O cine é unha arte integradora porque require a creatividade de moi distintas profesións e profesionais. A música é unha parte especialmente importante. Nesta arca iremos incorporando variados exemplos e gravacións para ir coñecendo e disfrutando das suas posibilidades.
O CINE APROVEITA MÚSICA QUE NON FOI COMPOSTA PARA A PELÍCULA
Woody Allen é un director de Nova Iork e na maior parte das súas películas conta historias que transcurren nesta cidade. George Gerswing foi un compositor tamén de Nova Iork que transformou a música sinfónica americana porque conseguiu que entraran nas salas de concertos ritmos e melodías que sonaban nos clubs e nos bares desa cidade. Velaí o principio da película MANHATTAN (1979) de Woody Allen que vainos presentando imaxes desa cidade en branco e negro coa música de RHAPSODY IN BLUE de Gerswing.
MANHATTAN - RHAPSODY IN BLUE
O CINE NARRA A VIDA DE MÚSICOS E UTILIZA AS SUAS COMPOSICIÓNS
Juan Bautista LULLY foi o músico que o Luis XVI (El Rey Sol) escolleu para compor e dirixir todos as montaxes coas que se divertían na corte de Versalles aló polo 1600 e pico. A película belga LE ROI DANSE (2000) conta a historia desa corte: Luis XVI, Lully, Molière... as súas festas e espectáculos...
LE ROI DANSE - LULLY
O CINE CONTA HISTORIAS CON MÚSICA, BAILES E CANCIÓNS: OS MUSICAIS
Nos anos 30, 40 e 50 do século pasado a salas de cine enchíanse cando se proxectaban "musicais". Son películas que contan historias con música. Hai moitas escenas de baile e, ademais de diálogo, as cancións van contando a historia. Esto non é novo porque no século XIX a Ópera, a Opereta e a Zarzuela utilizaban a mesma estratexia. Moitos deses musicais seguen a representarse hoxe nos teatros das grandes capitais... pois iso é O REI LEÓN, un musical.
Un dos musicais máis famosos foi CANTANDO BAIXO A CHOIVA (1952). Velaí a escena de onde a película colleu o título. Seica Gene Kelly (o actor-bailarín-coreógrafo-cantante) pasouno verdadeiramente mal ao pasaren tanta horas mollado). Pero sempre o recordaremos cantando feliz, empapado, subido a unha farola ou a saltar nos charcos...
CANTANDO BAIXO A CHOIVA - Gene Kelly
Ningún comentario:
Publicar un comentario