domingo, 17 de febreiro de 2019

LUCES, CÁMARA. ACCIÓN... A panteira rosa


A PANTEIRA ROSA é unha comedia que enrédase arredor dun extraordinario diamante de cor rosa... o ladrón que quere roubalo... e o inspector de policía Jacques Clouseau que quere impedilo. Blake Edwards (o director) quixo que a película arrincase dun xeito orixinal, distinto, con moita animación!!! Os títulos de crédito tanto do principio como do final da película haberían de ser debuxos animados. Lembrouse dun debuxante que inventara ó coello Bugs Bunny, o porquiño Porky, o paxaro Piolín, o gato Silvestre e pediulle (a Friz Freleng) que lle debuxara unha panteira rosa, muda, elegante e graciosa... A maxia envolvente deste personaxe completouna o compositor Henry Mancini cunha famosísima melodía de jazz.
Cabecera e créditos da película 1963


Henri Mancini escribiu o tema musical da Panteira Rosa para ser interpretado por un SAXO TENOR. Este instrumento "naceu" en 1840 e o seu pai foi o clarinetista belga Adolf Sax. Este home estaba empeñado en corrixir e mellorar o seu clarinete: quería conseguir a forza do son dos instrumentos de metal pero coas calidades de son dos instrumentos da madeira. E así nace a FAMILA DOS SAXOFÓNS: un tubo de latón que se ensancha en forma de campá e ten 20 ou 23 buratos que abren e pechan chaves.  O instrumento ten unha boquilla semellante á do clarinete, e tamén leva unha palleta de cana. Esta familia de instrumentos é moi frecuente nas bandas de música (militares ou civiles) pero onde ten mellor acollida é entre os músicos de jazz.



Para que poidas valorar as cualidades sonoras deste instrumento, velaquí vai unha versión da melodía da Pantera Rosa pero, atención, sen saxo!!!


A gran sona que conseguiu o "debuxo animado" que aparecía na cabeceira da película animou á empresa cinematográfica UNIVERSAL STUDIOS a producir 156 curtametraxes  de "animación" coa Panteira Rosa coma protagonista: humor visual banda sonora rítmica. E despois chegaría "O espectáculo da Panteira Rosa" emitido  polas televisións de finais dos anos 60, os bonecos e os xogos e máis películas e...  Velaí vai un dos capítulos de debuxos animados que ten moito que ver co noso tema: A Música. Nos vos a derradeira imaxe da historia... hai sorpresa.

THE PINK PANTER IN "PINK, PLUNK, PLINK"


Lembras cales son as cores básicas? Que mistura haberás de facer para obter outras cores? Practica un pouco dándolle cor a este debuxo da Panteira Rosa. Clica na imaxe. 

https://igrezadecu.com/pink_panther/coloring-game.html

domingo, 10 de febreiro de 2019

LUCES, CÁMARA, ACCIÓN... Almorzo con diamantes

Se decides ver "ALMORZO CO DIAMANTES" disfrutarás dunha comedia romántica que narra a relación de dous parárasitos que resolven a súa rutina diaria grazas ás persoas que conseguen embeleñar. En 1961 o director Blake Edwards convertiu en imaxes a historia imaxinada por Truman Capote e o compositor Henry Mancini escribiu a música que acompaña a estes dous seres infelices perdidos no caos da súa vida. 




 Henry Mancini escribió Moon River ex profeso para Audry Hepburn. A imaxe dunha muller cunha guitarra o pelo recién lavado nunha ventana describen tamén o desamparo, a soedade e, ó mesmo tempo, a ansia por sobrevivir.

A actriz Audry Hepburn acadou moita sona interpretando a esta "sofisticada buscavidas". Na escuridade das salas de cine quedamos abraiados por actitudes vitais que non resistirían unha análise polo miúdo e con sentidiño. As películas e as cancións promocionan modelos e pautas de relacións baseadas no "amor romántico". O mito do "amor romántico" fai medrar en nós espectativas e falsas verdades que poden chegar a confundirnos. Artéllase arredor dalgunhas premisas que vos animo a analizar nas titorías:

* Temos unha "media laranxa"... O que equivale a dicir que somos seres incompletos e que precisamos de alguén para conseguir a felicidade.

O amor pode con todo... O que ven sendo que cando hai afecto non hai conflictos ou que se hai conflictos non hai afecto, e tamén que "por amor" deberiamos soportar o que aconteza.

* A persoa amada enche toda a túa vida... O que significaría que as aspiracións personais e as relacións con outras persoas teñen unha importancia menor fronte á persoa amada

* Os ciumes son unha proba de amor... Deste xeito a inseguridade, a desconfianza, a dependencia, o control da outra persoa puideran entenderse como algo producto do amor.

* Chegará o "amor da miña vida"... É dicir que nin o tempo, nin os acontecementos, nin a evolución persoal variarán a relación amorosa.

Velaí o texto da canción MOON RIVER en inglés e a súa tradución.


RÍO DE LÚA
Río de lúa, más de unha milla de ancho
Voute  cruzar á moda algún día,
Vello creador de soños,
esnaquizas corazóns ...
onde vaias,
Sigo a túa ruta.

Dous vagabundos, para ver o mundo
Hai tanto mundo para ver
Os dous procuramos o mesmo arco da vella
Agárdanos ó final da curva ...
Meu fiel amigo,
O río de lúa e máis eu.


MOON RIVER 
Moon river, wider than a mile
I'm crossin' you in style some day,
Old dream maker,
You heartbreaker ...
Wherever you're goin',
I'm goin' your way.

Two drifters, off to see the world
There's such a lot of world to see
We're after the same rainbow's end
Waitin' 'round the bend ...
My huckleberry friend,
Moon River, and me.

O éxito desta melodía foi recoñecido cun Oscar. Se navegas pola rede poderás atopala en moitas, moitísimas versións.

A versión de Aretha Franklin


 A versión de Barbra Streisand


 A versión de Louis Amstrong


A versión do pianista de Brad Mehldau



Esta melodía é ben sinxela. O alumnado de 5º de primaria somentes descubrirá a dixitación dunha nova nota. Clica no enlace e chegarás a PARTYFLAUTA onde agárdante os recursos que precisas para poder tocala.

       


Velaí a partitura


Velaí un vídeo para axudarte coa dixitación