xoves, 27 de novembro de 2014

DO RE MI



Comezamos a sesión xogando a facer ECO coas frautas.
Velaí os esquemas melódicos.
Clica na flecha negra do angulo esquerdo e poderas escoitalos.




Logo faremos ritmos corporais... A proposta musical é PREGUNTA-RESPOSTA. Consideramos PREGUNTA motivo de tres negras (que toda a clase interpretamos con palmadas), e cada persoa haberá de inventar a súa RESPOSTA usando o ritmo das corcheas pero buscando distintas sonoridades de Percusión Corporal.
Velaí as células rítmicas que haberemos de transformar.



E agora, o texto que haberedes de completar. 
Poderedes traballar en solitario ou en equipos.



Rematamos tocando outra vez as frautas. 


Completamos a nosa partitura engadindo as voces. As frautas tocarán a súa parte e, a melodía do piano cantarémola coas letras que vimos de inventar.




Como broche final imos disfrutar co grupo vasco OSKORRI.
Esta gravación vainos permitir cantar en KARAOKE a súa canción
DO RE MI.






ADIVIÑA QUEN TOCA NA BANDA


Esta semana descubrimos os instrumentos musicais que tocaban os animais do libro MUZIEK.
Velaí a partitura para que poidades cantala.
Clica no trianguliño negro que está na dereita e escoitarás a melodía.



mércores, 29 de outubro de 2014

MÚSICAS DE MEDO

NA COVA DO REI DA MONTAÑA

A música ten o poder de provocarnos sensacións. As veces por imitación de sons reais, e noutras ocasións de xeito moito máis sutil, afectando as nosas emocións. Hoxe sona MEDO.

Empezamos por unha obra do músico noruegués EDVARD GRIEG. Este compositor foi o autor da música para unha obra de teatro que contaba as aventuras dun rapaz un pouco atolado, as andanzas de Peer Gynt. Neste fragmento Peer Gynt está Na cova do Rei da Montaña. Escoita atentamente e intenta identificar cal dos conceptos musicais aparecen nesta peza:      

*  pizzicatto
* stacatto
* crescendo
* decrescendo
* accelerando
* ralentando


 cova do rei da montaña



DANZA MACABRA

O autor desta obra foi o músico francés Camille Saint Saens, un señor ben interesante que morreu hai case 100 anos e que, curiosamente, foi o primeiro compositor de música para cine.
A música suxire un concerto de violín no cemiterio. É meia noite e A MORTE toca mentres os esqueletes bailan entre as tumbas. Ao mencer, co canto do galo, os mortos volven as súas tumbas e remata a festa.
Deste mesmo compositor temos escoitado outras obras. Hai unha obra súa  na que a música  representa animais. Investiga o seu título e que animais aparecen.


 danza macabra



DANZA DO SACRIFICIO
Igor Stravinsky foi o autor da obra que segue. É un BALLET, é dicir, unha composición creada para ser bailada. Conta a terrible historia dunha moza que debe bailar ata morrer para calmar a ira dos deuses.
Igor Stravinsky naceu en Rusia pero a vida foino levando por moitos paises. Traballou moitos anos nunha cidade da que din é "a meca do cine". Investiga de que cidade se trata.

martes, 28 de outubro de 2014

A MÚSICA DE MORDILLO

Guillermo Mordillo é un debuxante arxentino que enche os seus traballos de cor e con moito sentido do humor. Velaí unha pequena escolma de imaxes súas que teñen a MÚSICA como pretexto para provocarnos un sorriso. Imos aproveitar os seus debuxos para aprender algo de música. 

Fíxate ben e descubrirás algúns instrumentos. Proproño xogar a "detectives" investigando sobre algunhas cuestións.  






Investiga o nome de instrumentos de corda que teñan a caixa de resoancia redonda.





Os xograres e troveiros viviron hai moitos anos. Investiga en que época ou século.




Houbo xograres e troveiros en Galicia?




Que instrumento de vento parecen tocar as persoaxes destes dous últimos debuxos?




Como se chama o obxecto que ten na man o home que está coa xirafa? Con que instrumentos o utilizarías? 


Investiga o título dalgunha canción de troveiros e xograres galegos.


UN LOTE DE CHISTES E INSTRUMENTOS


Imos aproveitar estas divertidas viñetas para aprender algunhas cousas sobre instrumentos musicais.



Como se chaman as pezas que haberá de apretar o tompetista para obter o son no seu instrumento?



Nesta viñeta ao músico transformouselle a man nunha parte dun instrumento. Investiga o nome que se lle da.



De que materiais constrúese este instrumento?



Cantas teclas ten un piano? 
En que lado haberás de tocar para que sonen as notas máis agudas?



Como se chama este instrumento?




A maraca é un instrumento moi utilizado nos paises do Caribe para facer ritmos musicais. Investiga por que se tocan dúas?


Elabora as conclusións finais:

Que instrumentos están representados nestes debuxos?

En que familias orquestais os incluirías?

Cal crees que soará máis agudo?

E cal crees que soará máis grave?

LINGUAXE MUSICAL



Para entender o significado de palabras que usamos en clase (Pentagrama, linea divisoria, anacrusa, figuras, signos de repetición.....) Para resolver todas esas dudas que tes cando intentas interpretar unha partitura... Para todo eso, velaí esta páxina con explicacións sobre linguaxe musical.


 linguaxe musical

martes, 21 de outubro de 2014

SAMAÍN, DEFUNTOS, MAGOSTO... PARA CANTAR

OS ESQUELETOS

Estamos no tempo en que o sol agáchase máis tempo. As árbores, cansadas despois de dar tantos froitos, deciden tirar as súas follas e descansar. É o tempo da choiva, do vento, dos temporais. É o tempo DOS MAGOSTOS, DOS DEFUNTOS, DO SAMAÍN... Velaí algunhas cancións para cantar nestes días. 
Empezamos por unha canción infantil moi popular.


OS ESQUELETOS EN FRANCÉS

Escoita moi atentamente. Que diferencias atopas?
Si, claro, está noutro idioma. Pero... hai algunha outra diferencia: a voz é igual? A velocidade (tempo en música) é a mesma? Sonan os mesmos instrumentos?
Aproveita a canción para aprender outro idioma : o francés.




ROCK DO SAMAÍN
Cambiamos de estilo musical. Agora toca un rock and roll, escrito por Xabier CR.
Pode escoitalo cantado por alumnos de 5º.

E, moito mellor, podes cantalo ti. Velaí o Karaoke





NOITE DE TREBÓN

Seguimos marchosos.  Mamacabra, cántanos unha terrorífica festa nun vello castelo e non falta ninguén.
Por certo: cal é o texto do "retrouso?  Cantas veces sona?



E agora ben unha balada






martes, 14 de outubro de 2014

A VOLTAS COA MUSETTE DE ANA MAGDALENA

Esto pasou nunha tarde calquera de outono. Chovía a cachón, pero o rapaz estaba empeñado saír ao parque. Por máis que protestaba, teimudo, a súa nai, con voz esa perigosa voz calmada, decidida e lenta  (que significa que ten non tes nada que facer porque a decisión está tomada), repetíalle que pasaría a tarde na casa. Pois esta familiar perrencha sona así.




Que tal se transformamos este ritmo verbal en melodía?
 Imos intentalo con esta sinxela partitura.



Así empeza unha melodía recollida no Libro de Ana Magdalena Bach e titulada MUSETTE. 

Escoita esta peza en distintas interpretacións.
A primeira é unha versión de PIANO




A segunda é un CLAVECÍN, un instrumento tamén de tecla, pero cunha sonoridade moi peculiar.




E este último enlace é unha verdadeira xoia. Presta moita atención e descubre:

* Cantas versións se escoitan?

* Que instrumentos sonan?

* Cantos idiomas distingues?







luns, 6 de outubro de 2014

MÚSICA, DE QUE ESTAMOS A FALAR?

De que estamos a falar cando decimos MÚSICA?...
 Para que serve MÚSICA? ... 
Para quen é a MÚSICA? ...

Pode que estes vídeos axuden a clarexar ideas... ou moito mellor, pode que suxiran novas preguntas e provoquen máis inquietudes...





O mesmo, o mesmiño, pero contado doutro xeito.



Presta moita atención e descubrirás os sorprendentes efectos da Música no noso cerebro







domingo, 5 de outubro de 2014

++ ANIMADOS

Pois máis DEBUXOS  ANIMADOS. Instrumentos inventados, sonoridades suxestivas, ritmos envolventes, formas atractivas...












sábado, 4 de outubro de 2014

+ DEBUXOS ANIMADOS

Seguimos recopilando videos desparramados polos currunchos da rede. Aquí deixo uns debuxos animados de 1965. A divertirse:


THE HOFFNUNG  SYMPHONY ORCHESTRA




En 1938 a empresa Disney gañou un Óscar cunha peliculiña de debuxos animados feita a partires dun conto do escritor Munro Leaf. Ambientada en España (que daquela estaba pasando por unha guerra terrible), conta a historia dun touro que ama a beleza da dehesa e  non quere saber nada dos toureiros ou das corridas. Velaquí queda a historia do TOURO FERNANDO.






Disney dirixiu FANTASÍA  no ano 1945. Unha verdadeira xoia. Foi unha aposta de moito risco, pero pagou a pena e hoxe seguimos a disfrutar coas súas propostas. Velaí "O aprendiz de Feiticeiro".

O APRENDIZ DE FEITICEIRO - FANTASÍA




1970 foi o ano no que se estrenou OS ARISTOGATOS, unha película de debuxos ambientada en París a principios do século XX. A música ten moita impostancia e, sobor de todo, o jazz clásico.

OS ARISTOGATOS - TODOS QUEREN SER UN GATO JAZZ





venres, 3 de outubro de 2014

WORLD MUSIC TOUR. FRANCIA: As campás do frade Jacques

FRERE JACQUES: Practicando o CANON en francés

Este é o título dunha das máis coñecidas cancións infantís francesas. Fala dun frade (o Irman Santiago - frère Jacques) que durme e non sinte as badaladas das Campás do Mosteiro.

Velai a letra:

Frère Jacques, Frère Jacques!
Dormez - vous? Dormez - Vous?
Sonnez les matines!
Sonnez les matines!
Din dan don!
Din dan don!


Velai  o enlace para escoitala e tocala en "Versión roqueira"


 FRERE JACQUES


Nestoutro enlace podes escoitala en la versión de Canon e cantala en KARAOKE




Aquí deixo o enlace para que poidas practicar as posicións na frauta. Presta atención porque é o final é distinto á nosa partitura.




E aquí deixo una partitura para armónica, que soará estupendamente na túa frauta.


domingo, 28 de setembro de 2014

DEBUXOS ANIMADOS

Os debuxos animados poden ser unha estupenda maneira de aprender ao tempo que disfrutas da música. 
Velaí algunhas pezas. TOM E JERRY teñen case 80 anos, pero velaí están, tan divertidos coma o primeiro día.


TOM E JERRY







O PAXARO TOLO é outra das personaxes que fixo rir aos teus avós.



BUGS BUNNY é o coello que ben facendo mil e unha falcatruadas desde hai ochenta anos.


 


Tamén ten 80 anos  O PAÍS DA MÚSICA que conta coma se coñecen e namoran Violín (filla dos reis do País da Sinfonía) e Saxofón (fillo dos reis do País do Jazz).


O HOME ORQUESTRA  é unha historia que Pixar estrenou no 2005. 

O HOME ORQUESTRA











24 FOTOGRAMAS POR MINUTO

O cine é unha arte integradora porque require a creatividade de moi distintas profesións e profesionais. A música é unha parte especialmente importante. Nesta arca iremos incorporando variados exemplos e gravacións para ir coñecendo e disfrutando das suas posibilidades. 




O CINE APROVEITA MÚSICA QUE NON FOI COMPOSTA PARA A PELÍCULA

Woody Allen é un director de Nova Iork e na maior parte das súas películas conta historias que transcurren nesta cidade. George Gerswing foi un compositor tamén de Nova Iork que transformou a música sinfónica americana porque conseguiu que entraran nas salas de concertos ritmos e melodías que sonaban nos clubs e nos bares desa cidade. Velaí o principio da película MANHATTAN (1979) de Woody Allen que vainos presentando imaxes desa cidade en branco e negro coa música de RHAPSODY IN BLUE  de Gerswing.

MANHATTAN - RHAPSODY IN BLUE




 O CINE NARRA A VIDA DE MÚSICOS E UTILIZA AS SUAS COMPOSICIÓNS

Juan Bautista LULLY foi o músico que o Luis XVI (El Rey Sol) escolleu para compor e dirixir todos as montaxes coas que se divertían na corte de Versalles aló polo 1600 e pico. A película belga LE ROI DANSE (2000) conta a historia desa corte: Luis XVI, Lully, Molière... as súas festas e espectáculos... 


LE ROI DANSE - LULLY





O CINE CONTA HISTORIAS CON MÚSICA, BAILES E CANCIÓNS: OS MUSICAIS

Nos anos 30, 40 e 50 do século pasado a salas de cine enchíanse cando se proxectaban "musicais". Son películas que contan historias con música. Hai moitas escenas de baile e, ademais de diálogo, as cancións  van contando a historia. Esto non é novo porque  no século XIX a Ópera, a Opereta e a Zarzuela utilizaban a mesma estratexia. Moitos deses musicais seguen a representarse hoxe nos teatros das grandes capitais... pois iso é O REI LEÓN, un musical.
Un dos musicais máis famosos foi CANTANDO BAIXO A CHOIVA (1952). Velaí a escena de onde a película colleu o título. Seica Gene Kelly (o actor-bailarín-coreógrafo-cantante) pasouno verdadeiramente mal ao pasaren tanta horas mollado). Pero sempre o recordaremos cantando feliz, empapado,  subido a unha farola ou a saltar nos charcos...

CANTANDO BAIXO A CHOIVA - Gene Kelly








RISAS E GARGALLADAS

Imos procurar algunhas risas máis... o bo humor sempre é necesario e urxente. 
E podemos aproveitar para exercitar os miolos: saberias dicir o título da obra que están "interpretando" e o nome do seu autor?

MONXES MUDOS









ARA MALIKIAN é un estupendo violinista armenio que actualmente vive en Madrid e desde esa ciudad viaxa por todo o mundo transmitindo enerxía e bo humor coa sua música. Velaí un fragmento dun dos espectáculos. A peza que interpretan é de Boccherini... un músico que tamén naceu nun país e viviu e traballou noutro. Investiga de que paises se trata e en que datas sucedeu.

ARA MALIKIAN - MINUETO DE BOCCHERINI







LES LUTHIERS é un grupo de músicos latinoamericanos que levan máis de catro décadas facendo reir cun humor imaxinativo e intelixente. Chámanse así porque nos seus espectáculos utilizan "instrumentos inventados por eles mesmos."  Neste caso utiizan un curioso "aerófono" para interpretar un "blues".

Escoita atentamente e averigua:

1- De que país é a música que están a interpretar
2- Cantas persoas forman o grupo LES LUTHIERS
3- Que quere cicir esa palabra: LUTHIERS
4-De que país son?
5- Que nome lle porías ti a ese instrumento?

LES LUTHIERS - BLUES










domingo, 21 de setembro de 2014

WORLD MUSIC TOUR: ESCOCIA (sen gaita) - BUNESSAN


Bunessan , Escocia sen gaita


Nestes días están a falar moito de Escocia e, daquela, imos aproveitar para disfrutar cunha antiga melodía dese país. Bunessan é un pequeno porto do SW de Escocia, e interésanos especialmente porque tamén é o título desta cantiga gaélica.


Bunessan - ARPA




Velai outra versión, la nas mans do guitarrista danés Kaare Norgen, con acompañamento de instrumentos de corda frotada.

Bunessan - GUITARRA E OUTRAS CORDAS (KAARE NORGEN)




Esta é a versión de Cat Stevens quen, nos anos 70, popularizou esta melodía en todo o mundo

 

Velaí a letra:

Unha versión "traducida" 
Morning has broken  - CAT STEVENS - text in english



Una versión karaoke para que poidas cantala con gusto


E aquí tes a partitura que analizamos e tocamos na clase.


Velai vai o enlace que te vai axudar a tocala coa frauta




Un vídeo de axuda para as persoas amantes dos teclados


E velaí unha axudiña para as persoas engaioladas polas cordas