Facer unha película é "construir unha gran mentira". Nada é verdade. Nin persoas, nin lugares, nin situacións, nin obxectos son o que parecen... aínda máis... son invencións e construccións que desaparecen cando se roda o derradeiro plano da palícula.
O cine é unha industria na que traballan milleiros de persoas encargadas de imaxinar e fabricar todos e cada un dos elementos que enganarán ós nosos sentidos e confundirán as nosas emocións. Moitas persoas e moitas profesións: arquitect@s, albanel@s, carpinteir@s, pintor@s, decorador@s, electricistas, iluminador@s, maquillador@s, perruqueir@s, costureir@s, modist@s, zapateir@s...
O GOLPE é unha estupenda película de 1973 na que naaaaaaada é o que parece. Conta a historia dun gran engano: uns timadores queren estafar a un ganster. Os protagonistas son dous chicos moi guapos e divertidos que, en realidade, son malos malísimos: un par de estafadores facendo das súas. Para acadaren os seus perversos obxectivos teñen que "construir" unha enorme mentira na que participan moitíiiiiisimas persoas...
O GOLPE
(1973)
Nesta película ata a música é un engano. A película estrenouse no ano 1973, pero o autor da música xa morrera 56 anos antes!!!!
Scott Joplin, o autor desas melodías que engaiolan e enredan, conseguiu moita sona a finais do século XIX. Con gran pericia soubo mesturar os ritmos afroamericanos que aprendeu na súa familia, coas melodías das marchas militares. E así naceu o RAGTIME (tempo rachado) a música sincopada que tocou e bailou a comunidade afroamericana en bares e tabernas ata que conseguiron encher as rúas de Estados Unidos de música de Jazz.
Se clicas na imaxe de Scott Joplin escoitarás un ragtime estupendo con dúas partes ben diferenciadas: a melodía do piano e a melodía dos ventos de metal
Se clicas na imaxe de Scott Joplin escoitarás un ragtime estupendo con dúas partes ben diferenciadas: a melodía do piano e a melodía dos ventos de metal
Imos incorporar unha palabra nova ó noso vocabulario musical: SÍNCOPA.
Lembrade que temos a música organizada polos PULSOS, e os ACENTOS que sempre van no primeiro pulso de cada compás:
Pero atención! Que sucede cando o son que facemos no pulso acentuado é máis curto dos sons que facemos nas partes débiles? ... Pois que a melodía "coxea", pero con moita graza e donaire.
Os puntos vermellos indican os pulsos. Fíxate no pentagrama que segue e notarás ben que as negras están "da cabalo" entre os dous pulsos. Clica sobre o pentagrama seguinte e poderás escoitar como sona a síncopa.
Velaí queda esta sinxela actividade para descubrir o compás con síncopas.
Presta atención a esta outra actividade porque as veces haberás de marcar as síncopas e outras terás que indicar as notas que non o son.
Neste vídeo atoparás explicacións sobre este interesante elemento rítmico.
Se clicas sobre a imaxe poderás seguir a partitura ó tempo que escoitas o ragtime THE ENTERTAINER (O ANIMADOR) que sona na película O GOLPE