As cantigas que velaí deixo escoiteillelas e aprendinnas da miña nai, e ela escoitoullelas e aprendeunas da súa... En castelán ou"galeguizadas" son cantigas para xogar.
A mesma melodía, con pequenas variacións de ritmo atendendo ao texto, é un xogo que combina atención e coordinación motriz: "ANTÓN PIRULERO".
A persoa que dirixe o xogo (a nai) canta e acompáñase de movementos que recorden actividades (clavar, pintar, coser, tocar distintos instrumentos, plantar, cortar...). O grupo haberá de imitar os acenos, que a nai irá cambiando. A "nai" vixiará que sexan exactos. No caso de trabucarse repetidamente haberá que "pagar a prenda" que o grupo decida.
Velaí unha versión "pop"
Para xogar cos nomes e virar "na roda" vai a cantiga "JOSÉ SE LLAMABA EL PADRE".
Luis - Luisa
Manuel - Manuela
Ramón - Ramona
Juan - Juana
Pedro - Petra
Collidos das mans, o grupo xira nunha roda levando o pulso nos pés e cambiando a dirección do xiro en cada "nova familia".
Velaí queda a versión de Rosa León nos anos 80.
"A MI BURRO" é unha canción para xogar coas rimas, o movemento e a memoria. Aprendido o ritmo e a melodía, proporemos ao noso alumnado inventar a letra da canción. Haberá que buscarlle o xeito e completar cada estrofa. Faremos unha relación de "partes do corpo" e iremos completando a canción. Para cada estrofa engadiremos un aceno de xeito que, ademais de axudarnos a recordar o texto configure unha "coreografía".
Garganta - rodillas - nariz - orejas - barriga - dientes
Velaí distintas versións. Intenta identificar en que se diferencian da que nos aprendimos.
Versión acústica
Versión rítmica