Abrimos o V PALCO DO TEMPO VIRADO
O palco de hoxe está cheiño de irmáns. Comezamos a función cunha rubia e un moreno, aprenderon a nosa cantiga e prepararon unha coreografía usando elementos de "atrezzo" para facela máis dinámica e divertida. Velaquí déixovos o traballo de Carla (2º A) e Nando García (5º B).
Presentamos de seguido a unha lutier cun prometedor futuro como youtuber. Lúa Fernández (6ºC) fai unha completísima presentación do seu instrumento: amosa os materiais, explica o proceso de construcción polo miúdo e remata, como non, coa interpretación do noso pasodobre.
Roi Fernández (6º A), exprésase coa mesma soltura que a súa irmá Lúa. Presenta o seu elaborado botellófono, explícanos o proceso de construcción e tamén interprétanos o pasodobre.
Pousou o seu benquerido violín e procurou pola casa algo para petar, Gabriela Valerio (6º A), sube ó palco e ofrecenos a súa versión do pasodobre.
Un case nada, uns pasiños marcando unha coreografía na alfombra, aparece e desaparece... está aí... baila o pasodobre moi sorrinte e feliz facendo parella coa súa boneca. Prestade atención porque sube case ó tempo que baixa: é Yanira Asencio de 5º B.
Rematamos con outra bailadora. Cun bule bule no corpo, pero decidida a "dalo todo", Noa Emes (6º A) canta e baila a súa coreografía para todos nós.
Pechamos o pano deste V PALCO DO TEMPO VIRADO convencid@s das destrezas, habilidades e musicalidade deste estupendo alumnado. Grazas polo voso esforzo e colaboración.
Este palco abrirá o seu pano se vós participades. Anímovos a seguir enviando os vosos vídeos "musicais" á arcadamarga@gmail.com, pero lembrade que somentes poderemos poñelos no blogue coa autorización escrita (con DNI) das vosas familias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario