Guillermo Mordillo é un debuxante arxentino que enche os seus traballos de cor e con moito sentido do humor. Velaí unha pequena escolma de imaxes súas que teñen a MÚSICA como pretexto para provocarnos un sorriso. Imos aproveitar os seus debuxos para aprender algo de música.
Fíxate ben e descubrirás algúns instrumentos. Proproño xogar a "detectives" investigando sobre algunhas cuestións.
Investiga o nome de instrumentos de corda que teñan a caixa de resoancia redonda.
Os xograres e troveiros viviron hai moitos anos. Investiga en que época ou século.
Houbo xograres e troveiros en Galicia?
Que instrumento de vento parecen tocar as persoaxes destes dous últimos debuxos?
Como se chama o obxecto que ten na man o home que está coa xirafa? Con que instrumentos o utilizarías?
Investiga o título dalgunha canción de troveiros e xograres galegos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario