Apagamos as luces da sala, abrimos o noso gran pano e, amodiño, acendemos as luces do palco. En bambolinas @s nos@s artistas preparan as voces, afinan instrumentos, relaxan os músculos porque comeza xa o
II PALCO DO TEMPO VIRADO
JULIETA E INÉS VÁZQUEZ (6ºB e 6ºA) buscaron pola casa e argallaron os seus instrumentos. Aprendéronse o Pasodobre, inventaron ritmos e coreografía e velaquí amosan o seu meticuloso traballo.
A continuación DANIEL PRIETO (6ºC), unha persoa acostumada a dominar os seus nervios para poder conseguir o mellor de si mesmo nas competicións deportivas, hoxe sorprenderavos tanto polo seu elaborado instrumento como pola soltura e decisión na interpretación.
O espectáculo continúa. UNAI VÁZQUEZ (5ºA) está preparado para actuar, aínda que hoxe esqueceu traer o seu chapeu. Escoitade a súa melodiosa voz neste karaoke do Pasodobre.
XABIER OXINALDE (6ºA) decidiuse a construir un cordófono. Velaquí o tedes, orgulloso co seu instrumento, feliz e divertido coa canción.
Rematamos este II PALCO DO TEMPO VIRADO cunha estupenda versión tradicional. SARA FRAGA (6º B) está afeita a subir ós palcos para cantar e tocar coa súa pandeireta. Ela fixo o seu instrumento, claro que si pero, cando escoitou a peza decidiu disfrutala coa súa gran compañeira: a pandeireta.
Estarei atenta para o que precisedes en arcadamarga@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario