Hoxe darémonos un paseo pola cidade de Berlín en 1930. Estamos no lusco e fusco. Rematamos o traballo, xa ceamos e precisamos un pouco de diversión. Tede en conta que: non hai tele, non hai vídeo, non hai ordenadores, nin netflix, nin facebook... e nin sequera podemos quedar cos amigos polo whasapp... Que facer? Pois podémonos achegar a un dos moitos CABARETS que hai pola cidade, esas "tabernas" nas que botas uns bailes coa música da orquestina, ou bebes algo mentres atendes (ou non) as actuacións de cantantes, bailarines e bailarinas, cómicos, malabaristas e outros artistas que amosan as súas habilidades e destrezas nun pequeno escenario.
A película que vos presento transcurre nun destes locais e daquela, ten moita música: as personaxes bailan e cantan, e as letras das cancións falan das cousas que lles acontecen ou preocupan. A este tipo de películas chamámoslles un "musical".
John Kander e Fred Ebb son as persoas responsábeis da "partitura" (música) e o "libreto" (letras das cancións). Pero nun musical, outro elemento fundamental é a "coreografía" (os bailes) e por iso encargáronlle esta película a un estupendo bailarín e coreógrafo: Bob Fosse.
Pero música, letra e bailes, precisan de alguén que saiba cantar e bailar con precisión e máis con encanto e isa foi a tarefa que desenvolveu brillantemente Liza Minelli.
Disfrutade do bo facer destes estupendos profesionais
CABARET
(1972)
(1972)
1. En que compás que está escrita? 2/4 3/4 4/4
2. Que familias instrumentais identificas? CORDA / VENTO / PERCUSIÓN
Poderías concretar algún dos instrumentos que sonan?
Poderías concretar algún dos instrumentos que sonan?
3. Presta moita atención: a velocidade coa que se interpreta a música chamámoslle TEMPO. Pensas que esta canción sona cunha velocidade igual dende ó pricipio ata o fin, ou podes distinguir algunha variación no TEMPO?
Velaí deixovos a traducción da canción:
Por
que pecharte na habitación?
Ven e decídete
Ven e decídete
A vida é
un cabaret sen máis
Imos ó cabaret.
Basta de radio basoira e sofá
Dalles un patada
Basta de radio basoira e sofá
Dalles un patada
A vida é un cabaret sen mais
imos ó cabaret.
Bebe Champán goza do Jazz
Dalle ó tambor e con sorpresa
Cada cal terá a súa mesa
Basta de ouvir ó eterno chorón
Que sofre sen ter por que
Bebe Champán goza do Jazz
Dalle ó tambor e con sorpresa
Cada cal terá a súa mesa
Basta de ouvir ó eterno chorón
Que sofre sen ter por que
A vida é un
cabaret sen máis
Imos ó cabaret.
Eu fun amiga de Elsi.
Canda ela compartín un piso en Chelsea.
Non era unha santa.
Alquilaba a súa entreperna e a súa gorxa.
Morreu e a xente falou no seu velorio
Así remata sempre unha boa troula.
Canda ela compartín un piso en Chelsea.
Non era unha santa.
Alquilaba a súa entreperna e a súa gorxa.
Morreu e a xente falou no seu velorio
Así remata sempre unha boa troula.
Eu vina coma unha emperatriz
Era a morta máis feliz que eu vira.
Era a morta máis feliz que eu vira.
Penso nela así todo o día .
Lembro cando xiraba e dicíame:
Por que pecharte no cuarto?
Ven pasalo ben.
Lembro cando xiraba e dicíame:
Por que pecharte no cuarto?
Ven pasalo ben.
A vida é un Cabaret sen máis.
Imos ó Cabaret!
E en canto a mín
E en canto a mín
Decidínno aló en Chelsea
Morrerei feliz coma Elsi.
O tempo voa entre o berce e a caixa
Non é unha longa estadía
A vida é un cabaret sen máis
Só é un cabaret sen máis
Eu amo este Cabaret.
Imos ó Cabaret!
E en canto a mín
E en canto a mín
Decidínno aló en Chelsea
Morrerei feliz coma Elsi.
O tempo voa entre o berce e a caixa
Non é unha longa estadía
A vida é un cabaret sen máis
Só é un cabaret sen máis
Eu amo este Cabaret.
Hai moitas películas que contan historias que acontecen nun cabaret: velaquí déixovos dúas delas.
COTTON CLUB
(1984)
CHICAGO
(2002)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Abrése a "ARCA" para que ti pouses aquí o teu comentario.