É ben divertido xogar con imaxes. Ben seguro tedes practicado moitas veces facendo sombras coas mans... Hai case 200 anos, puxéronse moi de moda uns xoguetes nos as personaxes semellaban moverse: o cabalo parecía que trotaba, o saltimbanqui semellaba contorsionarse, os bailarines daban voltas, o paxaro figuraba voar...
As persoas somos seres imperfectos: o noso ollo
engana ó noso cerebro. Cando o noso ollo ve 24 imaxes sucesivas nun
segundo, o noso cerebro "entende" que se esas imaxes se moven. Así
"ródase" o cine, ou grávase o vídeo: en realidade son miles de fotos
que, visionadas todas seguidas, confunden a percepción do noso cerebro.
Os "debuxos animados", o "cine de animación" xenera a ilusión de movemento utilizando centos de miles de debuxos colocados sucesivamente.
Durante casi 80 anos, os debuxos tiveron que facerse a man. Miles de horas de traballo de centos de debuxantes deron como resultado películas como Fantasía, Cenicienta, Blancanieves... O REI LEÓN foi a primera película na que se utilizaron ordenadores, concretamente para facer as estampidas dos animais.
Esta derradeira semana do mes de setembro escomenzaremos o outono escoitando a banda sonora do REI LEÓN.
O REI LEÓN permítenos viaxar a África: paisaxes de Kenia, animais que habitan na sabana, a lingua zulú, a música tradicional. Cóntanos unha historia con bos e malos, perdas e encontros, de soedades e compañías, de fraxilidade e fortaleza...
O REI LEÓN
(1994)
Hans Zimmer consta como responsable da música; pero nese traballo foron moi importantes os arranxos musicais e a voz do músico sudafricano Lebo M.. Tamén participaron no proxecto o roqueiro británico Elton John e o letrista Tim Rice que fixeron 5 cancións: O ciclo da vida, Eu vou ser o rei león, Hakuna Matata, É a noite do amor, Preparados.
O Rei león combina as polifonías e polirrítmias da música africana co o pop-rock europeo.
O Rei león combina as polifonías e polirrítmias da música africana co o pop-rock europeo.
A natureza e os animais que nela habitan protagonizan outras películas de "animación". Velaí enlaces a algunhas delas.
O LIBRO DA SELVA
(1967)
Música de George Bruns, Richard M. Sherman
TARZÁN
(1999)
Música de Mark Mancina (Canciones: Phil Collins)
UP
(2009)
Música de Michael Giacchino
RÍO
(2011)
Música de John Powell
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Abrése a "ARCA" para que ti pouses aquí o teu comentario.