Páxinas

domingo, 10 de febreiro de 2019

LUCES, CÁMARA, ACCIÓN... Almorzo con diamantes

Se decides ver "ALMORZO CO DIAMANTES" disfrutarás dunha comedia romántica que narra a relación de dous parárasitos que resolven a súa rutina diaria grazas ás persoas que conseguen embeleñar. En 1961 o director Blake Edwards convertiu en imaxes a historia imaxinada por Truman Capote e o compositor Henry Mancini escribiu a música que acompaña a estes dous seres infelices perdidos no caos da súa vida. 




 Henry Mancini escribió Moon River ex profeso para Audry Hepburn. A imaxe dunha muller cunha guitarra o pelo recién lavado nunha ventana describen tamén o desamparo, a soedade e, ó mesmo tempo, a ansia por sobrevivir.

A actriz Audry Hepburn acadou moita sona interpretando a esta "sofisticada buscavidas". Na escuridade das salas de cine quedamos abraiados por actitudes vitais que non resistirían unha análise polo miúdo e con sentidiño. As películas e as cancións promocionan modelos e pautas de relacións baseadas no "amor romántico". O mito do "amor romántico" fai medrar en nós espectativas e falsas verdades que poden chegar a confundirnos. Artéllase arredor dalgunhas premisas que vos animo a analizar nas titorías:

* Temos unha "media laranxa"... O que equivale a dicir que somos seres incompletos e que precisamos de alguén para conseguir a felicidade.

O amor pode con todo... O que ven sendo que cando hai afecto non hai conflictos ou que se hai conflictos non hai afecto, e tamén que "por amor" deberiamos soportar o que aconteza.

* A persoa amada enche toda a túa vida... O que significaría que as aspiracións personais e as relacións con outras persoas teñen unha importancia menor fronte á persoa amada

* Os ciumes son unha proba de amor... Deste xeito a inseguridade, a desconfianza, a dependencia, o control da outra persoa puideran entenderse como algo producto do amor.

* Chegará o "amor da miña vida"... É dicir que nin o tempo, nin os acontecementos, nin a evolución persoal variarán a relación amorosa.

Velaí o texto da canción MOON RIVER en inglés e a súa tradución.


RÍO DE LÚA
Río de lúa, más de unha milla de ancho
Voute  cruzar á moda algún día,
Vello creador de soños,
esnaquizas corazóns ...
onde vaias,
Sigo a túa ruta.

Dous vagabundos, para ver o mundo
Hai tanto mundo para ver
Os dous procuramos o mesmo arco da vella
Agárdanos ó final da curva ...
Meu fiel amigo,
O río de lúa e máis eu.


MOON RIVER 
Moon river, wider than a mile
I'm crossin' you in style some day,
Old dream maker,
You heartbreaker ...
Wherever you're goin',
I'm goin' your way.

Two drifters, off to see the world
There's such a lot of world to see
We're after the same rainbow's end
Waitin' 'round the bend ...
My huckleberry friend,
Moon River, and me.

O éxito desta melodía foi recoñecido cun Oscar. Se navegas pola rede poderás atopala en moitas, moitísimas versións.

A versión de Aretha Franklin


 A versión de Barbra Streisand


 A versión de Louis Amstrong


A versión do pianista de Brad Mehldau



Esta melodía é ben sinxela. O alumnado de 5º de primaria somentes descubrirá a dixitación dunha nova nota. Clica no enlace e chegarás a PARTYFLAUTA onde agárdante os recursos que precisas para poder tocala.

       


Velaí a partitura


Velaí un vídeo para axudarte coa dixitación

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Abrése a "ARCA" para que ti pouses aquí o teu comentario.