Fai memoria: cantos nomes de compositoras, instrumentistas, directoras de orquestra ou pedagogas musicais coñeces? A pregunta é ben doada de responder: NINGUNHA, verdade?! Como moito saberás o nome dalgunha cantante ou dalgunha bailarina... e xa está...
Pois isto é a consecuencia do SILENCIO que as mulleres sofrimos durante milenios. Silenciadas polas súas familias, agachadas nas súas casas ou entre as súas amizades, ignoradas polos investigadores e o público. Hoxe é moi difícil de resolver "cara atrás". Os milleiros de mulleres que tocaron para a súa xente, que inventaron e interpretaron melodías para entretelos, agasallalos, animalos, calmalos... que con agarimo ensinaron ós pequenos e pequenas da casa a cantar, a bailar ou a acompañarse dalgún instrumento... todas elas desapareceron cando morreron ás persoas que disfrutaron dos seus "saberes e habilidades"... aló estarán por sempre... esquecidas... SILENCIADAS.
Hoxe propóñovos recuperar o nome dalgunhas mulleres "senlleiras". A forza do seu traballo foi tal que, malia todo o que acabo de contar, conseguiron colarse na "memoria colectiva". Hoxe imos coñecer algúns dos seus nomes, a escoitar algunhas das súas composicións. Imoslle por rostro feminino á música sinfónica.
NANERL MOZART
Naceu nunha cidade da actual Austria. De nena percorreu pazos e castelos de toda Europa para entreter á monarcas e nobles. Cando comezou a medrar, a súa familia intentou ocultar os cambios do seu corpo, para simular que tiña menos anos. Tamén a súa familia apartouna dos circuitos artísticos e centráronse no apoio ó seu irmán.
Podes escoitar a súa música AQUÍ
INVESTIGA
* En que cidade naceu?
* En que datas viviu?
* Que instrumento tocaba?
* En que estilo ou moda musical facía a súa música?
* Como se chamou o seu irmán?
Aprende cousas da súa vida aquí
Moito máis tamén aquí
FANNY MENDELSSOHN
Naceu en Hamburgo, unha cidade na ribeira do Elba, no Norte da actual Alemania en 1805 cando Europa estaba en pleno proceso de transformación... pero non foi así da vida das mulleres. Pese a todo canto lle aconteceu, coñecemos moitas pezas musicais súas.
Podes escoitar a súa música AQUÍ
INVESTIGA
* Que instrumento tocaba?
* Por que razón foi "silenciada"?
* Houbo máis músicos na súa familia? Como repercutiu na súa vida?
* Cantas obras súas se coñecen hoxe?
* Que obra súa foi a música preferida da Raiña Victoria?
Atoparás datos sobre a súa vida aquí
E tamén aquí
CLARA WIECK
Tamén naceu en Alemania. Deu concertos desde os seus 9 anos. Foi unha extraordinaria intérprete e chegou a ser profesora nun prestixioso conservatorio.
Podes escoitar a súa música aquí
INVESTIGA
* En que anos viviu?
* En que instrumento foi unha virtuosa?
* Que persoas condicionaron a súa vida e a súa carreira profesional?
* En que traballaron esas persoas?
Atoparás datos da súa vida aquí
E tamén aquí
ALMA MAHLER
Foi outra maravillosa muller música centroeuropea.
Naceu e medrou na Viena de principios do século XX, unha cidade plena de creatividade, ciencia, arte e artistas. Soubo romper convencionalismos, imposicións sociais e estereotipos para conseguir facer a súa vida ó seu xeito, relacionándose en libertade como lle pareceu.
Podes escoitar a súa música aquí
INVESTIGA
* Que lle prohibía o seu contrato de matrimonio?
* Que é unha "copista"?
* Que é un "lieder"?
* Que pintores a retrataron?
* Que relación ten co famoso cadro "O Bico" de Klimt
Velaquí algunha información sobre ela
Máis datos da súa vida aquí
Outras informacións aquí