Este curso comezamos unha nova sección: LUCES, CÁMARAS, ACCIÓN... na que poderemos coñecer e disfrutar coas bandas sonoras. A música é unha peza fundamental nunha película. Ten o poder de transformar ás imaxes, de dirixir a nosa mirada, de provocarnos emocións, de adiantarnos acontecementos...
Hoxe coñeceremos un rapaz grego apaixoado da música, que aprendeu música pola súa conta, montou distintos grupos investigando sempre coas novas sonoridades que ía descubrindo nos instrumentos electrónicos e os sintetizadores. Esta é a historia de Evangelos Odysseas Papathanassiou que lido así é ben complicado e por iso a súa xente chámalle VANGELIS.
VANGELIS ten un xeito curioso de resolver cos pentagramas. É quen de xerar atmósferas envolventes; sabe suxerir sensacións e sentimentos; consegue describir lugares e situacións... e claro... a industria cinematográfica decatouse de tal habilidade e botou man del, é foi así que se converteu nun estupendo "compositor de música para cine" é dicir, compositor de "bandas sonoras".
Velaí déixovos unha delas. A banda sonora da película "Carros de lume". Esta película conta unha historia que aconteceu en 1924 a dous corredores do equipo británico que estaban a prepararse para os Xogos Olímpicos.
CARROS DE LUME
(1981)
(1981)
Propóñote mergullarte na melodía. Escoita atentamente:
1. Un destes dous motivos melódicos sona antes de que empece a melodía. Descobre cal é e cantas veces sona?
Que instrumento o interpreta? ACORDEÓN / GUITARRA / TROMPA
Que pode representar? UN TIMBRE / UNHA BUCINA / AS TROMPETAS QUE ANUNCIAN A ENTREGA DE PREMIOS
2. Se resolviches este primeiro enigma, estás preparada para o seguinte. Acompañando ese motivo melódico que xa identificaches, vai este ostinato que se repite, repite, repite...durante cantos compases?
Que pensas que pode representar? O LATEXO DOS CORREDORES / AS ONDAS DO MAR / AS GAIVOTAS DA PRAIA
3. As persoas cando falamos, organizamos a nosa fala en FRASES. A música tamén está organizada en frases. Esta melodía ten dúas frases melódicas.
Frase A
Frase B
Escoita a melodía e decide que secuencia ten, en que forma se suceden estas dúas frases
Intro - AA BB AA BB AA Coda
ABABABAB
Intro ABBABB
ABABABAB
Intro ABBABB
Velaquí tedes a partitura completa da melodía
Un titorial que vos axude coa dixitación
E déixovos tamén un enlace para que poidades tocala en karaoke
Moitas son as películas que podemos disfrutar da man de VANGELIS. Déixovos enlaces
para descubrirdes algunhas delas.
BLADE RUNNER
(1982)
(1982)
Unha maravillosa historia de Ciencia Ficción que mistura inxeniería xenética e seres extraterrestres que transitan nunha cidade húmida de recunchos miserentos.
A CONQUISTA DO PARAISO
(1992)
Cristóbal Colón, un navegante empeñado en atopar unha ruta máis curta para chegar a Asia, consegue convencer ós Reis de Castela para que lle faciliten os cartos que precisa para emprender a viaxe. Con tres carabelas parte do porto de Palos e...
O GRECO
(2007)
En 1566 un rapaz chega a Venecia fuxindo da guerra e da miseria. Domenicos Theotocopoulos, ise é o seu nome, atopa traballo no obradoiro do pintor Tiziano. O rapaz ten moita man cos pinceis e as cores de xeito que viaxa a...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Abrése a "ARCA" para que ti pouses aquí o teu comentario.