe do vagabundo, a música deulles unha dimensión emocional. Os arreglistas musicais rara vez comprendían isto. Eles querían que a música fora divertida. Pero explicáballes que eu non quería competencia, que quería que a música fose un contrapunto entre o grave e o encanto para expresar o sentimento."
En 1931 ainda que en tódolos cines proxetábanse xa películas sonoras, Chaplin renunciou a incorporar diálogos en Luces da cidade. Charlot seguirá mudo, pero a música será o elemento sonoro que reforzará ás imaxes. O vagabundo pasa por mil avatares por mor de axudar á florista cega da que está namorado. Na escena que vos propoño, o vagabundo participa nunha competición de boxeo para conseguir cartos. Fixádevos na música que utiliza: unha melodía de violíns acompaña as imaxes da pelexa na que os movementos son unha exacta coreografía.

LUCES DA CIDADE
(1931)
Música de Charles Chaplin
Na película Tempos modernos, Chaplin propón unha divertida crítica sobre a sociedade capitalista filla da revolución industrial. Charlot é un obreiro nunha fábrica e así temos imaxes das tareas rutinarias, das cadenas de montaxe, as obsesións pola rapidez e a productividade. Terco, Chaplin manténse nos seus criterios e non inclúe diálogos na película, pero iso si, hai un acompañamento musical contínuo. Disfrutade da escena da cadea de montaxe da fábrica.
TEMPOS MODERNOS
(1936)
(1936)
A primeira vez que se oirá a voz de Chaplin na pantalla será nesta mesma película Tiempos modernos. Que idioma pode falar Charlot sen perder nada da súa universalidade? Pois velaquí a xenialidade de Chaplin: o seu vagabundo seguirá sendo un mito universal, o seu idioma é de tod@s porque é inventado. Charlot canta un cuplé intelixible.
Velaquí vos queda a primeira vez que o mundo escoitou a voz de Charlot.
Chaplin deixou moi clara a súa posición política na película O GRAN DICTADOR, unha crítica veraz e feroz do nacismo, unha denuncia clara de Hitler e as súas propostas racistas.
Chaplin fai os dous personaxes principais: un despiadado dictador fascista, e un barbeiro xudeo perseguido.
Velaquí quedan dúas escenas para disfrutar da creatividade deste estupendo actor. Fixádevos o tratamento musical tan diferenciado destas dúas xoias que, ademáis, na película son sucesivas.

O GRAN DICTADOR
(1940)
Gargalladas e bágoas van xuntiñas no argumento de Candilejas, a historia dun vello actor de vodevil que recolle na súa casa a una bailarina que se intentou suicidar. Chaplin agasallounos unha estupenda escena con outro dos grandísimos xenios do cine mudo: Buster Keaton. Disfrutade coa expresividade e os acenos dun e o hieratismo do outro, o violín desafinado de Chaplin e o piano atrapallado de Buster Keaton.
Chaplin e Keaton
CANDILEJAS
(1952)
Ningún comentario:
Publicar un comentario