xoves, 18 de xuño de 2020

X PALCO DO TEMPO VIRADO

Nestes últimos días chegaron algúns vídeos e as autorizacións para subilos ó noso PALCO DO TEMPO VIRADO. Aínda que quedara escrito que xa non subiríamos máis, imos facer un último esforzo e con ista décima edición pecharemos o pano definitivamente.


Noela González (6ºC) envía as fotos do obradoiro que argallou na súa casa e no que conseguiu as vistosas maracas 

 



María Camba (6ºC) tamén decidiuse polas maracas. Botou man dunhas botellas  que, ben decoradas, lucen así de chulas.



Xabi Camba (4ºA) tamén escolleu a percusión. Esmerándose na decoración, preparou un tambor coas súas correspondentes baquetas.


Lorena Balado (4ºA) preferiu a familia das cordas. Con cartón, paciencia e moito agarimo, preparou unha  guitarra.

 
 

Cunha lata e un trozo de madeira Iván López Lavandeira (4ºB) argallou unha guitarra. Velaquí está, orgulloso do seu traballo.


Alex García (6ºC) observou que na súa casa había moito vidro para reciclar e preparou un "botellófono".


Velaquí queda ofrcéndonos a súa versión do Pasodobre do Tempo Virado


Ás irmás Ferreiro García (Lucía - 3ºB e Inés - 1ºA) convertéronse nunhas expertas bailarinas durante este tempo virado. Enviaronnos este vídeo dunha das súas sesións de movemento.


A Enzo Costa  (5º B) non lle gustan os vídeos, pero disfruta moito rapeando. Aproveitou unha das propostas que da Arca da Marga e gravounos este RAP.



Rematamos este TEMPO VIRADO  e tamén pechamos este PALCO cun experimentado percusionista. Xian Quintela adícalle moito tempo e enerxía á música. Gústalle petr na súa batería. Enviounos este vídeo no que acompaña ó inesquecible Michael Jackson.



Moitas grazas a  todas as persoas que decidíchedes ofrecernos os vosos saberes e habilidades enviándonos os vídeos ou as fotografías para encher este PALCO DO TEMPO VIRADO. Grazas tamén a todas as persoas que adicáchedes o voso tempo e a vosa atención a descubrir e disfrutar do traballo dos vosos compañeiros e compañeiras. Rematou o TEMPO VIRADO. Pechamos o PALCO. Rematou o curso. Que teñades un feliz e sano verán.
COIDÁDEVOS E COIDADE DA VOSA XENTE.


Ningún comentario: