Amosando publicacións coa etiqueta E moito máis. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta E moito máis. Amosar todas as publicacións

venres, 11 de decembro de 2020

ROTEIRO POLO MUNDO NO TEMPO DE NADAL

 O Solsticio de Inverno é unha celebración importante. Nos paises de tradición "cristiana" transformouse no NADAL, e sempre vai acompañado de música específica. Hoxe propóñovos unha viaxe musical por distintos paises de "tradición cristiana". Escoitaredes un fragmento dun villancico ou canto de nadal dun país e haberedes de descubrir de que lugar se trata. Pero NON atoparedes o nome do país, senón unha imaxe dalgún elemento característico que o vai  representar.

Velaquí o listado de paises e as imaxes que os representan:

Perú - alpaca                Nueva Zelanda - Kiwi (paxaro e froito)                Suecia - aurora boreal 

Alemania - salchichas, bretzel e cervexa             Francia - croisant            Reino Unido - autobús

Cuba - coche antigo                Euzkadi - surfista en Mundaka                       Nigeria - volvoretas

Rusia - matrioskas                       Austria - bailando vals                   Cataluña - dragón de Gaudí 

Portugal - fachada con azulejos                    Brasil - disfraces de carnaval                Italia - pizza

Grecia - ruinas e mar                        Canadá - totem indio                        Polonia - casas pintadas

 

* Por certo, esta é unha estupenda oportunidade para descubrirmos algunhas curiosidades...  Sabes que é unha "aurora boreal"?...  Que lles pasa as "volvoretas" de Nigeria?... Por que en Cuba teñen "coches tan antigos"?...  Que relación ten Cataluña co "dragón"?... Por que "o surf" pode representar a Euzkadi?


Agora intenta relacionar cada fragmento musical coa imaxe que lle corresponde 



xoves, 10 de decembro de 2020

ANIMADOS DURANTE UN SÉCULO

Ben seguro que tedes algunha serie de debuxos animados preferida. Propóñovos facer un percorrido pola programación infantil do século XX. 

Teredes que relacionar as distintas sintonías e/ou cabeceiras de debuxos animados ou programas infantiles, coa imaxe dos seu protagonistas.

Para resolver este xogo precisaredes a axuda das persoas maiores que teñades no voso arredor. Botade man de nais - pais - tías - tíos - avoas - avós... e, ademais de disfrutar moito, descubriredes "ó nenos e nenas que foron".

Para facilitares o xogo, están organizados en dous taboleiros distintos. Velaí o primeiro:

ANIMADOS   I

 


 

ANIMADOS DURANTE UN SÉCULO  II

 


 

xoves, 19 de novembro de 2020

AS MÚSICAS DUN SÉCULO

Este curso 20-21 está previsto desenvolver o proxecto temático que o coronavirus non nos deixou facer: O SÉCULO XX.

O IES "Las Musas" de Madrid ten un canal de youtube no que podemos disfrutar duns estupendos vídeos coa música das distintas décadas ilustradas por imaxes da vida cotiá nas grandes cidades.

1900 - 1909


 

1910 - 1919


 
1920 - 1921


1930 - 1939


1940 - 1949



O estupendo youtuber e divulgador musical Jaime Altozano ten colgados no seu canal vídeos que serán de gran axuda para entender os cambios na música de cada década.

1950 - 1959

 

1960 - 69

 

1970 - 1979

 


 

1980 - 1989

 


 

1990 - 1999


Velaquí queda un xogo para practicar os vosos coñecementos sobre as músicas do século XX



xoves, 4 de xuño de 2020

IX PALCO DO TEMPO VIRADO

Estamos rematando este TEMPO VIRADO. Este será o último PALCO . Aproveitemos para deixarnos sorprender pola nosa xente.

Gabriel Bouzas Longueira (5ºA) saiu de paseo con alguén que sabía e aprendeu a facer un chiflo... Encantado co seu novo xoguete musical comparte con nos este vídeo.


Noa Domínguez Remeseiro (6º B) contruíu un arouxo con tapas de botellas


Bruno Rozas Remeseiro (6º A) tamén fixo o seu


Martín García Calvo (4º B) argallou este elaborado cordófono


Paula Pose Fariña (6ºB) explícanos polo miúdo como convertiu un bote de deterxente nunha guitarra. E agasállanos cunha divertida e marchosa versión do Pasodobre do Tempo Virado.



Vega Menéndez Presedo preparou unhas castañolas co que atopou pola casa. Velaquí queda o vídeo onde nolo explica polo miúdo.


Durante este TEMPO VIRADO deste blog sairon moitas propostas e ben distintas. Velaquí a casa de Brenda Calviño González (1ºB) onde pasan un rato divertido facendo rítmos cunha base musical.




Ainoa Bregua Arcos (5º B) adícalle moito tempo á danza. Envíanos este brevísimo vídeo amosando como disfruta coa delicadeza do ballet.




Lucía Jiménez Bermúdez (1º A) e o seu irmán Hugo completaron unha laboriosa proposta: inventaron as rimas, completaron as frases, aprenderon a melodía, abriron as lacenas buscando algún obxecto para facer ritmo e velaí deixan a súa versión da canción "Fun ao mercado".




Pasamos o pano e pechamos o PALCO. Virán tempos novos. Verémonos, cantaremos, bailaremos, tocaremos... disfrutaremos xunt@s coa música.

Coidádevos moito e coidade da vosa xente.



martes, 19 de maio de 2020

V PALCO DO TEMPO VIRADO

Desde agora mesmo na WEB DO CEIP SOFÍA CASANOVA queda aberto un atallo que vaivos levar dereitiñ@s ó PALCO DO TEMPO VIRADO. Fixádevos na web da escola. No apartado de música  atoparedes un novo elemento: a foto dun "palco de música". Se premedes nel atoparedes todas as actuacións do PALCO DO TEMPO VIRADO que se publiquen neste blogue. Velaquí a imaxe.


 Abrimos o V PALCO  DO  TEMPO  VIRADO

O palco de hoxe está cheiño de irmáns. Comezamos a función cunha rubia e un moreno, aprenderon a nosa cantiga e prepararon unha coreografía usando elementos de "atrezzo" para facela máis dinámica e divertida. Velaquí déixovos o traballo de Carla (2º A) e Nando García (5º B).
https://drive.google.com/open?id=1irqCBS_ZRb0-wBunNP5qd71fuPbsSLNX

Presentamos de seguido a unha lutier cun prometedor futuro como youtuber. Lúa Fernández (6ºC) fai unha completísima presentación do seu instrumento: amosa os materiais, explica o proceso de construcción polo miúdo e remata, como non, coa interpretación do noso pasodobre.

https://drive.google.com/open?id=1AZwidaTChohYhpemNzs2gmLKlFiAJg8n


Roi Fernández (6º A), exprésase coa mesma soltura que a súa irmá Lúa. Presenta o seu elaborado botellófono, explícanos o proceso de construcción e tamén interprétanos o pasodobre.

https://drive.google.com/open?id=17IIY6FtAf3sZonlGDO2qZfstmmWybrCM


Pousou o seu benquerido violín e procurou pola casa algo para petar, Gabriela Valerio (6º A), sube ó palco e ofrecenos a súa versión do pasodobre.

https://drive.google.com/open?id=1hJiFxJ5glEsciTKHNaUeW0-uiw0kB_ro


Un case nada, uns pasiños marcando unha coreografía na alfombra, aparece e desaparece... está aí... baila o pasodobre moi sorrinte e feliz facendo parella coa súa boneca. Prestade atención porque sube case ó tempo que baixa: é Yanira Asencio de 5º B.

https://drive.google.com/open?id=1HrkupVoxokekTR0ABnSrLHFus7ZKJS_J


Rematamos con outra bailadora. Cun bule bule no corpo, pero decidida a "dalo todo", Noa Emes (6º A) canta e  baila a súa coreografía para todos nós.

https://drive.google.com/open?id=133ELuWUmQ36OtyACHNOUfH9aM1r4zGX0

Pechamos o pano deste  V PALCO DO TEMPO VIRADO convencid@s das destrezas, habilidades e musicalidade deste estupendo alumnado. Grazas polo voso esforzo e colaboración. 
Este palco abrirá o seu pano se vós participades. Anímovos a seguir enviando os vosos vídeos "musicais"  á arcadamarga@gmail.com, pero lembrade que somentes poderemos poñelos no blogue coa autorización escrita (con DNI) das vosas familias.

luns, 18 de maio de 2020

IV PALCO DO TEMPO VIRADO

Comecemos por situarmos. Desde agora mesmo queda aberto un atallo que vaivos levar dereitiñ@s ó PALCO DO TEMPO VIRADO. Fixádevos na cabeceira desta páxina e atoparedes un novo botón. Se premedes nel atoparedes todos os palcos que se publiquen. Velaquí a imaxe.

Abrimos pois o pano de IV PALCO DO TEMPO VIRADO

Abrimos o espectáculo de hoxe con suavidade, delicadeza, precisión e minuciosidade. Fixádevos ben, porque a nosa lutier e instrumentista prepara o seu instrumento. Escoita as súas cordas. Procura o son axeitado tensando as cordas (afina) e logo... Sorpresa!!! Disfrutade  do Pasodobre  que ofrécenos Irene Prada (6ºA)

https://drive.google.com/open?id=1QuNcZw5pOIlIPPi5YvJSXqru07aO7eV2


 Seguimos cun músico animado. Construiu unha guitarra con unha botella que colle coa seguridade dos profesionais e sácalle un bo partido interpretando o noso pasodobre. Aplaudide forte porque Mussie González de 6º B sube ó noso palco.

https://drive.google.com/open?id=10DlK9uTB0up_5k5269CqcF3gN9cZ-Z2a


Entran na escena dous bailones. Ámbolos transmiten enerxía. Todo neles é vitalidade: a voz,  os saltos, as palmadas... Eles entenden moi ben que a música serve para expresar os nosos sentimentos, as nosas emocións. Velaí Dani (1º B) e Carlos (5ºA) García Areosa...

https://drive.google.com/open?id=1g7dyD8u4h94gYCrEbwwn4e63B_MoKtJx

 Candela Mariño de 6ºB ofrece unha interpretación máis intimista e doce. Axúdáse do acompañamento rítmico dun idiófono que preparou cun tubo.



https://drive.google.com/open?id=1nkaRKCWZfhAyB9y5Ftf3pOZd9l_xb0UN



Mateo Docampo (6º C) argallou unha batería; con espíritu musical pasou pola cociña, abriu lacenas e armarios, colleu botes e caixas e... sen medo a nada, canta e toca para nós convencido e decidido.


https://drive.google.com/open?id=15yRjgXEbn5t8uU5amCpCDvAgD4exbbig




Rematamos este IV PALCO DO TEMPO VIRADO coa musicalidade de Stella Fontao (6ºA). Preparou unhas maracas ben bonitas e cun son suave e, con elas e a súa afinada voz interpreta a nosa melodía.


https://drive.google.com/open?id=17zUsIpFStv0E2dVuPmGUwX5JjULV7GlD


 Seguide atent@s porque haberá máis edicións do PALCO VIRADO. Xa sabedes que si queredes subir ó palco, haberedes de enviar  os vosos "vídeo musicais" e a autorización (con DNI) das vosas familias  á arcadamarga@gmail.com.




 



sábado, 16 de maio de 2020

PASAPALABRA CULTURA MUSICAL GALEGA

O 17 de maio e Galicia celebramos a nosa herdanza. Facemos festa porque as persoas que viviron antes agasalláronnos cun xeito de entender a vida e de transmitila: A FALA. Herdamos un idioma e, como ben sabedes, un idioma non son un conxunto de palabras, senón que é unha estructura mental que sérvenos para organizar o pensamento. Pois iso, como estamos de festa propóñovos refrescar cousas da nosa cultura.   Hai uns días deixeivos  na caixadexogos.blogspot  un xogo de  PASAPALABRA sobre  CULTURA MUSICAL GALEGA. Velaquí está o enlace.

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5619997-cultura_musical_galega.html



Prepareivos tamén a versión para imprimir que está colgada na wed da escola. Velaquí está.







Velaquí déixovos as solucións



xoves, 7 de maio de 2020

ENREDOS PARA UN TEMPO VIRADO

Velaquín un novo lote de propostas para divertirse e aprender cousas de música e/ou músicos.

Quedarán organizadas en tres bloques de máis sinxelos a máis complicados; bloques que coinciden cos tres ciclos de Primaria. Pero anímate e intenta facer todos cantos enredos poidas.

Para comezar cos ENREDOS









Para coller soltura cos ENREDOS




Preparei un CALDO e deixei agachados entre  as  letras os instrumentos que vedes debuxados  abaixo. A ver se sodes quen de atopalos.






Para ser expert@ en ENREDOS









luns, 4 de maio de 2020

O PALCO DO TEMPO VIRADO

Atención!!!   Nenos e nenas, familias, profes, comunidade educativa e... habitantes tod@s do mundo mundial... Poñédevos cómod@s porque...
Inauguramos o PALCO DO TEMPO VIRADO.

A partires de agora mesmo, poderán subir a este palco todas aquelas persoas que envíen GRAVACIÓNS EN VÍDEO seguindo as propostas que se fixeron desde este blogue... Perooooooooo, será requisito IMPRESCINDIBLE, que o nais/pais/responsabeis legais envíen tamén a arcadamarga@gmail.com unha AUTORIZACIÓN escrita que vos permita subir ó palco. 

Nesta estrea disfrutaremos de varias actuacións estelares. 

Abrimos o telón para XABI VÁZQUEZ  de 6º C. Non perdades detalle porque Xabi é unha caixa de interesantísimas sorpresas.


https://drive.google.com/open?id=1seDPBiU2QTESxvs9Y1L56MLCz7h9E4xo


Estades aplaudindo todavía, non si?  Fixástedevos a "armónica" que argallou Xabi ? E que vos pareceu o dúo que fai co seu pai?


Pois seguimos co espectáculo. Atención!!! Preparáidevos para aplaudir  porque sube o palco  CAROLINA LOUREIRO de 5º B

https://drive.google.com/open?id=10JgPrzJjqoWAPrEkwhYce2WCMQV04rIa

Non volo esperabades!!! Carolina preparounos estupendo un "videoclip" co Pasodobre do Tempo Virado. 


Agora é o tempo dun dúo. LUCÍA JIMÉNEZ (1º A) e o seu irmán HUGO (3ºB) divírtense ben xuntos e forman unha moi coordinada "parella de baile".


https://drive.google.com/open?id=1QbXeZ9xUW7Z8AF0vlAdWEyEm0AYBidSx


Continúa o espectáculo de hoxe; sube ó PALCO DO TEMPO VIRADO outro alumno de 6ºC. Trátase de MARTÍN RODRÍGUEZ que, resolveu co que tiña pola casa o seu instrumento e afinou moi ben a súa clara voz.

https://drive.google.com/open?id=1G6Nj0HMTTJqRTbvo3PiOvR8iaL9Hx95G



E agora poderedes escoitar o "sistro" que preparou VALENTINA ÁLVAREZ (5ºB) e que acompaña rítmicamente a súa doce voz.


https://drive.google.com/open?id=1dAsf8QqYZsKC5doBV3dWKVCz6UXlnsN7




E así pechamos por hoxe o telón deste PALCO DO TEMPO VIRADO. Lembrade que estará aberto para todas aquelas persoas que queirades enviar o voso VÍDEO e a AUTORIZACIÓN das vosas familias para vos subir nel.