A PANTEIRA ROSA é unha comedia que enrédase arredor dun extraordinario diamante de cor rosa... o ladrón que quere roubalo... e o inspector de policía Jacques Clouseau que quere impedilo. Blake Edwards (o director) quixo que a película arrincase dun xeito orixinal, distinto, con moita animación!!! Os títulos de crédito tanto do principio como do final da película haberían de ser debuxos animados. Lembrouse dun debuxante que inventara ó coello Bugs Bunny, o porquiño Porky, o paxaro Piolín, o gato Silvestre e pediulle (a Friz Freleng) que lle debuxara unha panteira rosa, muda, elegante e graciosa... A maxia envolvente deste personaxe completouna o compositor Henry Mancini cunha famosísima melodía de jazz.
Cabecera e créditos da película 1963
Henri Mancini escribiu o tema musical da Panteira Rosa para ser interpretado por un SAXO TENOR. Este instrumento "naceu" en 1840 e o seu pai foi o clarinetista belga Adolf Sax. Este home estaba empeñado en corrixir e mellorar o seu clarinete: quería conseguir a forza do son dos instrumentos de metal pero coas calidades de son dos instrumentos da madeira. E así nace a FAMILA DOS SAXOFÓNS: un tubo de latón que se ensancha en forma de campá e ten 20 ou 23 buratos que abren e pechan chaves. O instrumento ten unha boquilla semellante á do clarinete, e tamén leva unha palleta de cana. Esta familia de instrumentos é moi frecuente nas bandas de música (militares ou civiles) pero onde ten mellor acollida é entre os músicos de jazz.
Para que poidas valorar as cualidades sonoras deste instrumento, velaquí vai unha versión da melodía da Pantera Rosa pero, atención, sen saxo!!!
A gran sona que conseguiu o "debuxo animado" que aparecía na cabeceira da película animou á empresa cinematográfica UNIVERSAL STUDIOS a producir 156 curtametraxes de "animación" coa Panteira Rosa coma protagonista: humor visual banda sonora rítmica. E despois chegaría "O espectáculo da Panteira Rosa" emitido polas televisións de finais dos anos 60, os bonecos e os xogos e máis películas e... Velaí vai un dos capítulos de debuxos animados que ten moito que ver co noso tema: A Música. Nos vos a derradeira imaxe da historia... hai sorpresa.
THE PINK PANTER IN "PINK, PLUNK, PLINK"
Lembras cales son as cores básicas? Que mistura haberás de facer para obter outras cores? Practica un pouco dándolle cor a este debuxo da Panteira Rosa. Clica na imaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Abrése a "ARCA" para que ti pouses aquí o teu comentario.