Se decides ver "ALMORZO CO DIAMANTES" disfrutarás dunha comedia romántica que narra a relación de dous parárasitos que resolven a súa rutina diaria grazas ás persoas que conseguen embeleñar. En 1961 o director Blake Edwards convertiu en imaxes a historia imaxinada por Truman Capote e o compositor Henry Mancini escribiu a música que acompaña a estes dous seres infelices perdidos no caos da súa vida.
Henry Mancini escribió Moon River ex profeso
para Audry Hepburn. A imaxe dunha muller cunha guitarra o pelo
recién lavado nunha ventana describen tamén o desamparo, a soedade e, ó mesmo tempo, a ansia por sobrevivir.
A actriz Audry Hepburn acadou moita sona interpretando a esta "sofisticada buscavidas". Na escuridade das salas de cine quedamos abraiados por actitudes vitais que non resistirían unha análise polo miúdo e con sentidiño. As películas e as cancións promocionan modelos e pautas de relacións baseadas no "amor romántico". O mito do "amor romántico" fai medrar en nós espectativas e falsas verdades que poden chegar a confundirnos. Artéllase arredor dalgunhas premisas que vos animo a analizar nas titorías:
* Temos unha "media laranxa"... O que equivale a dicir que somos seres incompletos e que precisamos de alguén para conseguir a felicidade.
* O amor pode con todo... O que ven sendo que cando hai afecto non hai conflictos ou que se hai conflictos non hai afecto, e tamén que "por amor" deberiamos soportar o que aconteza.
* A persoa amada enche toda a túa vida... O que significaría que as aspiracións personais e as relacións con outras persoas teñen unha importancia menor fronte á persoa amada
* Os ciumes son unha proba de amor... Deste xeito a inseguridade, a desconfianza, a dependencia, o control da outra persoa puideran entenderse como algo producto do amor.
* Chegará o "amor da miña vida"... É dicir que nin o tempo, nin os acontecementos, nin a evolución persoal variarán a relación amorosa.
Velaí o texto da canción MOON RIVER en inglés e a súa tradución.
RÍO DE LÚA
Río de lúa, más de unha milla de ancho
Voute cruzar á moda algún día,
Vello creador de soños,
esnaquizas corazóns ...
onde vaias,
Sigo a túa ruta.
Dous vagabundos, para ver o mundo
Hai tanto mundo para ver
Os dous procuramos o mesmo arco da vella
Agárdanos ó final da curva ...
Meu fiel amigo,
O río de lúa e máis eu.
MOON RIVER
Moon river, wider than a mile
I'm crossin' you in style some day,
Old dream maker,
You heartbreaker ...
Wherever you're goin',
I'm goin' your way.
Two drifters, off to see the world
There's such a lot of world to see
We're after the same rainbow's end
Waitin' 'round the bend ...
My huckleberry friend,
Moon River, and me.
A versión de Aretha Franklin
A versión de Barbra Streisand
A versión de Louis Amstrong
A versión do pianista de Brad Mehldau
Esta melodía é ben sinxela. O alumnado de 5º de primaria somentes descubrirá a dixitación dunha nova nota. Clica no enlace e chegarás a PARTYFLAUTA onde agárdante os recursos que precisas para poder tocala.
Velaí a partitura
Velaí un vídeo para axudarte coa dixitación
Ningún comentario:
Publicar un comentario