Páxinas

martes, 29 de xaneiro de 2019

UN MAR DE MÚSICAS

O alumnado de quinto de primaria vai visitar o Acuario da Coruña. Velaí unha estupenda oportunidade para achegarnos ó mar imaxinado - suxerido - recreado por músicos e músicas de diferentes épocas e culturas.


O francés Camile Saint Saëns titulou ACUARIO a unha das pezas do seu "Carnaval dos animais". Escoitádea e xa me diredes se consegue recrear o ambiente acuático e o deambular das distintas especias na auga.

ACUARIO (Carnaval dos animais. 1886)
Camile saint Saens



 O ruso NicolaiRimsky Korsakov decidiu contar unha das historias das Mil e Unha Noites nun ballet. Sherezade e Simbad vestíronse con mallas e zapatillas e seguen a percorrer os teatros do mundo. Rimsky pertenceu á Armada Imperial Rusa e todo o seu amor polo océano e o coñecemento que del tiña deixouno saír nesta obra

O MAR E O BARCO DE SIMBAD (SHEHEREZADE, 1888)
 Nikolai Rimsky-Korsakov

 

 Nestes días estase a cumprir os vinte anos da estrea dunha serie da TVG que fixo historia: MAREAS VIVAS. Ambentada nunha aldea da Costa da Morte (Portozás/Laxe) contaba a cotidianeidade das distintas persoas que viven nun pobo do mariñeiro. Velaí a música de Mercedes Peón que foi a cabeceira musical da serie.

MAREAS VIVAS (1999)
MERCEDES PEÓN

 

No Acuario de A Coruña están a ter problemas porque un ha das quenllas estase a dar tremendas comilonas engulindo ós seus compañeiros de piscina. John Williams compuso a banda sonora dunha película de "terror marino". Isto foi no ano 1975 e o director era un novísimo Steven Spilberg. Unha terrible quenlla branca ataca a bañistas nunha praia. O escuro son dunha tuba interpretando dúas notas insistentemente transmítenos a sensación de perigo oculto.
  
QUENLLA (1975)
JOHN WILLIAMS 



En 1970 un compositor francés preocupado pola relación entre natureza e tecnoloxía, adicou oito meses a un proxecto musical que titulou OXYGÈNE. Hai que matizar que Jean Michel Jarre traballa música electrónica. De xeito que instalouna cociña do seu apartamento dous sintetizadores e unha gravadora de oito pistas (material que hoxe chamaríamos prehistórico). A peza que vos deixo aquí foi utilizada polo oceanógrafo Jacques Cousteau para a súa película PALAWAN, O ÚLTIMO REFUXIO.

OXYGÈNE (part 1). 1976
JEAN MICHEL JARRE




En 1989, a empresa Walt Disney Pictures estrenou unha película basada no conto de H. C. Andersen A SEREIÑA. Dúas persoas encargáronse da compor a música: Alan Merken e Howard Ashman. Nunha das cancións con máis sona desta película con ritmo de calypso (un xénero musical do mar Caribe), o caranguexo Sebastián intenta convencer á sereiña Ariel das vantaxes dunha vida sen preocupacións baixo o mar fronte ós inconvintes da vida humana. 
BAIXO Ó MAR (A SEREIÑA, 1989)
A. MERKEN e H. ASHMAN





Unha empresa australiana levou adiante un experimento ben interesante para estudar a comunicación entre humanos e animais. A música son diferentes ondas emitidas en distintas frecuencias. Non todas as especies poden sentir as mesmas frecuencias pero é unha os sons son un xeito de comunicación entre animais e humanos.  Preparouse unha peza musical para as baleas utilizando os patrón dos seus sons pero armonizada para interpretada por un orquestra. A orquestra interpretou a peza desde unha balsa e con altavoces marinos transmitiron a música no fondo do mar. Gravaron a experiencia. Velaí queda.

WHALESONG.
OPTUS


P.D. Isto REALMENTE foi un anuncio dunha compañía australiana de telecomunicacións. A balea do vídeo é DIXITAL... Alerta: comproba e confirma os datos que recolles na rede!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Abrése a "ARCA" para que ti pouses aquí o teu comentario.