venres, 28 de setembro de 2018

LUCES, CÁMARA... ÁCCIÓN: O golpe


Facer unha película é "construir unha gran mentira". Nada é verdade. Nin persoas, nin lugares, nin  situacións, nin obxectos son o que parecen... aínda máis... son invencións e construccións que desaparecen cando se roda o derradeiro plano da palícula.

 


 

O cine é unha industria na que traballan milleiros de persoas encargadas de imaxinar e fabricar todos e cada un dos elementos que enganarán ós nosos sentidos e confundirán as nosas emocións. Moitas persoas e moitas profesións: arquitect@s, albanel@s, carpinteir@s, pintor@s, decorador@s, electricistas, iluminador@s, maquillador@s, perruqueir@s, costureir@s, modist@s, zapateir@s...



O GOLPE é unha estupenda película de 1973 na que naaaaaaada é o que parece. Conta a historia dun gran engano: uns timadores queren estafar a un ganster. Os protagonistas son dous chicos moi guapos e divertidos que, en realidade, son malos malísimos: un par de estafadores facendo das súas. Para acadaren os seus perversos obxectivos teñen que "construir" unha enorme mentira na que participan moitíiiiiisimas persoas...

O GOLPE
(1973)


 
Nesta película ata a música é un engano. A película estrenouse no ano 1973, pero o autor da música xa morrera 56 anos antes!!!!
Scott Joplin, o autor desas melodías que engaiolan e enredan, conseguiu moita sona a finais do século XIX. Con gran pericia soubo mesturar os ritmos afroamericanos que aprendeu na súa familia, coas melodías das marchas militares. E así naceu o RAGTIME (tempo rachado) a música sincopada  que tocou e bailou a comunidade afroamericana en bares e tabernas ata que conseguiron encher as rúas de Estados Unidos de música de Jazz.

Se clicas na imaxe de Scott Joplin escoitarás un ragtime estupendo con dúas partes ben diferenciadas: a melodía do piano e a melodía dos ventos de metal

https://www.youtube.com/watch?v=4L2qXd2wBb0
 
 
Imos incorporar unha palabra nova ó noso vocabulario musical: SÍNCOPA. 
Lembrade que temos a música organizada polos PULSOS, e os ACENTOS que sempre van no primeiro pulso de cada compás:


Pero atención! Que sucede cando o son que facemos no pulso acentuado é máis curto dos sons que facemos nas partes débiles? ... Pois que a melodía "coxea", pero con moita graza e donaire.

 
 Os puntos vermellos indican os pulsos. Fíxate no pentagrama que segue e notarás ben que as negras están "da cabalo" entre os dous pulsos. Clica sobre o pentagrama seguinte e poderás escoitar como sona a síncopa.
http://dictadosmusicales.weebly.com/uploads/1/0/7/9/10798912/3r3sncopaejemplo.mp3


Velaí queda esta sinxela actividade para descubrir o compás con síncopas.

https://es.educaplay.com/es/recursoseducativos/3085447/sincopa.htm


 Presta atención a esta outra actividade porque as veces haberás de marcar as síncopas e outras terás que indicar as notas que non o son.

https://es.educaplay.com/es/coleccion/10391/3/sincopas.htm



Neste vídeo atoparás explicacións sobre este interesante elemento rítmico.

Se clicas sobre a imaxe poderás seguir a partitura ó tempo que escoitas o ragtime THE ENTERTAINER  (O ANIMADOR) que sona na película O GOLPE


https://www.youtube.com/watch?v=q62DzyvY5CU








luns, 24 de setembro de 2018

As polirrítmias das terras do Rei León

Preparade o voso ánimo e o voso corpo e deixade que esta música música vos mova:
Escoitáchedes á maravillosa Miriam Makeba engaiolándonos cunha das moitísimas cancións que adeprendeu dos seus avós e que esta sudafricana cantou por todo o mundo.
 
A música africana subsahariana é especialmente rica e variada en polirrítmias. 
Se RITMO é a sucesión ordenada de sons e silencios, unha POLIRRÍTMIA producirase cando varios ritmos distintos sonan ó mesmo tempo.

Hoxe toca xogar con distintos ritmos e practicar polirrítmias. Practicaremos utilizando os nomes dalgúns personaxes da película O REI LEÓN, e acompañaremos o ritmo das nosas voces con percusións corporais.



Interpretaremos os distintos ritmos sucesivamente


Invertimos a orde:

Experimentamos novas secuencias:

Organizámonos en grupos e interpretamos os distintos ritmos ó
mesmo tempo, é dicir, facemos un canon polirrítmico.


Interpretamos as nosas secuencias rítmicas alternando a voz con instrumentos de percusión para acompañar a canción "O ciclo da vida" da película O REI LEÓN




Para saber algo máis do ritmo, velaí vai un vídeo:

domingo, 23 de setembro de 2018

LUCES, CÁMARA... ACCIÓN: O Rei León

É ben divertido xogar con imaxes. Ben seguro tedes practicado moitas veces facendo sombras coas mans... Hai case 200 anos, puxéronse moi de moda uns xoguetes nos as personaxes semellaban moverse: o cabalo parecía que trotaba, o saltimbanqui semellaba contorsionarse, os bailarines daban voltas, o paxaro figuraba voar... 


As persoas somos seres imperfectos: o noso ollo engana ó noso cerebro. Cando o noso ollo ve 24 imaxes sucesivas nun segundo, o noso cerebro "entende" que se esas imaxes se moven. Así  "ródase" o cine, ou grávase o vídeo: en realidade son miles de fotos que, visionadas todas seguidas, confunden a percepción do noso cerebro.

Os "debuxos animados", o "cine de animación" xenera a ilusión de movemento utilizando centos de miles de debuxos colocados sucesivamente.

Durante casi 80 anos, os debuxos tiveron que facerse a man. Miles de horas de traballo de centos de debuxantes deron como resultado películas como Fantasía, Cenicienta, Blancanieves... O REI LEÓN foi a primera película na que se utilizaron ordenadores, concretamente para facer as estampidas dos animais.

Esta derradeira semana do mes de setembro escomenzaremos o outono escoitando a banda sonora do REI LEÓN.
O REI LEÓN permítenos viaxar a África: paisaxes de Kenia, animais que habitan na sabana, a lingua zulú, a música tradicional.  Cóntanos unha historia con bos e malos, perdas e encontros, de soedades e compañías, de  fraxilidade e fortaleza...


O REI LEÓN
(1994)


Hans Zimmer consta como responsable da música; pero nese traballo foron moi importantes os arranxos musicais e a voz do músico sudafricano Lebo M.. Tamén participaron no proxecto o roqueiro británico Elton John e o letrista Tim Rice que fixeron 5 cancións: O ciclo da vida, Eu vou ser o rei león, Hakuna Matata, É a noite do amor, Preparados. 
O Rei león combina as polifonías e polirrítmias da música africana co o pop-rock europeo.



A natureza e os animais que nela habitan protagonizan outras películas de "animación". Velaí enlaces a algunhas delas.


O LIBRO DA SELVA
(1967)

Música de George Bruns, Richard M. Sherman


TARZÁN
(1999)

Música de  Mark Mancina (Canciones: Phil Collins)


UP
(2009)

Música de Michael Giacchino


RÍO
(2011)


Música de John Powell














venres, 14 de setembro de 2018

LUCES, CÁMARA... ACCIÓN! Cabaret


Hoxe darémonos un paseo pola  cidade de Berlín en 1930. Estamos no lusco e fusco. Rematamos o traballo, xa ceamos  e precisamos un pouco de diversión. Tede en conta que: non hai tele, non hai vídeo, non hai ordenadores,  nin netflix, nin facebook... e nin sequera podemos quedar cos amigos polo whasapp... Que facer? Pois podémonos achegar a un dos moitos CABARETS que hai pola cidade, esas "tabernas" nas que botas uns bailes coa música da orquestina, ou bebes algo mentres atendes (ou non) as actuacións de cantantes, bailarines e bailarinas, cómicos, malabaristas e outros artistas que amosan as súas habilidades e destrezas nun pequeno escenario.

A película que vos presento transcurre nun destes locais e daquela, ten moita música: as personaxes bailan e cantan, e as letras das cancións falan das cousas que lles acontecen ou preocupan. A este tipo de películas chamámoslles un "musical".

John Kander e Fred Ebb son as persoas responsábeis da "partitura" (música) e o "libreto" (letras das cancións). Pero nun musical, outro elemento fundamental é a "coreografía" (os bailes) e por iso encargáronlle esta película a un estupendo bailarín e coreógrafo: Bob Fosse.

Pero música, letra e bailes, precisan de alguén que saiba cantar e bailar con precisión e máis con encanto e isa foi a tarefa que desenvolveu brillantemente Liza Minelli.

Disfrutade do bo facer destes estupendos profesionais 

CABARET
(1972)


1. En que compás que está escrita?    2/4        3/4       4/4

2. Que familias instrumentais identificas?      CORDA   /  VENTO  /   PERCUSIÓN 
    Poderías concretar algún dos instrumentos que sonan?

3. Presta moita atención: a velocidade coa que se interpreta a música chamámoslle TEMPO.  Pensas que esta canción sona cunha velocidade igual dende ó pricipio ata o fin, ou podes distinguir algunha variación no TEMPO? 


Velaí deixovos a traducción da canción:
 
Por que pecharte na habitación?
Ven e decídete 
A vida é un cabaret sen máis
Imos ó cabaret.
Basta de radio basoira e sofá
Dalles un patada 
A vida é un cabaret sen mais
imos ó cabaret.
Bebe Champán goza do Jazz
Dalle ó tambor e con sorpresa
Cada cal terá a súa mesa
Basta de ouvir ó eterno chorón
Que sofre sen ter por que
A vida é un cabaret sen máis
Imos ó cabaret. 
Eu fun amiga de Elsi.
Canda ela compartín un piso en Chelsea.
Non era unha santa.
Alquilaba a súa entreperna e a súa gorxa.
Morreu e a xente falou no seu velorio
Así remata sempre unha boa troula.
Eu vina coma unha emperatriz
Era  a morta máis feliz que eu vira. 
Penso nela así todo o día . 
Lembro cando xiraba e dicíame:
Por que pecharte no cuarto?
Ven pasalo ben.
A vida é un Cabaret sen máis. 
Imos ó Cabaret! 
E en canto a mín 
E en canto a mín 
Decidínno aló en Chelsea
Morrerei feliz coma Elsi.

 O tempo voa entre o berce e a caixa 
Non é unha longa estadía 
A vida é un cabaret sen máis
Só é un cabaret sen máis 

 Eu amo este Cabaret.


Hai moitas películas que contan historias que acontecen nun cabaret: velaquí déixovos dúas delas.

COTTON CLUB
(1984)
CHICAGO
(2002)








mércores, 12 de setembro de 2018

LUCES, CÁMARA... ACCIÓN! Carros de lume



Este curso comezamos unha nova sección: LUCES, CÁMARAS, ACCIÓN... na que poderemos coñecer e disfrutar coas bandas sonoras. A música é unha peza fundamental nunha película. Ten o poder de transformar ás imaxes, de dirixir a nosa mirada, de provocarnos emocións, de adiantarnos acontecementos...

Hoxe coñeceremos un rapaz grego apaixoado da música, que aprendeu música pola súa conta, montou distintos grupos investigando sempre coas novas sonoridades que ía descubrindo nos instrumentos electrónicos e os sintetizadores. Esta é a historia de Evangelos Odysseas Papathanassiou que lido así é ben complicado e por iso a súa xente chámalle VANGELIS.

VANGELIS ten un xeito curioso de resolver cos pentagramas. É quen de xerar atmósferas envolventes; sabe suxerir sensacións e sentimentos; consegue describir lugares e situacións... e claro... a industria cinematográfica decatouse de tal habilidade e botou man del, é foi así que se converteu nun estupendo "compositor de música para cine" é dicir, compositor de "bandas sonoras".

Velaí déixovos unha delas.  A banda sonora da película "Carros de lume". Esta película conta unha historia que aconteceu en 1924 a dous corredores do equipo británico que estaban a prepararse para os Xogos Olímpicos.
CARROS DE LUME
(1981)

Propóñote mergullarte na melodía. Escoita atentamente: 
1. Un destes dous motivos melódicos sona antes de que empece a melodía. Descobre cal é e cantas veces sona?
Que instrumento o interpreta?        ACORDEÓN  /  GUITARRA  /  TROMPA 
Que pode representar?   UN TIMBRE  /  UNHA BUCINA  /  AS TROMPETAS QUE ANUNCIAN A ENTREGA DE PREMIOS 
 
 2. Se resolviches este primeiro enigma, estás preparada para o seguinte. Acompañando ese motivo melódico que xa identificaches, vai este ostinato que se repite, repite, repite...durante cantos compases?
Que pensas que pode representar?   O LATEXO DOS CORREDORES  /  AS ONDAS DO MAR  /  AS GAIVOTAS DA PRAIA
       


3. As persoas cando falamos, organizamos a nosa fala en FRASES. A música tamén está organizada en frases. Esta melodía ten dúas frases melódicas.
Frase A 
Frase B
 Escoita a melodía e decide que secuencia ten, en que forma se suceden estas dúas frases

Intro - AA BB AA BB AA Coda
ABABABAB
Intro ABBABB


Velaquí tedes a partitura completa da melodía

 Un titorial que vos axude coa dixitación



E déixovos tamén un enlace para que poidades tocala en karaoke


  Moitas son as películas que podemos disfrutar da man de VANGELIS. Déixovos enlaces
para descubrirdes algunhas delas.

BLADE RUNNER
(1982)
Unha maravillosa historia de Ciencia Ficción que mistura inxeniería xenética e seres extraterrestres que transitan nunha cidade húmida de recunchos miserentos. 


A CONQUISTA DO PARAISO
 (1992)
Cristóbal Colón, un navegante empeñado en atopar unha ruta máis curta para chegar a Asia, consegue convencer ós Reis de Castela para que lle faciliten os cartos que precisa para emprender a viaxe. Con tres carabelas parte do porto de Palos e... 
 


O GRECO
(2007)
 En 1566 un rapaz chega a Venecia fuxindo da guerra e da miseria. Domenicos Theotocopoulos, ise é o seu nome, atopa traballo no obradoiro do pintor Tiziano. O rapaz ten moita man cos pinceis e as cores de xeito que viaxa  a...