Estamos rematando este TEMPO VIRADO. Este será o último PALCO . Aproveitemos para deixarnos sorprender pola nosa xente.
Gabriel Bouzas Longueira (5ºA) saiu de paseo con alguén que sabía e aprendeu a facer un chiflo... Encantado co seu novo xoguete musical comparte con nos este vídeo.
Noa Domínguez Remeseiro (6º B) contruíu un arouxo con tapas de botellas
Bruno Rozas Remeseiro (6º A) tamén fixo o seu
Martín García Calvo (4º B) argallou este elaborado cordófono
Paula Pose Fariña (6ºB) explícanos polo miúdo como convertiu un bote de deterxente nunha guitarra. E agasállanos cunha divertida e marchosa versión do Pasodobre do Tempo Virado.
Vega Menéndez Presedo preparou unhas castañolas co que atopou pola casa. Velaquí queda o vídeo onde nolo explica polo miúdo.
Durante este TEMPO VIRADO deste blog sairon moitas propostas e ben distintas. Velaquí a casa de Brenda Calviño González (1ºB) onde pasan un rato divertido facendo rítmos cunha base musical.
Ainoa Bregua Arcos (5º B) adícalle moito tempo á danza. Envíanos este brevísimo vídeo amosando como disfruta coa delicadeza do ballet.
Lucía Jiménez Bermúdez (1º A) e o seu irmán Hugo completaron unha laboriosa proposta: inventaron as rimas, completaron as frases, aprenderon a melodía, abriron as lacenas buscando algún obxecto para facer ritmo e velaí deixan a súa versión da canción "Fun ao mercado".
Pasamos o pano e pechamos o PALCO. Virán tempos novos. Verémonos, cantaremos, bailaremos, tocaremos... disfrutaremos xunt@s coa música.
Coidádevos moito e coidade da vosa xente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario